Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Martes, 26 de marzo de 2002 Páx. 3.919

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 5 de marzo de 2002 pola que se anuncia concurso público aberto e tramitación urxente para a contratación de servicios de deseño de imaxe e programación en prensa para a difusión e publicidade do marco regulador das axudas, actividades e servicios do Instituto Galego de Promoción Económica (C.P. 5/2002).

En cumprimento da legalidade vixente, anúnciase concurso público para a contratación de servicios de deseño de imaxe e programación en prensa para a difusión e publicidade do marco regulador das axudas, actividades e servicios do Igape.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape); barrio de San Lázaro s/n, 15703 Santiago de Compostela. Tf.: 981 54 16 93, fax: 981 54 10 92.

b) Número de expediente: C.P. 5/2002.

2. Obxecto do contrato: servicios de deseño de imaxe e programación en prensa para a difusión e publicidade do marco regulador das axudas, actividades e servicios do Igape, dividido en dous lotes:

Lote 1: realización, deseño e maquetación dos diferentes elementos que conforman a proposta de imaxe para anuncio en prensa, folletos ou calquera outra publicación ou uso dela que o Igape indique e que fagan referencia ás distintas liñas de axuda e servicios que o instituto pon á disposición do tecido empresarial galego.

Lote 2: planificación de espacio para a difusión en medios do marco regulador das axudas, actividades e servicios do Igape.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: urxente, aberto, concurso.

4. Orzamento máximo total de licitación: douscentos vinteoito mil trescentos oitenta e catro euros (228.384 A), IVE incluído, dos que 18.030 A corresponden ó lote 1 e 210.354 A corresponden ó lote 2.

5. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

b) Domicilio: barrio de San Lázaro s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703 A Coruña.

d) Teléfono: 981 54 16 93.

e) Telefax: 981 54 10 92.

f) Páxina web: www.xunta.es/contratacion.

g) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

6. Presentación das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión finalizará o 8 de maio, ás 14 horas.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: en sobre pechado e dentro do prazo sinalado, presentaranse no rexistro xeral do Instituto Galego de Promoción Económica, ou por correo, anunciando ó órgano de contratación a remisión da solicitude mediante télex, fax ou telegrama que deberá ter entrada no Igape antes do termo do prazo de presentación de solicitudes e xustificando a data da imposición do envío na oficina de correos.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 45 días desde a apertura das ofertas.

e) Apertura das ofertas: en acto público, ás 12 horas do quinto día hábil seguinte ó do termo do prazo de presentación de ofertas, procederase á apertura da documentación administrativa e técnica. En acto público, ás 12 horas do décimo día hábil seguinte ó do termo do prazo de presentación de ofertas, procederase á apertura das ofertas económicas.

8. Garantía provisional: 2% do orzamento máximo de licitación.

9. Clasificación: clasificación como empresa consultora ou de servicios no grupo III, subgrupo 3 e categoría B.

10. Variantes: non se admiten.

11. Vixencia e prazo de execución: a vixencia da contratación establécese nun ano desde a sinatura do contrato, prorrogable por acordo expreso das partes, por un ano máis.

12. Gastos de anuncios: os gastos dos anuncios serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 5 de marzo de 2002.

Margarita Rodríguez Rama

Directora xeral do Instituto Galego de Promoción

Económica