Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Martes, 26 de marzo de 2002 Páx. 3.919

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

CÉDULA do 12 de febreiro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador 36/52/01, en materia de defensa do consumidor.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona a proposta de resolución formulada pola instructora do expediente sancionador nº 36/52/01, por infracción en materia de defensa do consumidor, xa que, intentada a notificación polos medios habituais, non puido practicarse.

O que se lle comunica de conformidade co disposto no artigo 19 do Real decreto 1398/1993, facéndolle saber que dispón dun prazo de quince días para examina-lo expediente no Servicio Provincial de Consumo de Pontevedra, situado na avenida de Vigo, 16, e formular alegacións e presenta-los documentos e informacións que considere convenientes.

Expediente: 36/52/01.

Inculpada: Manuela Torres Freijeiro.

Enderezo: r/ Peregrina, 14-galerías, 36001 (Pontevedra).

Motivos: incumprimento da normativa en materia de publicidade.

Data do acordo de incoación: 13 de decembro de 2001.

Alegacións á incoación: non presenta escrito no seu descargo.

Data da proposta de resolución: 28 de xaneiro de 2002.

Preceptos infrinxidos: artigo 4 da Lei 34/1988, do 11 de novembro, xeral de publicidade.

Precepto sancionador: artigo 34.6º da Lei 26/1984, do 19 de xullo, xeral para a defensa dos consumidores e usuarios.

Sanción: 150 euros.

Pontevedra, 12 de febreiro de 2002.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra