Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Martes, 26 de marzo de 2002 Páx. 3.911

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de decembro de 2001 pola que se lle concede ó Centro de Formación Marítima de Bamio a autorización da cualificación de entidade recoñecida para impartir cursos teórico-prácticos para a obtención de carnés profesionais de instalador e mantedor autorizado de climatización.

Examinada a solicitude e a documentación anexa presentada por Jesús Pérez López, en representación

do Centro de Formación Marítima de Bamio, solicitando a autorización da calificación de entidade recoñecida para impartir cursos teórico-prácticos para acceder á obtención de carnés profesionais de instalador e mantenedor de climatización.

Feitos

Primeiro.-Con data do 27 de xuño de 2001, Jesús Pérez López presentou escrito solicitando, ó amparo da Orde do 27 de decembro de 2000 pola que se establece o procedemento unificado para a obtención de carnés profesionais e esixencias a empresas autorizadas para a instalación, mantemento e outras actividades en materia de seguridade industrial (DOG do 16 de xaneiro de 2001), que lle fose concedida a autorización como entidade recoñecida para impartir cursos teórico-prácticos nos ámbitos solicitados. Para tal efecto, achegaba a documentación esixida no artigo trece da citada orde.

Fundamentos de dereito

Primeiro.-Esta dirección xeral é competente para resolver este expediente con base o Estatuto de autonomía de Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril (BOE nº 101, do 28 de abril), nos reales decretos 1634/1980, do 31 de xullo (BOE nº 191, do 9 de agosto), e 2563/1982, do 24 de xullo (BOE nº 246, do 14 de outubro; DOG nº 30, do 4 de decembro), nos decretos 6/1982, do 29 de xaneiro (DOG nº 2, do 12 de febreiro) e 132/1982, de 4 de novembro (DOG nº 30, do 4 de decembro) e no Decreto 99/1998, do 26 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio (DOG nº 63, do 2 de abril e nº 89, do 12 de marzo), modificado polo Decreto 181/1999, do 17 de xuño (DOG nº 121, do 25 de xuño), con relación á Orde do 27 de decembro de 2000 pola que se establece o procedemento unificado para a obtención de carnés profesionais e esixencias a empresas autorizadas para instalación, mantemento e outras actividades en materia de seguridade industrial, e

demais lexislación concordante.

Segundo.-Na tramitación deste expediente cumpríronse tódolos requisitos regulamentariamente establecidos.

Terceiro.-A documentación presentada por Jesús Pérez López acredita que o Centro de Formación Marítimo de Bamio cumpre coas esixencias establecidas no artigo 13 da Orde do 27 de decembro de 2000 para a súa actuación nos ámbitos e categorías solicitadas.

A Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, de acordo con todo o que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE

Primeiro.-Outorgarlle ó Centro de Formación Marítimo de Bamio a autorización da calificación de entidade recoñecida para imparti-los cursos teórico-prácticos para acceder á obtención dos carnés profesionais de instalador e mantenedor de clima

tización, de conformidade co establecido no capítulo quinto da Orde de 27 de decembro de 2000.

Segundo.-Para imparti-los cursos, deberase comunicar á delegación provincial da Consellería de Industria e Comercio da provincia de Pontevedra, antes de inicia-los cursos, o programa, profesorado, listaxes de alumnos e lugar, horario e data dos exames, co fin de realiza-lo control correspondente.

Terceiro.-Esta autorización deberase renovar ós dous años, para o que deberá acreditar ante a dirección xeral competente en materia de industria o cumprimento dos requisitos esixidos na autorización inicial.

Cuarto.-As entidades recoñecidas quedan obrigadas a comunica-los cambios que se podan producir na súa estructura de persoal durante o período de validez da autorización. Así como presentar anualmente unha memoria na que se detallen as actividades desenvolvidas.

Quinto.-Poderase, mediante resolución motivada polo director xeral competente en materia de industria, revoga-la a autorización á dita entidade no caso de que se incumpran as obrigas e os compromisos que resultan do disposto na Orde do 27 de decembro de 2000 (DOG do 16-1-2001).

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderase interpor, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da data da súa notificación, recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificado pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 20 de decembro de 2001.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas