Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Martes, 26 de marzo de 2002 Páx. 3.913

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

RESOLUCIÓN do 11 de febreiro de 2002 pola que se lle outorga a Ángel Mariño Hermo permiso de actividade para a posta en funcionamento dun establecemento auxiliar de cultivos mariños no lugar de Triñáns, 39, concello de Boiro (A Coruña).

Visto o expediente instruído para efectos de outorgamento do permiso de actividade para a explotación dunha estación depuradora/centro de expedición, apreciáronse os seguintes

A) Feitos.

Primeiro.-Mediante escrito con data do 31 de xaneiro de 2001, Ángel Mariño Hermo (DNI/CIF: 33230940-B), en representación de Ángel Mariño Hermo (DNI/CIF: 33230940-B), solicitou permiso de actividade e concesión para a explotación dunha estación depuradora/centro de expedición no lugar de Triñáns, 39, Boiro, provincia da Coruña.

Segundo.-O interesado achegou a documentación requirida para a tramitación deste tipo de establecementos.

Terceiro.-No expediente consta a seguinte documentación, referida ó resultado da información pública e oficial:

-Anuncio de información pública, inserido no DOG.

-Informe técnico biolóxico.

-Informe urbanístico do concello de Boiro.

-Informe ambiental, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

-Informe xurídico do Servicio Técnico-Xurídico.

B) Fundamentos de dereito.

Este órgano é competente para resolve-lo expediente de conformidade coa Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101), co Decreto 193/1997, do 5 de xuño, polo que se determinan as condicións para o outorgamento do permiso de actividade para os establecementos de cultivos mariños e auxiliares situados na zona terrestre (DOG nº 142) e coa Orde do 27 de marzo de 2000, pola que se regula o procedemento para o outorgamento do permiso de actividade para establecementos de cultivos mariños e auxiliares na zona terrestre (DOG nº 67).

Vistas as disposicións citadas, a proposta de resolución da Dirección Xeral de Recursos Mariños, o artigo 89 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería

RESOLVE:

Outorgarlle a Ángel Mariño Hermo, co DNI: 33230940-B, permiso de actividade para a posta en funcionamento e explotación do establecemento auxiliar de cultivos mariños que se indica a continuación.

-Tipo: estación depuradora/centro de expedición.

-Nome: Ángel Mariño Hermo.

-Actividade: depuración/envasado.

-Especies: moluscos.

-Ubicación: Triñáns, 39 Boiro (A Coruña).

-Superficies:

Dominio público: non ocupa.

Dominio privado: 170 m.

-Características das instalacións:

Naves: nº 1 de 8,5 x 20 m.

Piscinas: 3 piscinas de depuración de 1,04 x 1,04 m

Superficie total de depuración: 3,24 m

Baixo as seguintes condicións:

Primeira.-O permiso de actividade outórgase por un prazo de dez (10) anos, que se contarán a partir do día seguinte á da publicación da resolución no DOG. Poderá prorrogarse por períodos máximos dou

tros dez anos, logo da petición do interesado dentro dos 60 días anteriores ó vencemento da súa vixencia.

Segunda.-As obras e instalacións que poderán dar comezo no momento no que o titular dispoña das autorizacións preceptivas dos distintos organismos competentes na materia, levaranse a cabo conforme o proxecto adaptación de nave a local destinado a estación depuradora/centro de expedición subscrito polo enxeñeiro industrial Enrique Fernández Olea e visado polo Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia o 12 de xullo de 2001, e deberán quedar totalmente rematadas no prazo dun ano, contado desde o día seguinte ó da publicación desta resolución.

Terceira.-A execución das obras e instalacións e o inicio da actividade realizaranse de acordo co disposto nos artigos 5 e 6 da devandita Orde do 27 de marzo de 2000.

Cuarta.-O establecemento non poderá destinarse a usos distintos dos autorizados. Baixo ningún concepto se poderán modifica-las instalacións sen permiso expreso desta consellería.

Quinta.-O permiso de actividade ó que se refire esta resolución extinguirase polo incumprimento dalgunha das condicións dela e nos casos previstos no artigo 72 da Lei 6/1993, de pesca de Galicia, e no Decreto 193/1997, do 5 de xuño.

Sexta.-O outorgamento deste permiso de actividade non exime o seu titular da obtención das licencias, permisos e autorizacións legalmente procedentes.

Sétima.-O titular xustificará o pagamento á Facenda Pública do imposto que grava as concesións e autorizacións (transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados), ou acreditará a declaración de non estar suxeito ó acto do dito imposto, feita pola Delegación de Facenda ou oficina liquidadora correspondente.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso postestativo de reposición, no prazo dun mes, ante o conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdicción contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ámbolos dous casos desde o día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e o artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 11 de febreiro de 2002.

Enrique César López Veiga

Conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos