Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Luns, 25 de marzo de 2002 Páx. 3.848

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 28 de febreiro de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial e calendario laboral para o ano 2002 do convenio colectivo da empresa Martesanal, S.L.

Visto o expediente da revisión salarial e calendario laboral para o ano 2002 do convenio colectivo da empresa Martesanal, S.L., que tivo entrada nesta delegación provincial o día 22-2-2002, subscrito pola comisión negociadora do convenio colectivo o día 6-2-2002, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo existente nesta delegación provincial e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo depósito do citado acordo no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 28 de febreiro de 2002.

Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

ACTA

En Lira-Carnota, ás 10 horas do día 6 de febreiro de 2002, co obxecto de realiza-la revisión salarial das táboas salariais para o ano 2002, de acordo co convenio colectivo de Martesanal, S.L. reúnense as seguintes persoas:

Pola parte social: José Domingo Ramos Pérez.

Pola parte empresarial: Pablo García Rodríguez.

Ámbalas partes recoñécense mutuamente capacidade legal para revisaren as táboas salariais do convenio colectivo de Martesanal, S.L.

Confecciónanse as novas táboas salariais para o ano 2002, aplicando o criterio establecido no artigo 30 do convenio, as cales se xuntan como anexo I a esta acta; así como o calendario laboral para 2002 como anexo II.

Así mesmo, acórdase autorizar a José Domingo Ramos Pérez para a presentación e rexistro das táboas salariais.

Sen máis asuntos que tratar, levántase a reunión no lugar e data sinalados, asinando esta acta en proba de conformidade con ela.

ANEXO I

Táboa salarial 2002

Martesanal, S.L.

CategoríaSalario

bruto anual

Salario base

mensual

(15 pagas)

Valor hora

extra

Complem.

asistencia

ptas./mes

-Producción
Subalternos9.586,32639,099,4042,87
Oficial 3ª10.441,45696,1010,24(x12 meses)
Oficial 2ª11.177,33745,1610,96
Oficial 1ª11.933,08795,5411,71
Encargado 2ª12.231,47815,4312,00
Encargado 1ª14.528,61968,5714,25
Vixilante14.536,14969,0814,26
Técnico18.376,031.225,0718,03
Técnico superior30.658,072.043,8730,07

-Administración
Auxiliares9.586,32639,099,40
Oficial 3ª10.938,62729,2410,73
Oficial 2ª12.231,48815,4312,00
Oficial 1ª13.922,01928,1313,66
Técnico superior24.468,671.631,2424,00

Gardas de sábados, domingos e festivos 36,61 Compl. dispoñibilidade 9,82

Garda permanente 108,79

ANEXO II

Calendario laboral 2002

Martesanal, S.L.

MesFestivosVacaciónsDías

totais

trab. ano

H. totais

traballo

ano

H. traballo

ano segundo

convenio

Diferencia

horas anuais

horas convenio

Xaneiro1
Febreiro302271.8161.784+32
Marzo19,28,29
Abrildíasdíashorashorashoras
Maio1,17
Xuñonaturais
Xullo25
Agosto15
Setembro
Outubro12
Novembro1
Decembro6,25

+2 festivos

locais