Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Martes, 26 de marzo de 2002 Páx. 3.882

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DECRETO 84/2002, do 14 de febreiro, polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao superior de artes plásticas e deseño de fotografía artística, correspondente á familia profesional de deseño gráfico, así como o acceso ó dito ciclo formativo.

A Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, determina no seu artigo 4, que se entende por currículo o conxunto de capacidades terminais, contidos, métodos pedagóxicos e criterios de avaliación de cada un dos niveis, etapas, ciclos, graos e modalidades nos que se organiza a práctica educativa. Sobre esta base efectúa unha dobre repartición competencial, pola que se lle atribúe, por unha parte, ó Goberno fixa-los aspectos básicos do currículo que constituirán as ensinanzas mínimas en todo o Estado, coa finalidade de garantir unha formación común de tódolos alumnos e a validez dos títulos correspondentes e, por outra, atribúe ás administracións con competencia en materia educativa o establecemento do currículo do que formarán parte as ditas ensinanzas mínimas.

Polo tanto, unha vez publicado o Real decreto 676/1993, do 7 de maio, polo que se establecen as directrices xerais sobre os títulos e as correspondentes ensinanzas mínimas de formación profesional, definidas as ensinanzas mínimas correspondentes ó título de técnico superior de artes plásticas e deseño en fotografía artística polo Real decreto 1456/1995, do 1 de setembro, e tendo en conta o establecido no Real decreto 389/1992, do 15 de abril, sobre os requisitos mínimos dos centros que impartan ensinanzas artísticas, procede establece-lo currículo do dito ciclo formativo para o ámbito de competencia da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Cómpre asegurar no alumnado unha formación artística de calidade e garanti-la cualificación dos futuros profesionais das artes plásticas e deseño. Por iso, o currículo inclúe, ademais dos coñecementos académicos vinculados ó ensino máis tradicional, outros aspectos inherentes á formación profesional e que permitan a incorporación da mocidade á vida activa, cun grao de formación que lles permita adaptarse ás modificacións que poidan producirse ó longo da súa vida e que contribúa á formación permanente dos cidadáns ó tempo que atende as demandas de cualificación do sistema productivo, e tendo en conta as necesidades de desenvolvemento económico e social da Comunidade Autónoma de Galicia e a súa dimensión no fomento do noso patrimonio cultural.

As ensinanzas de artes plásticas e deseño están constituídas por un conxunto de ciclos formativos

cunha organización modular variable tanto na duración destes como na diversidade de áreas de coñecemento teórico-prácticas en función dos distintos campos profesionais. As capacidades terminais dos distintos módulos profesionais, definidos neste decreto, describen o comportamento do alumnado en termos de resultados avaliables que se requiren para acada-los aspectos básicos da competencia xeral. Estes aspectos básicos aseguran unha cualificación común do titulado, garantía do título en todo o Estado e de correspondencia europea das cualificacións outorgadas ós alumnos.

Os contidos curriculares non teñen que ser interpretados como unidades temáticas nin necesariamente organizados na mesma orde na que aparecen nesta norma, precisando, polo tanto, dunha ulterior concreción por parte do equipo de profesores que, coa necesaria flexibilidade, programarán interdisciplinarmente as secuencias de aprendizaxe, destacando nos ámbitos artísticos, técnicos e naqueles específicos do ámbito profesional do alumno, os contidos de maior significación cara ó desenvolvemento cualificado das actividades profesionais. Esta concreción ten que referirse principalmente ás liñas xerais de aplicación dos criterios de avaliación, á metodoloxía e ás actividades de carácter didáctico. Finalmente, cada profesor, no marco deste proxecto, realizará a súa propia programación, recollendo os procesos educativos que se propón desenvolver na aula.

Os criterios de avaliación establecen o tipo e grao de aprendizaxe que se espera que acaden os alumnos nun momento determinado, respecto das capacidades indicadas nos obxectivos xerais e nos específicos de cada módulo. O nivel de cumprimento destes obxectivos, en relación cos criterios de avaliación fixados, deben ser medidos con flexibilidade, tendo en conta as características e posibilidades dos alumnos.

A incorporación ós ciclos formativos de fases de formación práctica e do proxecto final é un elemento fundamental na construcción deste modelo formativo. A colaboración de profesionais, entidades e institucións, contribuirá, á concreción de proxectos educativos, que anticipen solucións reais no mundo laboral.

Para completa-lo currículo, o centro docente dispón dun determinado número de horas lectivas que, xunto co módulo de formación en centros de traballo, permitirán a súa adaptación, tendo en conta as características do alumnado, ás necesidades de desenvolvemento económico, social e de recursos humanos do seu contorno socioproductivo.

Asemade, este decreto regula o acceso a este ciclo formativo, por medio dunha proba específica que deberá avalia-los coñecementos e as aptitudes necesarias para cursar con aproveitamento as ensinanzas correspondentes a este ciclo, ó tempo que establece os requisitos de acceso a estes estudios.

En virtude de todo iso, e por proposta do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, tralo informe do Consello Escolar de Galicia e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día catorce de febreiro de dous mil dous,

DISPOÑO:

I. Título, perfil e currículo

Artigo 1º.-Identificación do título.

1. Este decreto regula o currículo das ensinanzas do ciclo formativo de grao superior de artes plásticas e deseño de fotografía artística, pertencente á familia de deseño gráfico, correspondente ó título de técnico superior en artes plásticas e deseño en fotografía artística, de acordo co establecido no punto 3º do artigo 4 da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo e integra o establecido no Real decreto 1456/1995, do 1 de setembro, polo que se regulan as ensinanzas mínimas do dito ciclo formativo.

2. A denominación, nivel de formación profesional e duración deste ciclo formativo son as que se establecen no punto 1 do anexo deste decreto.

Artigo 2º.-Ámbito de aplicación.

Este decreto será de aplicación no ámbito territorial de xestión da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Artigo 3º.-Perfil profesional.

A competencia e as capacidades profesionais, as tarefas máis significativas e o campo profesional, que definen o perfil profesional do título son as que se establecen no punto 2 do anexo deste decreto.

Artigo 4º.-Currículo do ciclo formativo.

1. Para os efectos do disposto neste decreto, enténdese por currículo do ciclo formativo de grao superior de artes plásticas e deseño de fotografía artística o conxunto de capacidades terminais, contidos e criterios de avaliación que regularán a práctica docente neste ciclo formativo, as fases de formación práctica en empresas, estudios e talleres, así como o proxecto final.

2. Os obxectivos xerais do ciclo formativo de grao superior de fotografía artística son os que se establecen no punto 3.1 do anexo deste decreto.

3. As capacidades terminais, contidos e criterios de avaliación dos módulos correspondentes ó ciclo formativo a que se refire este decreto, a súa distribución en cursos e os tempos lectivos, así como o proxecto final e a fase de prácticas en empresas, estudios ou talleres son os que se establecen nos puntos 3.2º, 3.3º e 3.4º do anexo deste decreto.

II. Ordenación académica e impartición

Artigo 5º.-Ordenación académica das ensinanzas.

1. Estas ensinanzas organízanse en módulos; fases de formación práctica en empresas, estudios ou talleres e proxecto final.

2. Para os efectos do disposto neste decreto, o concepto módulo considerarase equivalente ó termo materia teórica, materia teórico-práctica e clases prácticas a que se refire o Real decreto 389/1992, do 15 de abril, polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que impartan ensinanzas artísticas.

Artigo 6º.-Admisión do alumnado.

Os criterios de admisión do alumnado para acceder a este ciclo formativo en centros sostidos con fondos públicos son os que se expresan no punto 4.1. do anexo deste decreto.

Artigo 7º.-Avaliación.

1. A obtención do correspondente título requirirá a avaliación positiva das distintas capacidades nas que se estructura o ensino impartido no centro educativo: dos módulos, das fases de formación práctica en empresas, estudios ou talleres, así como do proxecto final.

2. A organización e avaliación da fase de formación práctica en empresas e do proxecto final é a que se expresa no punto 4.2º e 4.3º do anexo deste decreto.

Artigo 8º.-Profesorado.

As especialidades do profesorado con atribución docente nos módulos que compoñen este título son as que se expresan no punto 4.4º do anexo deste decreto.

Artigo 9º.-Espacios e instalacións.

Os requisitos de espacios e instalacións que deben reuni-los centros educativos para a impartición deste ciclo formativo son os que se determinan no punto 4.5º do anexo deste decreto.

Artigo 10º.-Relación numérica profesor/alumno.

De conformidade co establecido no artigo 44 do Real decreto 389/1992, do 15 de abril, polo que se regulan os requisitos mínimos dos centros que impartan as ensinanzas artísticas, manterase unha relación numérica profesor/alumno, que se determina no punto 4.6º do anexo deste decreto.

Artigo 11º.-Correspondencias.

1. A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria poderá recoñece-la correspondencia coa práctica laboral dos módulos que se indican no punto 4.7º do anexo deste decreto.

Así mesmo, poderá quedar total ou parcialmente exentos da fase de formación práctica en empresas, estudios e talleres, quen acredite experiencia laboral no campo profesional directamente relacionada con este ciclo formativo.

Artigo 12º.-Distribución horaria.

1. Os módulos profesionais deste ciclo formativo organizaranse segundo se establece no punto 4.8º do anexo deste decreto.

2. As horas de libre disposición que se inclúen neste punto serán utilizadas polos centros educativos para reforzar, nos módulos asociados ás unidades de competencia, as capacidades de formación profesional de base ou de formación profesional específica, para lles dar resposta ás características do alumnado, e ter en conta as necesidades de desenvolvemento económico, social e de recursos humanos do seu contorno socioproductivo.

Artigo 13º.-Proxecto curricular.

1. Os centros docentes concretarán e complementarán o currículo do ciclo formativo de artes plásticas e deseño de grao superior de fotografía artística mediante a elaboración de proxectos curriculares para o dito ciclo.

2. O proxecto curricular de centro deberá conter unha adecuación dos obxectivos xerais deste ciclo ás características do alumnado, criterios metodolóxicos de carácter xeral en relación co proceso de avaliación, así como en materia de diversificación curricular.

3. O proxecto curricular do centro incluirá, así mesmo, a distribución das capacidades terminais, contidos e criterios de avaliación do ciclo formativo, incluídos os programas de cada materia. A dita distribución non deberá variar para un mesmo grupo de alumnos ó longo do dito ciclo.

4. O proxecto curricular do centro formará parte da programación da súa actividade docente e incorporarase á programación xeral correspondente.

5. Os profesores desenvolverán programacións da súa actividade docente de acordo co currículo e co proxecto curricular do centro.

Disposición transitoria

Única.-Ata que se determinen as novas especialidades docentes, a competencia do profesorado pertencente ós corpos de profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño para a impartición de cada módulo, queda definida pola súa pertenza ás especialidades que se indican no punto 4.4º do anexo deste decreto. Non obstante, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria no seu ámbito de competencia e durante o mesmo período transitorio, poderá autoriza-la impartición de determinados módulos a aqueles docentes que, no momento da promulgación deste decreto, se encontrasen impartindo materias equivalentes da anterior ordenación, sempre que acrediten preparación para isto.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria para dicta-las disposicións necesarias para a aplicación e desenvolvemento do establecido neste decreto.

Segunda.-Este decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, catorce de febreiro de dous mil dous.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

1. Identificación do título.

-Denominación: técnico superior de artes plásticas e deseño en fotografía artística.

-Nivel: grao superior de artes plásticas e deseño.

-Duración: 1.950 horas.

2. Perfil profesional.

2.1. Competencia xeral:

Crear e interpretar sucesos estéticos orientados, con carácter xenérico, cara á actividade fotográfica relacionada coa publicidade, o deseño, a moda, a reportaxe social, a industria, a ciencia, o mundo editorial, o fotoxornalismo e a arte.

2.2. Capacidades profesionais:

* Identifica-los aspectos legais da profesión, contabilidade e xestión como profesional autónomo.

* Valorar de forma idónea as necesidades formuladas na proposta de traballo, así como os aspectos plásticos, artísticos, técnicos, organizativos e económicos, para configura-lo proxecto e selecciona-las especificacións plásticas e técnicas oportunas para conseguir un óptimo resultado no seu traballo profesional.

* Resolve-los problemas artísticos e técnicos que se presenten durante o proceso de realización fotográfica.

* Aplica-las medidas preventivas necesarias para que os procesos de realización utilizados non incidan negativamente no ambiente.

* Seleccionar e valorar criticamente as situacións plásticas, artísticas, técnicas e culturais derivadas do avance tecnolóxico e artístico da sociedade, de forma que lle permitan desenvolve-la súa capacidade de autoaprendizaxe co fin de evolucionar adecuadamente na profesión.

2.3. Tarefas máis significativas:

* Realización de tomas fotográficas con distintos formatos e medios técnicos.

* Procesamento químico dos soportes fotosensibles.

* Creación de imaxes orixinais a partir doutras imaxes mediante trucaxes e técnicas especiais.

* Deseño e composición de escenarios e fondos.

* Iluminación da escena.

* Selección e traballos con modelos.

2.4. Campo profesional:

O profesional deste nivel exercerá a súa actividade:

* Como profesional autónomo, dentro dalgunha das áreas de actuación nas que se divide a fotografía profesional.

* Integrándose como fotógrafo de empresas naquelas que polo seu funcionamento así o precisen (hospitais, industrias, editoriais, xornais, etc.).

* Realizando proxectos propios como actividade artística libre.

* Interpretando conceptos doutra persoa (director artístico ou deseñador) a través de bosquexos, maquetas ou ideas.

* Igualmente, poderá exerce-la súa actividade en empresas e talleres, xa sexan públicos ou xa privados, relacionados co campo profesional da fotografía.

3. Currículo.

3.1. Obxectivos xerais do ciclo formativo:

* Analizar e desenvolve-los procesos básicos de realización fotográfica.

* Manexa-las diferentes técnicas e estilos utilizados no campo da fotografía.

* Valorar de forma idónea as necesidades formuladas na proposta de traballo, así como os aspectos artísticos, técnicos, organizativos e económicos, para configura-lo proxecto.

* Diferencia-las especificacións técnicas oportunas para conseguir un óptimo resultado no seu traballo profesional.

* Resolve-los problemas artísticos e técnicos que se formulen durante o proceso de realización fotográfica.

* Identifica-las especificacións técnicas do material utilizado no traballo, organizando as súas medidas de mantemento periódico preventivo.

* Investiga-las formas, materiais, técnicas e procesos creativos e artísticos relacionados coa fotografía.

* Identifica-lo marco legal, económico e organizativo que regula e condiciona a actividade profesional no campo da fotografía.

* Utiliza-las medidas preventivas necesarias para desenvolve-la actividade profesional acorde co ambiente e a saúde.

* Seleccionar e valorar criticamente as situacións plásticas, artísticas, técnicas e culturais demandas do avance tecnolóxico e artístico da sociedade, de forma que lle permitan desenvolve-la súa capacidade

de autoaprendizaxe co fin de evolucionar axeitadamente na profesión.

* Aplicar métodos de análise de proceso e óptimo aproveitamento de tempos na xestión de traballo.

3.2. Capacidades terminais, contidos e criterios de avaliación dos diversos módulos:

3.2.1. Módulo 1: expresión plástica: fotografía:

Capacidades terminais

* Aplicar e realizar fondos, obxectos ou outros útiles anteriores á toma fotográfica con medios habituais de expresión plástica.

* Manipula-lo material posterior á toma, mediante medios manuais de expresión plástica.

* Identificar unha variedade importante de materiais útiles para conseguir efectos desexados na fotografía.

* Aplicar diferentes técnicas de expresión gráfica (lapis, carbón, pastel e rotuladores) sobre diferentes soportes propios do debuxo e papeis fotográficos de calidades diferentes.

* Utilizar técnicas gráficas con pincel e tintas líquidas, principalmente, sobre diferentes soportes fotográficos.

* Producir un importante catálogo de recursos e receitas aplicables principalmente á toma da fotografía.

* Resolver aspectos gráficos, lumínicos e compositivos.

Contidos

* Instrumentos, materiais e técnicas propios da expresión gráfica e aplicables ó mundo da fotografía.

* Conceptos básicos de debuxo: debuxo a man alzada, apuntes e esbozos. Diferentes técnicas.

* A composición: equilibrio, peso e dinámica.

* A luz e a cor.

* Abstracción e natureza.

* Expresión e narración.

* O escenario e os fondos. Materiais.

* A composición de bodegóns. Materiais.

* Intervencións manipulativas sobre a imaxe fotográfica posterior á toma.

* Aplicación de materiais e técnicas mixtas para conseguir efectos na toma fotográfica.

* Electrofotografía e copy art.

* Realización de debuxo a man alzada experimentando coa síntese de liña, a representación do movemento e a aplicación de mancha e cor como recursos expresivos para fondos ou sobre imaxes fotografadas.

* Aplicar técnicas mixtas recentes como o collaxe e o copy art incluíndo sempre a fotografía.

* Creación de texturas.

* Experimentación con novos materiais (siliconas, poliésters, plásticos, etc.) como recursos compositivos ou posibles efectos de fondos fotográficos.

* Utilización correcta dos materiais, no seu uso xeral e como recurso expresivo.

* Observación analítica das formas.

* Abstracción de liñas e contornos do debuxo, e evidencia e representación do espacio e as luces.

* Interese pola consecución de solucións innovadoras.

Criterios de avaliación

* Resolver axeitadamente as composicións de volumes, formas e cores atendendo a distintas intencións estéticas.

* Obter un resultado plástico acorde cos coñecementos adquiridos.

* Demostrar sensibilidade artística e creatividade no traballo .

* Utilizar correctamente os materiais empregados.

* Elabora-la presentación técnica do traballo de forma correcta.

* Cumpri-los prazos de entrega previstos.

* Desenvolver unha actitude crítica ante o seu propio traballo.

3.2.2. Módulo 2: teoría da imaxe:

Capacidades terminais

* Identifica-los conceptos fundamentais sobre percepción e describi-lo lugar que ocupan as diferentes imaxes no mundo da comunicación e os distintos usos que o público fai delas.

* Describir e usar distintos modelos de análise de imaxes.

* Utilizar correctamente a terminoloxía propia do estudio analítico das mensaxes visuais.

* Analiza-los diferentes medios publicitarios valorado desde actitudes críticas, as mensaxes visuais.

* Elabora-la información necesaria para poder desenvolve-los seus proxectos sobre unha base teórica fundamentada.

* Distinguir unidades básicas do alfabeto visual nas imaxes e mensaxes que recibimos.

* Realizar exemplos gráficos que poñan de manifesto a incidencia do contexto na percepción.

* Elaborar imaxes que ilustren a problemática do concepto de contorno na relación entre figura e fondo.

* Elaborar un arquivo de imaxes seguindo uns parámetros de clasificación determinados.

* Interpretar, a nivel retórico, mensaxes fotográficas e publicitarias, precisando os campos semán

ticos dos elementos participantes, así como identifica-los aspectos coincidentes e das figuras existentes.

Contidos

* O proceso perceptivo.

* Teoría da Gestalt e outros desenvolvementos teóricos complementarios.

* Concepto de imaxe. Imaxe: definición e clasificación da imaxe. Etimoloxía e funcións.

* Comunicación e información: da descodificación á codificación. Semioloxía, semántica, sintáctica e pragmática.

* Semiótica das mensaxes visuais. O signo icónico. Plano da expresión e plano do contido. Detonación e connotación. Importancia do contexto.

* Estudio das mensaxes visuais nos diferentes niveis. Bases para a análise retórica: mecanismos e figuras.

* Persuasión e comunicación.

* Identificación e comprobación das leis xestálticas en imaxes.

* Análise das mensaxes visuais elementais.

* Distinción de unidades básicas do alfabeto visual nas imaxes e mensaxes que recibimos.

* Valoración do proceso perceptivo como fonte xeradora da memoria e o pensamento visual.

* Actitude aberta e positiva cara á experimentación coas bases perceptivas teóricas.

* Interese por comprende-la natureza e as funcións da imaxe como paso previo á aprendizaxe dos procesos de análise.

* Actitude receptiva e crítica á hora de aborda-la metodoloxía de análise procedente de distintos desenvolvementos teóricos.

* Interese pola consecución de solucións innovadoras.

* Precisión, orde e rigor na realización dos proxectos.

Criterios de avaliación

* Interpreta-las imaxes atendendo a modelos de análise.

* Utilizar axeitadamente a terminoloxía propia do módulo.

* Mostrar unha actitude constructiva, dialogante e de tolerancia cara ás opinións e puntos de vista diferentes dos seus, sen descoida-lo rigor das súas argumentacións e xuízos críticos.

* Aplica-los métodos e procesos de traballo nos diferentes problemas de comunicación visual que se lle poidan presentar.

* Realizar un enfoque globalizador de tódolos aspectos que interveñen en cada exercicio de fotografía que se lle presente.

* Amosa-la información que se lle proporcione respecto ós contidos teóricos e prácticos do proceso visual.

* Elaborar informes orais e escritos con rigor e precisión.

* Amosar unha disposición positiva ó traballo en equipo, con consciencia de que as solucións que achegue deben enmarcarse e adaptarse a procesos de traballo complexos e moitas veces pluridisciplinares.

* Amosar curiosidade fronte ós cambios sociais, culturais e estéticos que se producen na sociedade.

* Elaborar e expor opinións críticas argumentadas sobre diversas imaxes.

3.2.3. Módulo 3: historia da fotografía:

Capacidades terminais

* Describi-la percepción visual e conceptual do contexto sociocultural e artístico en que se produce o nacemento da fotografía.

* Analiza-los movementos fotográficos desde as súas orixes.

* Valorar e respecta-lo legado fotográfico como achega á linguaxe da imaxe contemporánea.

* Relacionar valores estéticos e estilísticos con acontecementos históricos.

* Distingui-los movementos fotográficos, así como os fotógrafos máis notables.

* Identificar unha fotografía co seu estilo, época e autor significativo.

* Clasificar e analizar distintas imaxes fotográficas polo seu estilo, en relación a un autor, grupo ou tendencia estilística.

* Analizar e valora-lo desenvolvemento dos principais avances técnicos que lle permitiron novas posibilidades expresivas á fotografía: desde o daguerrotipo, calotipo, colodión, etc., ata o tratamento dixital actual, a través de fotógrafos relevantes.

* Deducir e relacionar vínculos entre a fotografía e o resto das artes.

Contidos

* Antecedentes e orixes da fotografía: 1839-1850.

* Aparición da imaxe fotográfica multiplicable.

* Os comezos da fotografía en España.

* A expansión da imaxe fotográfica: 1870-1917.

* As relacións entre a fotografía e as vangardas artísticas.

* A fotografía e o poder: o período de entre-guerras. O documento social.

* Desenvolvemento da fotografía nos anos corenta e cincuenta do século XX. O subxectivismo.

* A institucionalización da fotografía.

* A fotografía española entre 1931 e os anos sesenta.

* A xeración dos setenta e a situación actual da fotografía en España.

* Últimas tendencias da fotografía.

* Análise e utilización crítica das fontes e material histórico-gráfico diverso.

* Mostra e interpretación de exemplos gráficos visuais claves para ilustra-los contidos.

* Rigor metodolóxico ó coordina-los feitos históricos.

* Relevancia das influencias sucesivas do pasado ó presente, evidenciándolo con imaxes e diapositivas.

* Disposición positiva para contrastar feitos históricos e abstraer conclusións e reflexións razoadas, con rigor na procura da información.

* Espírito de investigación e interese por coñece-las causas e efectos dos acontecementos históricos.

* Investigación bibliográfica e doutras fontes de información.

Criterios de avaliación

* Analizar e interpretar razoadamente o contexto histórico-artístico en que se fai e se desenvolve a fotografía.

* Utilizar unha linguaxe clara e concisa, e unha terminoloxía e un vocabulario específicos.

* Participar nas actividades individuais e colectivas desenvolvidas ó longo do curso.

* Expor correctamente, oralmente ou por escrito, os coñecementos e as opinións sobre a materia.

* Identificar cada fotografía co resto das manifestacións artísticas de cada momento, e describi-las súas influencias ou préstamos estéticos ou técnicos.

* Cumpri-los prazos de entrega previstos.

* Realizar unha correcta presentación.

3.2.4. Módulo 4: medios audiovisuais:

Capacidades terminais

* Realizar tomas de imaxes cos medios apropiados susceptibles de seren utilizadas en edicións e montaxes audiovisuais, atendendo a unha temática ou proxecto proposto.

* Aplicar procesos técnicos e expresivos da imaxe e a linguaxe fotográfica nun medio audiovisual, mediante a tecnoloxía proporcionada polos medios en breves reportaxes, curtametraxes, anuncios ou outro formato de imaxe real en movemento de escasa duración, ante un tema práctico proposto.

* Describir e aplica-los medios materiais habituais utilizados na elaboración de audiovisuais de producción básica.

* Diferencia-los procesos de planificación dun proxecto audiovisual.

* Organizar e producir un audiovisual ante un tema proposto en grupo de traballo, diferenciando cada unha das súas fases.

* Emprega-la terminoloxía apropiada.

* Diferenciar e distinguir modelos e métodos da imaxe audiovisual para obter resultados concretos de comunicación.

* Expresar orixinalmente as súas ideas nas propostas audiovisuais dos exercicios prácticos que se traten.

* Aplicar sistemas de edición dixital de imaxes sobre tomas realizadas en soporte de vídeo, fotografía ou fotografía dixital, para resolver puntualmente necesidades orixinadas por un guión previamente marcado ou proposto.

Contidos

* Síntese histórica dos medios audiovisuais: o cine e a televisión.

* Introducción á tecnoloxía dos medios audiovisuais.

* A televisión: cómo funciona; características da visión humana; persistencia retiniana; descrición básica do sistema; etc.

* Análise e sistemas da imaxe de televisión: cadro e campo.

* Sinal de televisión en cor e branco e negro; sincronismos. Transmisión do sinal e espectro de frecuencias. Sistemas de televisión: Secam, Pal e NTSC. Transporte do sinal: cables e conexionado.

* A cámara de vídeo: tipos, partes dunha cámara, características da cámara e axustes.

* A ordenación do espacio representado. Encadramento e selección da realidade. O espacio unitario. A escada de planos. O movemento do punto de vista.

* Composición da imaxe: principios de composición, casos prácticos de encadramento, equilibrio e centros de interese.

* O movemento da cámara: inclinación da cabeza, altura e movementos da cámara, angulacións, etc.

* A ordenación do tempo representado. Elipse. Linealidade narrativa.

* A ordenación espacio-temporal. A transición entre planos. A continuidade visual. Articulacións espacio temporais. A montaxe como elemento integrador. As leis de montaxe e a liberdade formal. O ritmo.

* Fases na elaboración dun producto audiovisual: guión (fases da redacción, documentos auxiliares, análise, técnicas de presentación e desagregación), producción e realización.

* Da fotonovela ó diaporama.

* O problema dos xéneros. O documental. Os anuncios comerciais.

* Outros elementos da imaxe audiovisual: a iluminación, o son e a escenografía.

* Teorías sobre a imaxe audiovisual.

* Uso da terminoloxía, coñecementos e conceptos propios da materia.

* Elaboración de traballos prácticos que sirvan para aplica-los coñecementos teóricos, cunha correcta manipulación do material técnico.

* Participación en equipos de traballo para a elaboración de producto audiovisual completo.

* Realización de informes orais ou escritos referentes ás practicas realizadas, utilizando correctamente a terminoloxía.

* Actitude receptiva e crítica á hora de abordar metodoloxía de análise procedentes de distintos desenvolvementos teóricos.

* Responsabilidade cos medios técnicos que se utilicen.

* Interese pola consecución de solucións innovadoras.

* Precisión, orde e rigor na realización dos proxectos.

Criterios de avaliación

* Identifica-los mecanismos teórico-expresivos audiovisuais.

* Amosar orixinalidade, creatividade e axilidade técnica e artística na planificación do traballo audiovisual.

* Amosar calidade técnica e formal no acabamento do proxecto audiovisual.

* Aplica-los coñecementos teóricos nos distintos proxectos que se realicen.

* Utilizar correctamente a terminoloxía técnica xeral aplicada ó mundo audiovisual.

* Criticar, analizar e avalia-los resultados obtidos, de productos audiovisuais tanto propios como alleos.

3.2.5. Módulo 5: técnica fotográfica:

Capacidades terminais

* Analiza-lo comportamento da materia desde aspectos físicos, químicos, matemáticos e mecánicos asociados ó feito fotográfico.

* Interpretar e asimila-los procedementos tecnolóxicos inherentes a todo proceso fotográfico e as leis que rexen neste medio a través dun método científico, dentro dos matices relacionados especialmente coa fotografía.

* Distingui-los instrumentos e medios utilizados no proceso fotográfico e coñece-la súa aplicación idónea.

* Precisar e utiliza-la terminoloxía apropiada específica do medio fotográfico.

* Manipular correctamente os materiais habituais no proceso fotográfico desde o punto de vista técnico.

* Identifica-los espacios, as necesidades e as instalacións propias dun laboratorio fotográfico.

Contidos

* A luz e a cor: natureza da luz, matiz, saturación e brillo, unidades fotométricas, síntese aditiva e subtractiva, difracción e polarización.

* A cámara escura.

* Óptica: espellos e lentes.

* A cámara fotográfica. Réflex e formato medio. Últimas tecnoloxías.

* O obturador. A abertura.

* Os obxectivos. Distancia focal. A profundidade de campo.

* Química: natureza da materia e configuración dos elementos.

* A exposición: fotómetros e exposímetros.

* O material sensible en branco e negro: clases de emulsións sensibles á luz, sensibilidade, poder de resolución e contraste.

-Curva característica. Lei de reciprocidade.

* A nitidez da imaxe fotográfica. A acutancia. A FTM.

* Os filtros en branco e negro.

* Logaritmos e procesos fotográficos.

* O revelado de negativos e positivos en branco e negro.

* A ampliadora.

* O proceso de inversión en branco e negro.

* Fotografía e procesos de reproducción. Impresión monocromática. Preparación e condicións dos orixinais.

* A iluminación artificial: equipo de iluminación, sistema de medición, fotómetro no estudio, temperatura de cor e flash de cámara.

* Tratamentos e efectos especiais en branco e negro.

* A fotografía en cor: emulsións fotográficas en cor, sensibilidade, curva característica, principios da fotografía en cor, o atlas de Munselí, sistema CIE, filtros para a fotografía en cor, o revelado de negativos de cor, papeis positivos en cor, procesos de positivado en cor, etc.

* As cámaras fotográficas de gran formato: estructura, funcionamento e movementos.

* Aplicacións á fotografía das radiacións: o fenómeno fotoeléctrico, os raios X e os raios láser .

* Electricidade: campo eléctrico, condensadores, intensidade, resistencia, instalacións no estudio e o laboratorio fotográfico.

* O proceso inversible en cor. A impresión en cor. Preparación e condicións dos orixinais.

* A fotografía e as novas tecnoloxías: informática e fotografía. A fotografía dixital. A lóxica difusa en fotografía. O foto-CD.

* Determinación dos instrumentos que se deben utilizar nun proceso fotográfico concreto e a súa aplicación idónea.

* Deducción e diferenciación dos procesos técnicos fotográficos aplicados en obras realizadas por outros autores.

* Clasificación dos diferentes productos propios da actividade fotográfica e distinción das súas aplicacións.

* Descrición dos principios da fotografía dixital e das variantes e diferentes avances técnicos que posibilitan a manipulación de imaxes fotografadas.

* Interese polos traballos de investigación e polo coñecemento de novos materiais.

* Responsabilidade no uso do material fotográfico.

Criterios de avaliación

* Precisa-los fenómenos e as leis que interveñen nos procesos fotográficos.

* Diferencia-las partes dunha cámara fotográfica e describi-la súa función, así como outros materiais habituais na práctica fotográfica.

* Utilizar correctamente a terminoloxía técnica xeral aplicada á fotografía.

* Establecer enfoques técnicos na planificación e no desenvolvemento da actividade fotográfica.

* Distingui-las funcións dos diferentes instrumentos que se aplican no exercicio da fotografía.

* Clasificar e distinguir correctamente as partes que compoñen os diferentes instrumentos da práctica fotográfica e as súas utilidades.

* Identifica-las diferentes instalacións e necesidades nos espacios dedicados para o exercicio da fotografía.

* Enumera-los diferentes productos e as súas aplicacións no exercicio da actividade fotográfica.

* Analizar técnicas de fotografías e xulgar criticamente a súa aplicación.

3.2.6. Módulo 6: medios informáticos: fotografía artística:

Capacidades terminais

* Aplicar correctamente o material e os equipos informáticos en exercicios de fotografía formulados.

* Operar cos sistemas informáticos como técnicas de aplicación no proceso creativo e productivo.

* Emprega-lo medio como instrumento de comunicación e xestión do material fotográfico.

* Distinguir e empregar sistemas operativos e diferentes aplicacións necesarias para a práctica profesional desta especialidade.

* Clasifica-los distintos dispositivos de entrada e de saída de imaxes propias na práctica profesional da fotografía.

* Aplicar sistemas de autoedición e compaxinación de textos e fotografías con software apropiado.

* Realizar distintas composicións plásticas utilizando as diferentes aplicacións de deseño e de ilustración.

Contidos

* Introducción á informática.

* Sistemas operativos: MS-DOS, contorno Windows e contorno Mac.

* Hardware básico na manipulación e no tratamento da imaxe fotográfica; descrición dos diferentes compoñentes técnicos.

* Dispositivos de entrada e saída propios dun sistema informático aplicado á fotografía.

* Imaxes en mapa de bits: características, formatos máis habituais e filtros de importación; aplicacións máis habituais para o seu tratamento.

* Software de fotografía e imaxe dixital: aplicacións en edición de imaxes, fundamentos e conceptos básicos.

* Tratamento dixital da imaxe por capas. Ferramentas e efectos habituais para a alteración de imaxes de mapas de bits.

* Formatos habituais de imaxe. Importación e exportación.

* Utilidades intermedias: compresión e descompresión de arquivos e fragmentación.

* Tratamento e edición de imaxes. Captura de imaxes por medios dixitais. Uso do escáner.

* Incorporación das fontes fotográficas a novos soportes de información: multimedia.

* Análise e diferenciación dos distintos elementos que compoñen os medios informáticos.

* Utilización dos distintos contornos operativos.

* Observación e análise de diferentes composicións plásticas elaboradas a través de medios infográficos.

* Diferenciación dos distintos dispositivos de entrada e saída de imaxes.

Criterios de avaliación

* Utilizar correctamente o material e os equipos informáticos.

* Determina-lo medio informático axeitado para alcanzar un propósito concreto.

* Adecua-lo medio ás esixencias de cada traballo concreto e ás súas proxeccións a outras disciplinas.

* Amosar autonomía e personalidade fronte á suxestión do medio.

* Aproveita-los recursos proporcionados.

* Empregar sistemas de compaxinación co fin de posibilitar proxectos conxuntos con deseñadores e maquetadores.

3.2.7. Módulo 7: fotografía artística:

Capacidades terminais

* Manexar correctamente cámaras fotográficas de distinto formato e tipo.

* Realiza-lo revelado e o positivado de material sensible en branco e negro e cor, así como diversos procesos artesanais: gomas bicromatadas, cianotipias, etc.

* Diferenciar e aplica-los diversos sistemas de iluminación tanto de luz natural como de luz artificial e de estudio.

* Realizar fotografías en todo tipo de condicións de iluminación.

* Realizar correctamente tomas fotográficas e traballo con modelos, para fotografías de prensa, reportaxe social, retrato, arquitectura, moda, fotografía industrial e publicitaria e reproducción de calquera suxeito ou obxecto.

* Contrastar e analizar imaxes xa existentes, para recrear unha obra orixinal a partir delas.

* Analiza-las técnicas de restauración e conservación das fotografías.

* Realizar probas e ensaios técnicos de materiais.

* Operar coas novas técnicas de retoque, manipulación e montaxe dixital.

* Correcta presentación nos acabamentos e adecuación ás esixencias propostas na actividade que se desenvolva.

Contidos

* Uso de equipo e materiais: cámara estenopeica, cámaras dun só uso de 35 mm, réflex de 35 milímetros, formatos medios, gran formato e cámaras especiais.

* Técnicas e metodoloxías: enfoque e profundidade de campo. Control de movemento. Lei de reciprocidade. Fotografía nocturna. Movementos de cámara técnica. Leis relacionadas.

* Medición da luz. Iluminación continua e de flash. O sistema de zonas en branco e negro.

* Uso de obxectivos para diferentes traballos.

* A composición.

* Exposición e revelado en branco e negro. Manipulación e recursos especiais. Técnicas e materiais de arquivo e conservación.

* Positivado de calidade en branco e negro. Técnicas e materiais de arquivo e conservación.

* Exposición e revelado en cor. Material negativo e inversible.

* Emulsións especiais. Emulsións non arxénticas.

* Positivado en cor. Técnicas e materiais.

* A serie fotográfica. Criterios de aplicación.

* Aplicación e variacións de sistema de zonas segundo o xénero fotográfico.

* Acabamentos e presentación do traballo para diferentes clientes.

* Os xéneros fotográficos: reportaxe social, fotoxornalismo, ensaio fotográfico, fotografía de arquitectura, fotografía publicitaria, bodegón publicitario, portada editorial, retrato e retrato de grupo, corpo humano, fotografía de moda e fotografía industrial.

* Reproducción fotográfica. A fotomontaxe. A creación fotográfica e a fotografía artística.

* A fotografía de autor. Análise de mestres da fotografía.

* Novas tecnoloxías: fotografía dixital, dixitalización de imaxes, fotomontaxe dixital, efectos e trucos especiais proporcionados por programas informáticos propios da imaxe fotografada, prensa gráfica e sistemas dixitais, retoque fotográfico dixital, etc.

* Macrofotografía e microfotografía.

* Aplicación das técnicas específicas idóneas en cada traballo proposto.

* Utilización correcta da profundidade de campo, da velocidade e do obturador.

* Apreciación da iluminación e medición correcta dos parámetros necesarios para obter un resultado desexado.

* Manipulación dos obxectivos necesarios en diferentes tomas.

* Utilización correcta dos materiais para o revelado e positivado de fotografía en branco e negro.

* Emprego dos procedementos necesarios para alcanzar un resultado predefinido atendendo á diversidade de xéneros.

* Resolución de exercicios que agrupen medios técnicos varios, incluídos medios informáticos.

* Argumentación e expresión correcta da intencionalidade previa á realización fotográfica.

* Responsabilidade cos medios técnicos que se utilizan.

* Actitude positiva para recompilar, clasificar e asimilar datos técnicos.

* Cooperación para a ordenación e o mantemento dos materiais utilizados.

* Compromiso cos prazos de execución e de entrega establecidos.

Criterios de avaliación

* Controlar tódolos procesos técnicos tanto da toma como do revelado e acabamento das copias previstas na programación.

* Utiliza-la información básica sobre as distintas áreas de aplicación da fotografía que lle permitan acceder a unha posterior especialización.

* Elaborar documentación técnica, sistema de traballo e probas técnicas e/ou plásticas.

* Conseguir acertados resultados estéticos non cinguíndose exclusivamente a unha mera valoración técnica.

* Demostrar creatividade, imaxinación e capacidade artística no traballo.

* Elixir técnicas e materiais en función das necesidades e dos obxectivos propostos na práctica.

3.2.8. Módulo 8: proxecto integrado: fotografía:

Capacidades terminais

* Realizar proxectos fotográficos de carácter profesional, de maneira que se obteñan resultados óptimos desde o punto de vista técnico e estético, axustándose ás condicións impostas.

* Cooperar en traballos en grupo.

* Amosar unha actitude cordial e tolerante cos membros do seu grupo de traballo e cooperar na superación de dificultades.

* Aplica-los medios informáticos e resolver problemas presentados no proxecto.

* Aplicar correcta e idoneamente os recursos establecidos para a realización do proceso no que está involucrado.

* Expo-lo seu proxecto utilizando a terminoloxía apropiada con fluidez e persuasión.

Contidos

* O proxecto fotográfico: elementos básicos que integran un proxecto.

* Interpretación das propostas e necesidades do cliente. Estratexias, modelos e solucións ante un posible encargo.

* Análise do destino final das imaxes. Custos.

* Xestión de permisos relacionados co proxecto.

* Elaboración dun calendario de traballo. Organización de equipos de traballo.

* Realización das fotografías necesarias para o proxecto.

* Presentación do traballo. Exposición ante o cliente.

* Redacción da memoria explicativa do proxecto.

* Utilización da terminoloxía, coñecementos e conceptos propios da materia.

* Realización de traballos prácticos que sirvan para aplica-los coñecementos manipulando correctamente o material técnico.

* Realización de traballos prácticos nos que se apliquen as técnicas en función da interpretación artística e estética.

* Manipulación creativa do material fotográfico investigando a relación materia-forma e materia-función, de maneira que se recollan as experiencias nunha memoria explicativa.

* Manipulación dos medios mecánicos e móbiles (fotografía, vídeo, ordenador, etc.) co fin de producir diversos efectos prácticos.

* Crítica, seguimento e análise a proxectos concretos profesionais e propios.

* Realización de proxectos concretos que sirvan para afondar nos temas propostos ó aplica-los coñecementos teóricos e as distintas técnicas.

* Interese pola calidade dos resultados.

* Predisposición cara á procura de formulacións novas.

* Conducta participativa e tolerante tanto nos proxectos individuais como nos que se realicen en grupo.

* Conciencia da importancia da fotografía na cultura visual e plástica.

* Valoración da importancia das novas técnicas fotográficas no campo artístico-técnico-plástico.

* Cooperación na realización de traballos en equipo como membros responsables.

* Valoración equilibrada dos aspectos técnicos, económicos, estéticos e sociais nos proxectos.

* Responsabilidade nas diferentes fases: planificación, organización, execución e presentación.

Criterios de avaliación

* Explica-los coñecementos técnicos, os procesos e a metodoloxía adquiridos a través da realización de propostas prácticas.

* Extrapola-las diferentes técnicas e métodos para a realización de aspectos específicos dos proxectos fotográficos.

* Usar correctamente o medio fotográfico para expresa-las ideas e a creatividade na comunicación a través da imaxe.

* Integrarse nun grupo de traballo multidisciplinar.

* Presentar correctamente os traballos.

* Entregar dentro dos prazos establecidos.

3.2.9. Módulo 9: formación e orientación laboral:

Capacidades terminais

* Describi-lo marco legal de traballo e interpreta-los dereitos e as obrigas que se derivan das relacións laborais.

* Establecer no ámbito laboral as medidas de protección e prevención que correspondan ás situacións de riscos existentes e determina-las medidas sanitarias básicas e inmediatas en caso de accidente.

* Identifica-las formas e os procedementos de inserción, permanencia e promoción na realidade laboral como traballador por conta propia e por conta allea, e localiza-las axudas que prestan á inserción laboral as institucións e os organismos, autonómicos, estatais e comunitarios.

* Adquiri-las habilidades necesarias para o fomento de iniciativas dirixidas ó traballo en grupo.

* Interpreta-los datos da estructura socioeconómica galega e española para poder coñece-la situación actual e as perspectivas do sector a nivel autonómico, estatal e comunitario.

* Explica-la organización e a xestión dunha pequena ou mediana empresa do sector e interpreta-los parámetros económicos que a determinan.

* Desenvolver actitudes de participación e colaboración que favorezan o logro dos obxectivos da empresa.

* Describi-los instrumentos xurídicos, empresariais e profesionais propios da especialidade, co obxecto de coñece-los dereitos e asumi-las obrigas que se derivan do labor profesional.

* Descubri-la realidade sociolaboral, cultural e técnica, desde a experiencia dos profesionais, co obxecto de adquiri-los coñecementos complementarios necesarios para a práctica da profesión.

Contidos

Comúns:

* O marco xurídico das relacións laborais: Estatuto dos traballadores e regulamentación específica do sector.

* Localización da normativa aplicable en materia de seguridade, tanto para a empresa como para os traballadores

* Condicións de traballo e de seguridade. Medidas de prevención e de protección. Primeiros auxilios.

* O proceso de busca de emprego. O traballo asalariado na Administración e por conta propia. A empresa social.

* Organismos e institucións autonómicos, estatais e comunitarios, que prestan asesoramento á inserción laboral. Axudas económicas á iniciativa empresarial.

* Conceptos básicos de economía e mercadotecnia.

* Iniciativas para o traballo por conta propia: plan de empresa, plan de viabilidade, tipos de empresas, constitución dunha empresa, etc.

* A empresa: o seu funcionamento económico. Obtención de recursos. Organización da producción e comercialización dos seus productos. Interpretación do estado das contas anuais. Obrigas xurídicas e fiscais.

Dereito específico:

* Protección ó deseño: propiedade intelectual. Rexistro da propiedade intelectual. Entidades de xestión. A propiedade industrial. Os modelos e os debuxos industriais e artísticos. Rexistro e procedemento rexistral.

* A protección internacional das innovacións.

* Os signos distintivos: marca, rótulo e nome comercial.

* Información sobre normas técnicas. Centros e asociacións de investigación e desenvolvemento da industria.

Criterios de avaliación

* Verifica-la asimilación dos conceptos fundamentais que se inclúen nos bloques temáticos.

* Contrasta-lo interese pola materia.

* Respecta-la saúde persoal e colectiva.

* Conseguir actitudes axeitadas que faciliten a inserción, permanencia e promoción no mundo do traballo.

* Actitude emprendedora e creativa diante das propias necesidades e aspiracións.

* Verifica-la utilización correcta dunha terminoloxía específica en torno ós contidos económicos, laborais, de mercadotecnia, xurídicos ou empresariais.

* Valoración razoada da normativa específica pola que se rexe este campo profesional.

3.3. Fase de prácticas en empresas, estudios ou talleres:

Os seus obxectivos serán:

* Asumi-la realidade profesional para completa-la formación académica, realizando un cometido laboral de responsabilidade acorde co seu nivel.

* Tomar contacto co mundo do traballo e co seu sistema de relacións sociais, laborais e técnicas.

* Contrasta-los coñecementos adquiridos no centro educativo coa realidade empresarial e laboral.

* Adquirir coñecementos complementarios útiles para a práctica profesional, tanto sobre a organización e coordinación do traballo propio da especialidade como sobre a situación e relacións do mercado laboral.

* Adquiri-los coñecementos técnicos sobre útiles, ferramentas, aparellos e máquinas que, pola súa especialización, custo ou novidade, non están ó alcance do centro educativo.

* Participar de forma activa nas fases do proceso productivo, baixo a titoría ou dirección correspondente.

* Aplica-los coñecementos e habilidades adquiridos na formación teórica e práctica do alumno ou alumna nos centros docentes.

* Integrarse no mundo laboral e no sistema técnico-social da empresa.

3.4. Proxecto final:

O proxecto final ten como obxectivo comprobar se o alumno asimilou e ten a capacidade de integrar, sincretizar e aplica-los coñecementos teórico-prácticos e artísticos das ensinanzas cursadas no centro e, en consecuencia, de desempeña-la actividade profesional no campo desta especialidade e nivel que cursou.

Nesta familia profesional o proxecto consistirá na concepción e na creación dun ou de varios productos pertencentes ó campo do deseño gráfico de que trate este ciclo formativo, xa sexa como peza illada ou xa como conxunto.

O proxecto final terá o seguinte contido:

* Información e comunicación:

-Estudio histórico-artístico, que sitúe a obra obxecto do proxecto no contexto da fotografía artística, relacionándoa coas produccións artísticas e publicitarias contemporáneas e cos antecedentes estéticos e comunicativos, analizando de forma clara e precisa as técnicas empregadas nela para a súa confección e destacando as achegas ou peculiaridades que ofrece o traballo.

-Memoria, onde se realizará unha análise dos procesos e das fases de realización da peza, así como, polo menos, dos seguintes aspectos:

-Aspectos de comunicación.

-Aspectos estéticos.

-Aspectos técnicos: materiais, procesos, tarefas e tempos necesarios para a realización do proxecto final e especificacións para o control de calidade.

-Aspectos económicos: cálculo dos custos necesarios para a súa realización e rendibilidade e óptimo aproveitamento dos medios.

-Testemuño gráfico das diversas etapas do traballo conducentes á realización do producto final: selección e catalogación de bosquexos e maquetas coas correspondentes táboas de información técnica e de especificacións, aplicacións informáticas utilizadas, marcaxe e tratamento de texto e imaxes, corrección de probas, especificacións para o control de calidade, presentación dos productos finais para impresión, así como, de se-lo caso, propostas de catálogos, montaxe e organización dunha exposición dos proxectos.

* Realización: realización da obra gráfica á que se refire o proxecto, artes finais e producción dunha serie limitada, en función da entidade do proxecto e das especificacións do tribunal:

-Representación gráfica: planos, detalles, instalacións. Incluirá unha memoria gráfica das diversas etapas da realización.

-Estudio económico: medicións e orzamentos.

-Programación e planificación da obra.

4. Ordenación académica e impartición.

4.1. Admisión do alumnado:

4.1.1. Acceso con requisitos académicos:

Para acceder ó ciclo formativo de grao superior ó que se refire este decreto, será preciso estar en posesión do título de bacharelato ou ter superado os estudios equivalentes a ese título, segundo o establecido nos anexos I e II do Real decreto 986/1991, do 14 de xuño, polo que se aproba o calendario de aplicación do novo sistema educativo, modificado polo Real decreto 173/1998, do 16 de febreiro, e superar unha proba de acceso específica.

4.1.2. Exencións da proba de acceso específica:

Estarán exentos de realiza-la proba de acceso prevista no artigo 6 deste decreto:

* Aqueles aspirantes que cursasen, no bacharelato de artes, a materia de fundamentos do deseño, imaxe e talleres artísticos: fotografía.

* Aqueles aspirantes que superasen os estudios experimentais de bacharelato artístico definido na Orde do 21 de outubro de 1986 (BOE do 6 de novembro).

* Aqueles aspirantes que estivesen en posesión do título de graduado en artes aplicadas en especialidades do ámbito de deseño gráfico.

* Aqueles aspirantes que estivesen en posesión do título de técnico superior correspondente a outro ciclo formativo da mesma familia profesional.

4.1.3. Acceso sen requisitos académicos:

Non obstante o disposto nos puntos anteriores, será posible acceder ó ciclo formativo establecido neste decreto sen estar en posesión do título de bacharelato, sempre que o aspirante teña cumpridos os vinte anos de idade e supere unha proba na que demostre tanto madureza intelectual, acreditada a través do dominio das capacidades lingüísticas, de razoamento e de coñecementos fundamentais da etapa educativa anterior relacionados co ensino ó que aspira, como as habilidades específicas necesarias para cursar con aproveitamento as ensinanzas correspondentes.

A dita proba será regulada pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

4.2. Fase de prácticas en empresas, estudios ou talleres:

A fase de formación práctica en empresas, estudios ou talleres, poderá consistir tanto na realización de prácticas en entidades de titularidade pública ou privada como en traballos profesionais academicamente dirixidos e integrados no currículo, así como

aqueles efectuados no marco de programas de intercambio no Estado ou de carácter internacional.

A fase de prácticas en empresas, estudios ou talleres realizarase unha vez superada a totalidade dos módulos. Excepcionalmente, o equipo docente do ciclo poderá autoriza-la súa realización simultánea coas actividades de recuperación a aqueles alumnos e alumnas que teñan un máximo de dous módulos sen superar, sempre que quede garantido que non se produce mingua na capacidade das tarefas de recuperación.

A avaliación faraa o profesor titor ou a profesora titora do centro educativo, e nela colaborará a persoa responsable de formación do alumnado designado polo centro de traballo no período de estancia nel. A cualificación final estará expresada en termos de apto ou non apto. Realizaraa o titor do ciclo.

4.3. Proxecto final:

4.3.1. Fases de entrega e avaliación:

* Anteproxecto. Unha vez aprobados os módulos e a fase de formación práctica en empresas, estudios ou talleres, o alumno presentará un proxecto da súa especialidade, dirixido por un profesor titor, ante un tribunal avaliador. O anteproxecto deberá de reflectir a grandes trazos o contido do proxecto que se vaia realizar.

* Aceptación. Para a aceptación do anteproxecto, o tribunal avaliador terá en conta os seguintes aspectos:

-O seu interese global, tendo en conta a proposta estética, a orixinalidade da formulación e a súa adecuación á demanda real do producto de que se trate.

-A posibilidade de realización efectiva do proxecto, nos prazos establecidos e tendo en conta os medios e as instalacións con que se conta.

No suposto de non aceptación, o tribunal ofertará unha proposta alternativa ó alumno.

* Inscrición. Formalizarase unha vez aceptado o anteproxecto.

* Elaboración e prazo de execución. O proceso de realización do proxecto desenvolverase dentro do derradeiro trimestre do curso en que se superasen os módulos do ciclo formativo.

* Avaliación. O proxecto avaliarase globalmente. Cualificarase entre 0 e 10 puntos. Para a avaliación positiva requírese unha cualificación igual ou superior a cinco.

O número máximo de convocatorias para a superación do proxecto final é de dúas. No suposto de que se dea algunha circunstancia que impedise o normal desenvolvemento do proxecto, a dirección do centro, con carácter excepcional, poderá autorizar unha convocatoria extraordinaria.

Os tribunais considerarán na avaliación dos proxectos a súa capacidade ou interese pedagóxico para servir como pauta ou referencia ós demais alumnos e alumnas. Para tal efecto, incluirán no seu calendario de actividades a organización de exposicións de proxectos finais.

4.3.2. Titoría e tribunal avaliador:

A titoría do proxecto final correrá a cargo do titor do ciclo formativo ou dun membro do equipo docente. Neste último caso actuará como relator o titor.

A aceptación da proposta do proxecto final e a súa avaliación, así como a determinación específica dos prazos, procesos e pautas para a realización, entrega e avaliación dos proxectos corresponderalle a un tribunal integrado por:

Presidente: o director do centro ou o profesor en quen delegue.

Secretario: será o do propio centro, que actuará con voz pero sen voto, levantará acta das sesións, e se encargará de facilitar e coordina-la utilización dos medios que, se é o caso, o centro poña ó dispor dos alumnos para a realización dos proxectos, no período establecido para a súa execución.

Vocais: polo menos tres, nomeados polo director, dos que dous membros serán profesores do ciclo. O director poderá designar ademais un profesor de recoñecido prestixio no campo correspondente ó ciclo formativo alleo ó centro educativo.

4.4. Especialidades do profesorado con atribución docente nos módulos profesionais do ciclo formativo de fotografía artística:

Os funcionarios do corpo de profesores de artes plásticas e deseño e do corpo de mestres de taller de artes plásticas e deseño impartirán con carácter preferente os módulos deste ciclo de conformidade coa atribución de módulos a especialidades que figura na columna (A) deste anexo.

Non obstante, co fin de lograr un óptimo aproveitamento dos recursos dispoñibles no centro, na súa organización, os devanditos módulos poderán ser impartidos por funcionarios e funcionarias doutras especialidades, de conformidade co que figura na columna (B), sen que iso derive efectos na adscrición de especialidade.

MódulosEspecialidade do profesorado

(A)(B)

1Formación e orientación laboralCorpo: profesores de artes plásticas e deseño.

Especialidades:
-Dereito usual.
-Organización industrial.

2Historia da fotografíaCorpo: profesores de artes plásticas e deseño.Corpo: profesores de artes plásticas e deseño.

Especialidades:Especialidade:
-Cultura xeral cerámica.-Técnicas audiovisuais.
-Historia da arte.
-Historia da arte e da cerámica.
-Fotografía artística.
-Teoría e práctica da fotografía.
-Fotografía.

MódulosEspecialidade do profesorado

(A)(B)

3Expresión plástica: fotografíaCorpo: profesores de artes plásticas e deseño.Corpo: profesores de artes plásticas e deseño.

Especialidades:Especialidades:
-Debuxo artístico.-Proxectos de arte decorativa.
-Colorido e procedementos pictóricos.-Teoría e práctica do deseño.
-Composición decorativa, pintura e escultura relixiosa.-Modelado e baldeirado.
-Decoración sobre pastas cerámicas.-Imaxinería castelá.
-Análise de forma e cor.-Moldeamento de figuras.
-Procedementos pictóricos.-Moldes.
-Técnicas de colorido aplicado á cerámica.-Adorno e figura.
-Debuxo publicitario.
-Composición ornamental.
-Estilización artística e colorido.
-Decoración elemental cerámica.
-Técnicas de deseño gráfico.
-Técnicas gráficas industriais.

4Fotografía artísticaCorpo: profesores de artes plásticas e deseño.

Especialidades:
-Fotografía artística.
-Teoría e práctica da fotografía.
-Fotografía.
-Fotografía aplicada á restauración.

5Medios audiovisuaisCorpo: profesores de artes plásticas e deseño.

Especialidades:
-Técnicas audiovisuais.
-Fotografía artística.
-Teoría e práctica da fotografía.
-Fotografía.

6Técnica fotográficaCorpo: mestres de taller de artes plásticas e deseño.Corpo: profesores de artes plásticas e deseño.

Especialidades:Especialidades:
-Fotografía artística.-Fotografía artística.
-Fotografía e procesos de reproducción.-Teoría e práctica da fotografía.
-Fotografía.

7Teoría da imaxeCorpo: profesores de artes plásticas e deseño.Corpo: profesores de artes plásticas e deseño.

Especialidades:Especialidades:
-Fotografía artística.-Cultura xeral cerámica.
-Teoría e práctica da fotografía.-Historia da arte.
-Fotografía.-Historia da arte e da cerámica.
-Fotografía aplicada á restauración.-Historia e técnicas do libro.
-Técnicas audiovisuais.-Proxectos de arte decorativa.
-Técnicas de deseño gráfico.-Teoría e práctica do deseño.
-Técnicas gráficas industriais.-Procedementos de ilustración do libro.
-Litografía.
-Serigrafía.
-Estampación calcográfica.
-Gravado.
-Heliogravado.

8Medios informáticos: fotografía artísticaCorpo: mestres de taller de artes plásticas e deseño.Corpo: profesores de artes plásticas e deseño.

Especialidade:Especialidades:
-Deseño gráfico asistido por ordenador.-Deseño asistido por ordenador.-Técnicas de deseño gráfico.-Técnicas gráficas industriais.

4.5. Espacios e instalacións:

As condicións de espacio e instalacións que deben reuni-los centros educativos son as que fixa o Real decreto 389/1992, do 15 de abril, polo que se regulan os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas artísticas.

Para os efectos do disposto no artigo 40.1º, parágrafos k), l), m), do real decreto anteriormente citado, os módulos do presente ciclo formativo clasifícanse nos seguintes puntos:

* Teóricos:

-Teoría da imaxe.

-Historia da fotografía.

-Formación e orientación laboral.

* Teórico-prácticos:

-Expresión plástica: fotografía.

-Proxecto integrado: fotografía.

* Talleres específicos:

-Técnica fotográfica.

-Fotografía artística.

-Medios audiovisuais.

-Medios informáticos: fotografía artística.

Espacio formativoSuperficieGrao de utilización

Aula teórica 45 m30%

Aula teórico-práctica80 m 5%

Aula de medios audiovisuais30 m15%

Taller de técnica fotográfica60 m10%

Taller de fotografía artística60 m40%

4.6. Relación numérica profesor/alumno:

De conformidade co establecido no artigo 44 do Real decreto 389/1992, do 15 de abril, polo que se regulan os requisitos mínimos dos centros que impartan as ensinanzas artísticas, manterase unha relación numérica entre profesor e alumno non superior a 1/15 nos seguintes módulos: fotografía artística, técnica fotográfica e medios audiovisuais. Ó resto dos módulos aplicaráselle-la ratio máxima 1/30.

En función da dispoñibilidade de cada centro, e sempre que sexa posible, tenderase a aplica-la relación 1/15 nos módulos impartidos nas aulas teórico-prácticas.

4.7. Correspondencias:

Poderán ser obxecto de correspondencia coa práctica laboral os seguintes módulos:

* Técnica fotográfica.

* Formación e orientación laboral.

Así mesmo, poderá quedar total ou parcialmente exento da fase de formación práctica en empresas, estudios e talleres, quen acredite experiencia laboral no campo profesional directamente relacionado con este ciclo formativo.

4.8. Distribución horaria:

* Os módulos profesionais deste ciclo formativo organízanse do seguinte xeito:

Horas totaisDenominación dos módulos

1º, 2º e 3º trimestre

160Expresión plástica: fotografía

95Historia da fotografía

Horas totaisDenominación dos módulos

130Técnica fotográfica

285Fotografía artística

130Medios informáticos: fotografía artística

95Teoría da imaxe

65Horas de libre disposición

960Total

4º, 5º e 6º trimestre

240Medios audiovisuais

150Proxecto integrado: fotografía

240Fotografía artística

65Formación e orientación laboral

695Total

190Proxecto final

105Formación práctica en estudios, empresas ou talleres

295Total

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA