Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Luns, 25 de marzo de 2002 Páx. 3.850

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 2002, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as relacións definitivas de aspirantes admitidos e excluídos ás probas selectivas para o ingreso no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia (grupo B), escala técnica de inspección turística.

Por Resolución do 14 de febreiro de 2002, da Dirección Xeral da Función Pública, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 38, do 21 de febreiro, apróbanse as relacións de aspirantes admitidos e excluídos ás probas selectivas para o ingreso no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia (grupo B), escala técnica de inspección turística.

Transcorrido o prazo regulamentario para a presentación de emendas relativas ás citadas relacións de admitidos e excluídos, de conformidade co establecido no artigo 12 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia na base I.4.2 das que rexen as probas selectivas convocadas pola Orde do 18 de decembro de 2001, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 250, do 28 de decembro, esta dirección xeral

RESOLVE:

Aproba-las listas definitivas de admitidos e excluídos ás probas selectivas para o ingreso no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia (grupo B), escala técnica de inspección turística.

A lista definitiva de aspirantes excluídos figura publicada como anexo a esta resolución.

As listas definitivas de aspirantes admitidos estarán expostas nos taboleiros de anuncios da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, e nos das súas delegacións provinciais, no da Delegación Territorial da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos en Vigo, e nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia.

Para efectos de información, o teléfono de contacto é o 902 12 00 12 en horarios das 9 ás 19 horas de luns a venres e das 9 ás 14 horas os sábados.

De conformidade co establecido na base I.3.1, os solicitantes excluídos disporán do prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, para solicita-la devolución dos dereitos de exame aboados, debendo consigna-lo nome, apelidos, NIF, grupo/s ós que se presentou e o número de conta, entidade bancaria e a localidade desta.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante a Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde a mesma data, de conformidade co disposto no artigo 8.2º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, en relación co artigo 10.1º do mesmo texto legal.

Santiago de Compostela, 6 de marzo de 2002.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública

ANEXO

Acceso libre

NomeDNIExclusión

Acosta González, Pablo Manuel de33297913-P20

Cela Castro, María Luisa33319730-K50

Díaz Cardo, Eva32765388-W53

Escariz Gómez, Luz33844234-X53

Ferreiro Gallego, María Jesús33313283-Z50

López Antolínez, Míriam34994058-H10,22

Morado Fernández, María Cristina33299444-K10

Moreira Díaz, María del Pilar35320142-P55

Rodríguez Paz, Begoña34873036-E22

Causas de exclusión.

10 Instancia fóra de prazo.

20 Taxas non aboadas.

22 Taxas aboadas fóra de prazo.

50 Instancia incorrecta (emendas, riscadas...).

53 Falta do DNI ou DNI incorrecto.

55 Non cumprir ou acredita-lo requisito de titulación.