breiro).
Publicadas as resolucións dos días 29 de xuño de 2001 (DOG nº 132, do 9 de xullo) e do 24 de xaneiro de 2002 (DOG nº 26, do 5 de febreiro), relativas á publicación das listas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral, reguladas no artigo 12 c) do Decreto 89/1997, do 10 de abril, modificado polo Decreto 70/2000, do 31 de marzo, e correspondentes ás categorías 002 (titulado superior médico/a e outras) do grupo I, 002 (ATS/DUE e outras) do grupo II, 003 (controlador/a pecuario/a e outras), 004 (gobernante/a e outras) e 068 (pastor/a oficial 1ª e outras) do grupo III, e unha vez finalizados os prazos previstos nestas e elaboradas as listas definitivas pola Comisión Permanente de Selección de Persoal Laboral, na sesión que tivo lugar o día 14 de marzo de 2002, a Dirección Xeral da Función Pública
RESOLVE:
Primeiro.-Facer públicas as listas definitivas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral, reguladas no artigo 12 c) do Decreto 89/1997, do 10 de abril, modificado polo Decreto 70/2000, do 31 de marzo, correspondentes ás categorías 002 (titulado superior médico/a e outras) do grupo I, 002 (ATS/DUE e outras) do grupo II, 003 (controlador/a pecuario/a e outras), 004 (gobernante/a e outras) e 068 (pastor/a oficial 1ª e outras) do grupo III. As listas están expostas da forma que a continuación se indica:
Anexo I. Figuran os solicitantes incluídos na lista, con indicación da puntuación definitiva.
Anexo II. Figuran os solicitantes excluídos, coa expresión da causa de exclusión.
Segundo.-Os citados anexos encóntranse expostos nas seguintes dependencias:
-Dirección Xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.
-Servicio de Información e Atención ó Cidadán da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.
-Delegacións provinciais da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.
-Oficinas comarcais da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.
Terceiro.-A partir da data da publicación no Diario Oficial de Galicia da exposición destas listas definitivas, os solicitantes admitidos serán incluídos pola Comisión Permanente de Selección nas listas dos grupos e categorías existentes, no lugar que lles corresponda pola orde de prelación obtida, segundo o establecido na base 6.3 da Resolución do 26 de xaneiro de 2001 (Diario Oficial de Galicia nº 29, do 9 de febreiro).
Cuarto.-Contra esta resolución os interesados poderán interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, de acordo co artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Santiago de Compostela, 15 de marzo de 2002.
Belén Prado Sanjurjo
Directora xeral da Función Pública