Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Luns, 25 de marzo de 2002 Páx. 3.835

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 1 de febreiro de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa SGL Carbón, S.A.

Visto o expediente do convenio colectivo da empresa SGL Carbón, S.A. (código convenio 1500702), que tivo entrada nesta delegación provincial o día 15-1-2002 (e que foi completado con data do 30-1-2002), subscrito en representación da parte económica polos representantes da empresa SGL Carbón, S.A., e da parte social polo comité de empresa o día 6-11-2001, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado

á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo depósito do citado acordo no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 1 de febreiro de 2002.

P.S. (Decreto 161/2000, do 29 de xuño)

Ana Lado Eiriz

Secretaria provincial da Coruña

Capítulo I

Obxectivo e ámbito

Artigo 1º.-Obxectivo do convenio.

Este convenio colectivo ten por finalidade regula-las relacións socioeconómicas entre a empresa SGL Carbón, S.A. da Coruña e os seus traballadores.

Artigo 2º.-Ámbito persoal.

As normas deste convenio regulan as relacións de traballo do persoal de SGL Carbón, S.A. da Coruña, que con carácter fixo ou eventual presten os seus servicios no dito centro.

A aquelas persoas coas que a empresa pactara ou pacte condicións especiais non as afectará este convenio, sempre que ocupen cargos a partir de TGM inclusive, reservándose a tales persoas en todo momento o dereito de acollerse por tódolos efectos ó ámbito persoal deste convenio.

Para as situacións ou circunstancias non previstas neste convenio serán de aplicación as normas e leis vixentes.

Capítulo II

Vixencia e garantías

Artigo 3º.-Vixencia.

Este convenio entrará en vigor o 1 de xaneiro de 2001 e a súa vixencia é de dous anos, sendo prorrogado tacitamente por períodos anuais todo o seu contido, se calquera das partes non o denunciara con antelación dun mes como mínimo á data de expiración do convenio ou de calquera das súas prórrogas, salvo os aspectos salariais que serán obxecto de negociación anualmente.

Manterase ata que sexa substituído por outro convenio.

Artigo 4º.-Vinculación á totalidade.

Este convenio apróbase en consideración á integridade das prestacións e contraprestacións así como a tódalas condicións establecidas no conxunto do seu articulado.

Por conseguinte, calquera alteración que se produza por anulación ou modificación dunha ou varias das partes do convenio ou como consecuencia da actuación de organismos oficiais e/ou xurisdiccionais nos trámites de aprobación, daría lugar á revisión total do convenio, co fin de consideralo integramente e mante-lo equilibrio do seu contido obrigacional.

Artigo 5º.-Garantía ad personam.

Respectaranse as situacións persoais que en concepto de percepcións de calquera clase no seu conxunto sexan máis beneficiosas que as fixadas neste convenio, manténdose estrictamente ad personam.

Artigo 6º.-Rendemento.

Para consegui-las melloras que neste convenio se estipulan, cómpre, e así o programamos e convimos, mellora-la productividade da empresa, sobre a base da cal se determinan as melloras salariais e de todo tipo.

Capítulo III

Organización do traballo

Artigo 7º.-Definición e principios xerais.

A organización do traballo ten como dobre obxectivo alcanzar uns niveis óptimos de productividade e de condicións de traballo e emprego na empresa, baseado nunha adecuada xestión e utilización dos recursos humanos e materiais. Dobre obxectivo que se entenden inseparables.

A facultade e responsabilidade da organización do traballo e avaliación da producción corresponden á dirección.

Tratarase de chegar a un consenso e, cando sexa necesario o acordo dos representantes dos traballadores, seguiranse as normas establecidas para estes efectos na comisión mixta paritaria.

Artigo 8º.-Mobilidade funcional.

Por mobilidade funcional enténdense aqueles cambios dentro do mesmo grupo profesional, sempre que supoñan cambio de quenda ou cadro horario.

Non se poderá facer ningún tipo de mobilidade que supoña o cambio de operario de oficio a operario especialista, salvo que sexa por mutuo acordo entre as partes. Cando a mobilidade sexa temporal percibirase a prima de desprazamento e mobilidade.

Artigo 9º.-Grupos profesionais.

O persoal afectado polo presente convenio clasificarase de acordo cos seguintes grupos profesionais:

I. Técnicos.

Superiores.

Medios.

Non titulados.

II. Empregados de oficina.

Delineante.

Analistas laboratorio.

Auxiliares laboratorio.

Administrativos.

Auxiliares administrativos.

Telefonista.

Subalternos.

III. Operarios.

De oficio.

Especialistas.

Criterios xerais e funcións no anexo XVII.

Artigo 10º.-Mobilidade por diminución da capacidade física do productor.

Nos casos en que fose necesario efectuar mobilidade do persoal en razón da capacidade diminuída e cando tivese a súa orixe nalgunha enfermidade común, accidente de traballo ou desgaste físico natural como consecuencia dos anos de servicio, SGL procurará adaptar, na medida do posible a este persoal, antes da xubilación ou retiro, destinándoo a traballos adecuados ás súas condicións.

Artigo 11º.-Desprazamento.

Enténdese por desprazamento cando se despraza temporalmente a un ou a varios traballadores dentro da súa quenda habitual, a outra sección que non sexa na que presta os seus servicios normalmente.

Cando sexa posible tratarase de face-los desprazamentos de forma rotativa, entre os traballadores da sección.

Artigo 12º.-Voluntariedade.

Cando a mobilidade ou o desprazamento afecte a un posto no que existan varios traballadores nas mesmas condicións, considerarase a voluntariedade para efectua-lo dito cambio.

Artigo 13º.-Valoración do posto de traballo.

De estar establecida ou establecerse unha valoración de postos de traballo, a súa aplicación realizarase tendo en conta as seguintes condicións:

a) Non prexudicará nin economicamente nin a categoría actual das persoas.

b) Non se aumentará o número actual de categorías, pero si será negociable a reducción destas.

c) O comité de valoración é paritario e tódolos seus membros participan en plano de igualdade.

d) A participación da valoración será negociada co comité de empresa.

e) Non se aplicará o resultado da dita valoración de postos de traballo se non hai acordo entre as dúas partes (dirección e traballadores).

Artigo 14º.-Ascenso por tempo de servicio.

Os peóns e auxiliares administrativos cando leven nas súas respectivas categorías un período de catro anos, pasarán á categoría inmediata superior, percibindo as retribucións correspondentes a esta, aínda que non supoña cambio de posto de traballo.

Artigo 15º.-Traballos de categoría superior.

Cando un traballador realice traballos de categoría superior cobrará os emolumentos do posto que ocupe durante o tempo que permaneza nel. Se estes traballos os realiza durante un período de catro meses consecutivos ou oito alternos no período de dous anos, ascenderá á categoría do posto referido, excluíndo as substitucións por servicio militar, enfermidade, accidentes de traballo, permisos de ocupación de cargos públicos ou de representación sindical.

Artigo 16º.-Funcións do coordinador.

Coordinador pode ser calquera traballador desta empresa que voluntariamente acepte esta función.

Coordinador non é unha categoría, é unha función que se engade ás do posto do traballador que o exerce.

O coordinador é nomeado pola dirección por propia iniciativa ou por proposta dos traballadores da sección correspondente.

O coordinador distribuirá o traballo de acordo coas ordes recibidas, asinará os vales de almacén e as ordes de traballo para o desenvolvemento normal do traballo da súa quenda. Comunicaralle ó servicio de mantemento calquera anomalía, ou avaría que poida altera-lo traballo normal da súa quenda. Comunicaralle ó compañeiro que o releve as incidencias e informacións necesarias para a continuidade do traballo normal. No caso de que se produza algunha situación que poida altera-lo normal funcionamento do traballo, comunicarallo ó seu xefe.

Capítulo IV

Xornada laboral

Artigo 17º.-Xornada de traballo.

A xornada en cómputo anual será de 1.752 horas para o ano 2001 e 1.744 para o ano 2002 excepto para os traballadores a tres quendas, que será 1.736 e 1.728 respectivamente.

Os técnicos e administrativos que desfruten a xornada reducida de verán farano desde o 1 de xuño ata o 30 setembro, ambos inclusive.

A xornada máxima diaria será de 8 horas, salvo para os técnicos e administrativos que desfruten a xornada reducida de verán.

Os traballadores que o fan a quendas terán 30 minutos de descanso na súa xornada diaria, e computarase como tempo efectivo de traballo.

O descanso entre xornada e xornada será como mínimo de 12 horas.

Os traballadores que o fan a quenda normal, ou xornada partida, traballarán sábados alternos, en xornada de mañá de 5 horas.

Artigo 18º.-Fixación de horarios e quendas.

A fixación dos horarios de traballo e calendario laboral establecerase dentro do mes de decembro, acordando para tal efecto o comité de empresa e a dirección desta, de acordo coa lexislación vixente. De non haber acordo procederase segundo o establecido na comisión mixta paritaria.

A empresa comprométese a programa-la producción tendendo a respectar ó máximo o descanso dominical dos traballadores.

Os cadros de horarios dos traballadores que o fan a quendas farase de forma que como máximo traballen 7 días seguidos.

Artigo 19º.-Duración das vacacións.

Todo o persoal afectado por este convenio desfrutará dun período de vacacións de vinteseis (26) días laborables, salvo os que traballen en tres quendas que terán vinteoito (28) días laborables.

Os traballadores que o fagan polo menos 8 meses a tres quendas terán dereito ós 28 días de vacacións; e os que polo menos o fagan 4 meses terán dereito a 27 días.

Poderán desfrutar durante o ano e preferentemente en verán, sempre que as necesidades do servicio o permitan.

As vacacións deberán ser tomadas sempre por días completos. O período de vacacións poderá fraccionarse cando o responsable da sección e os afectados ou interesados así o acorden, ben en atención a necesidades urxentes do servicio, ben por requirimento destes.

O cadro de distribución de vacacións exporase dentro do primeiro trimestre do ano.

En caso de parada non programada, o persoal afecto a este deberá tomar vacacións anuais conxuntamente, quedando sen efecto o establecido no cadro de distribución de vacacións correspondente a ese taller.

As vacacións anuais non poderán ser compensadas economicamente.

Artigo 20º.-Rotación do período de vacacións.

O cadro anual de vacacións elaborarase utilizando un sistema rotatorio para a preferencia de elección destas.

Capítulo V

Condicións económicas

Artigo 21º.-Estructura salarial.

A estructura de retribucións deste convenio represéntase e defínese esquematicamente na forma seguinte:

Conceptos de carácter xeral.

-Salario ou soldo segundo categorías.

-Retribución de vacacións.

-Pagas extraordinarias.

Complemento de salario.

-Antigüidade.

-Prima de asiduidade.

-Prima de traballo nocturno.

-Prima de traballos penosos.

-Prima de quenda.

-Prima de domingos e festivos.

-Horas extraordinarias.

-Complemento de distancia.

-Prima de carencia de incentivo.

-Prima por mobilidade e desprazamento.

-Prima de coordinador.

Artigo 22º.-Pagas extraordinarias.

As gratificacións de xuño e decembro serán, para todo o persoal, dunha contía equivalente a unha mensualidade de xornal base+ antigüidade. Os operarios terán ademais un complemento por paga segundo anexo I.

Aboarase a de xuño, conxuntamente coa retribución do mes e a de decembro o día 16 deste, rateándose cada unha delas por semestres do ano en que se outorgan.

Paga de convenio.

Anualmente aboarase unha paga de convenio que se fará efectiva na primeira nómina seguinte á sinatura do convenio. A contía estipúlase no anexo II.

Terá dereito á percepción desta paga toda persoa que pertenza ó cadro de persoal da sociedade no momento da sinatura do convenio.

Artigo 23º.-Antigüidade.

Como premio á vinculación coa empresa tódolos traballadores terán dereito a percibir un incremento de antigüidade por cada 5 anos de servicio na empresa, computados da forma que se indica a continuación.

Data inicial do cómputo.

Para a concesión do premio de antigüidade computarase para tódolos productores, obreiros e empregados como data inicial, a do seu ingreso na empresa.

Tempo computado.

Para os efectos deste premio de antigüidade terase en conta todo o tempo de servicio na empresa, calquera que fora o grupo profesional ou categoría laboral en que estivera encadrado, considerándose como tempo de servicio.

Tódolos meses e días nos que o traballador percibira un salario ou unha remuneración ben sexa

por servicio prestado no centro de traballo da empresa, ben sexa por vacacións, licencias, accidentes de traballo ou enfermidade.

Contía e número.

A contía que se vai cobrar por cada quinquenio a partir do 1º de xaneiro de 2001 será para tódalas categorías a establecida no anexo III.

Data de devengo

Os aumentos periódicos por antigüidade (quinquenio) comezarán a devengarse a partir do día en que se cumpran.

Artigo 24º.-Prima de asiduidade.

1. Aplícase ó persoal obreiro.

2. A prima baséase na presencia efectiva no traballo durante a totalidade do horario previsto

Non se paga en caso de:

-Días de descanso.

-Horarios incompletos.

-Permisos non pagados.

-Ausencias non autorizadas.

3. O importe desta prima será de acordo co anexo IV.

4. A prima de asiduidade págase a fin de mes.

5. A prima será suprimida por mes completo en cada un dos casos seguintes:

5.1. Dous días ou catro medias xornadas de ausencia no mes: por razón de ausencia non xustificada.

5.2. 4 chegadas con atraso no mes. Tanto se se chega con atraso como se se sae prematuramente. Serán consideradas como atraso as paradas de traballo inxustificadas durante o horario normal.

Artigo 25º.-Prima de traballo nocturno.

Considérase traballo nocturno o realizado entre as 22 horas e as 6 horas. A contía desta prima será segundo o anexo V.

Artigo 26º.-Traballo penoso.

A prima de traballo penoso será aplicada ó persoal asalariado de tódalas seccións de fábrica de acordo co anexo VI.

Artigo 27º.-Prima de quenda.

De acordo coa contía establecida e condicións que figuren na táboa anexo VII.

Artigo 28º.-Prima de domingos e festivos.

Esta prima queda establecida para todo traballador de SGL ata o nivel de encargado de quenda, inclusive. A contía establecida no anexo VIII será por día de permanencia, durante o período comprendido entre as seis horas de cada domingo e festivo e as seis horas do día seguinte. Extensiva ás quendas de sábado tarde, por un importe do 50% e sábado

noite por un importe do 100% da do domingo e festivo.

Artigo 29º.-Prima por mobilidade e desprazamento.

Esta prima percibirase durante os días que estea no novo posto, nos casos seguintes:

a) Por desprazamento.

b) Por mobilidade funcional.

Enténdese por mobilidade funcional temporal aquela mobilidade que supoña unha permanencia no novo posto inferior a un ano natural.

A súa contía figura no anexo IX.

Artigo 30º.-Prima de coordinador.

O importe desta prima será o 20% do salario base de especialista G13.

Artigo 31º.-Horas extras.

Non se poderán realizar máis de 80 horas/home/ano. Só se poderán cobrar 50 horas/ano, o resto compensaranse en tempo, aplicando a seguinte táboa:

Hora extra normal1 hora e 15 minutos

Hora extra nocturna1 hora e 30 minutos

Hora extra sábado pola tarde1 hora e 45 minutos

Hora extra sábado pola noite, domingo ou festivo2 horas

Cando por razóns de avaría ou reparación sexa necesario realizalas e se esgotara o máximo autorizado, as horas compensaranse en descanso, aplicando a proporción segundo a táboa arriba indicada.

Artigo 32º.-Prima de carencia de incentivo.

O persoal que non teña dereito a percibir ningunha prima ou incentivo e os encargados que fagan quendas, percibirán a final de cada ano unha prima por carencia de incentivos, que para un IPC igual ou maior ó nove por cento (9) oscilará entre o seis (6) e oito (8) por cento da súa remuneración base anual máis antigüidade. Cando o IPC sexa inferior ó nove por cento (9), a oscilación por debaixo do oito por cento (8) será proporcional. (Exemplo: IPC 0,5% a oscilación será entre 6,9 e 8).

Artigo 33º.-Retribución de vacacións.

A retribución de vacacións farase segundo o salario real, que inclúe os seguintes conceptos:

1. Salario base.

2. Antigüidade.

3. Asiduidade.

4. Prima de quenda.

5. Traballo penoso.

6. Traballo nocturno.

7. Domingos e festivos.

Destas primas aboaranse as que se cobrarían no caso de actividade nese mesmo período.

Todo traballador que o solicite poderá cobrar anticipadamente unha cantidade equivalente ó seu salario ou soldo o día anterior ó comezo ou desfrute destas.

Artigo 34º.-Vacacións fóra do período estival.

O desfrute de vacacións fóra do período comprendido entre o 16 de xuño e o 15 de setembro, ambos inclusive, gratificarase coa cantidade establecida no anexo XI, para todo aquel que alomenos desfrute de 24 días, non necesariamente consecutivos, fóra do dito período.

No suposto de estar durante o ano máis de 6 meses en situación de ILT non procederá a gratificación establecida no parágrafo anterior.

Capítulo VI

Contratación

Artigo 35º.-Reserva do posto de traballo.

Os traballadores que cesaran na empresa por pasar á situación de invalidez provisional e no suposto de que sexan declarados aptos expresamente para o seu posto habitual de traballo, terán dereito a ser readmitidos nel; nos demais supostos aplicarase o regulado no artigo 10º, alínea d) para diminución de capacidade física.

Será preciso que o traballador o solicite da empresa dentro da semana seguinte á declaración de aptitude, quedando a empresa obrigada a proporcionarlle ocupación efectiva no prazo máximo de 15 días seguintes na data na que o traballador formulase a súa petición de ingreso. Se non o fixese así, quedará liberado da obriga de reserva do posto de traballo.

Artigo 36º.-Ocupación de novo posto ou vacante.

As vacantes e postos de nova creación serán anunciados ó persoal con indicación das calidades requiridas e sistema de selección. Entregaráselle a cada aspirante un temario sobre a materia, cunha antelación mínima de 15 días, agás que o posto deba de cubrirse inmediatamente, para que quen se considere apto, poida solicitalas e participar no concurso de coñecementos, aptitudes e capacidades persoais. O productor que sexa designado para o novo posto demostrará a súa adaptación a este en calidade de proba, podendo rexeitar voluntariamente, e no caso de non supera-la proba, poderá recupera-lo seu antigo posto de traballo. Realizarase o cambio de categoría de servicio no caso positivo unha vez transcorrido un mes, logo do acordo co interesado.

No caso de que se tome persoal do exterior, e de entre os solicitantes figure un ou máis orfos, fillos, viúvas ou irmáns de traballadores de SGL, estes terán e por esta orde, preferencia para acceder ó posto de traballo en igualdade de condicións con outros solicitantes.

Do establecido neste artigo, quedan exceptuados os postos que impliquen mando. Cumprirase en todo momento a normativa de emprego.

Na comisión de selección haberá un membro do comité.

Normas para a contratación de traballadores cun contrato temporal.

a) Admitiranse tódalas solicitudes (entregadas no prazo de inscrición).

b) O prazo de inscrición anunciarase cunha antelación de alomenos 4 días laborables.

c) Terán dereito a exame 10 aspirantes por cada posto que se vaia cubrir, que serán elixidos por sorteo de entre tódalas solicitudes presentadas.

d) En condicións de igualdade, terán preferencia na seguinte orde: 1º parados (inscritos no paro) e 2º fillos de traballadores.

e) As probas serán válidas durante 3 meses.

f) Publicarase nos taboleiros de anuncios o resultado das probas.

g) Os examinados poderán ve-los seus exames.

Artigo 37º.-Contrato de aprendizaxe.

Farase de acordo coa lexislación vixente.

Antes de facer un contrato de aprendizaxe, acordarase co comité un plan de formación que será para un oficio, podendo formalo ademais como especialista. O soldo ou salario será o mínimo interprofesional.

Artigo 38º.-Contrato en prácticas.

Farase de acordo coa lexislación vixente.

O soldo ou salario será o 80% do do convenio no primeiro ano, e o 90% no segundo ano.

Informarase o comité antes da súa contratación.

Artigo 39º.-Contratos de posta á disposición.

Anualmente fixaranse os postos ou funcións para os cales se pode recorrer a este tipo de contratos.

Artigo 40º.-Extinción de contratos.

Se SGL Carbón, S.A. propuxese expediente de extinción de contratos, a dirección desta fará entrega ós representantes dos traballadores da documentación necesaria para a axeitada valoración da situación alegada; ademais dos datos económicos presentarase un plan industrial de viabilidade.

Este expediente será negociado cos representantes dos traballadores e os seus asesores durante un tempo de trinta días naturais, podendo recorrer dentro deste prazo á mediación, antes de acudir á xurisdicción competente. A dirección da empresa respectará as resolucións dos xuíces, dándoas por válidas.

Artigo 41º.-Período de proba.

O ingreso entenderase provisional mentres non se cumprise o período de proba que, para cada grupo profesional, se especifica a continuación:

a) Empregados titulados: 4 meses.

b) Empregados técnicos non titulados: 2 meses.

c) Empregados administrativos, empregados subalternos, operarios de oficio e operarios especialistas: 15 días.

Só se entenderá que o traballador está sometido a período de proba se así consta expresamente por escrito.

Capítulo VII

Promoción profesional

Artigo 42º.-Principios xerais.

Os traballadores vinculados polo presente convenio terán dereito á promoción profesional e económica dentro da empresa, e a que esta se regule garantindo os principios constitucionais de igualdade de trato e non-discriminación, polo que non se poderán aplicar criterios e/ou condicións que exclúan a ningún colectivo, agás os determinados pola función profesional.

En todo caso terase en conta a formación, os méritos, a antigüidade, así como as facultades organizativas do empresario.

Artigo 43º.-Sistema e procedemento.

A dirección da empresa e os representantes dos traballadores establecerán, de mutuo acordo, o procedemento necesario para garantir este dereito, polo que se establecerán como mínimo as seguintes condicións:

1. Nivel de coñecementos para cada posto e categoría, adaptados ás necesidades reais deste.

2. Probas de aptitudes adaptadas ós niveis profesionais do posto a que se concurse.

3. Valoraranse os cursos de formación ós que se asistise, con resultado satisfactorio.

Capítulo VIII

Formación

Artigo 44º.-Principios xerais.

Co obxecto de consegui-lo desenvolvemento persoal e profesional dos traballadores, unha maior eficacia económica que mellore a competitividade da empresa e a adaptación ós cambios motivados tanto polo proceso de innovación tecnolóxica como novas formas de organización do traballo, promoverase a formación continua dos traballadores.

Artigo 45º.-Planificación e financiamento.

Cada ano a dirección e os representantes dos traballadores elaboran un plan de formación, o cal terá en conta as necesidades presentes e futuras da empresa e terán en conta as propostas dos traballadores encamiñadas a satisface-las necesidades presentes e futuras da empresa.

A dirección e os representantes dos traballadores aproveitarán ó máximo as posibles subvencións que para este fin poidan da-los distintos organismos, e

a dirección orzará unha partida anualmente que complementará as achegas recibidas.

Artigo 46º.-Promoción de estudios profesionais.

Calquera traballador fixo de SGL Carbón, S.A. que desexe realizar estudios profesionais ou técnicos, relacionados coas necesidades presentes ou futuras da empresa, terá dereito a que a sociedade lle aboe o 75% do custo total dos ditos estudios.

A insuficiencia académica durante dous anos consecutivos é causa suficiente para suprimir esta axuda.

Capítulo IX

Permisos

Artigo 47º.-Licencias retribuídas.

Ós traballadores que o soliciten e logo da xustificación das súas necesidades, seranlles concedidas licencias sen perda de retribución polos motivos seguintes:

-Por matrimonio, quince días naturais, no caso de que un dos contraentes sexa o propio traballador e un día natural, no caso de que algún dos contraentes sexa familiar en liña directa.

-Por nacemento de fillos, 3 días laborables, podéndose ampliar ata 3 máis naturais, no caso de complicacións de parto debidamente xustificadas.

-Por enfermidade grave ou morte de pais, irmáns, avós, fillos e cónxuxe, 3 días naturais que poderían ampliarse ata 1 día máis, cando o traballador necesite efectuar un desprazamento para o efecto.

-Por intervención cirúrxica:

-1 día de permiso por calquera intervención. Se dentro das 24 horas sobrevén unha gravidade completarase o permiso con dous días máis.

Se despois de efectuada a dita intervención sobrevén unha gravidade, desfrutarían os tres días a pesar de ter desfrutado o primeiro por unha intervención que non parecía revestir esa gravidade.

-3 días de permiso se a intervención se efectúa con anestesia xeral.

Estes permisos faranse extensibles para os familiares políticos anteriormente citados. No caso de parellas de feito xustificarase con certificado de convivencia.

-Por falecemento de tíos carnais: 1 día natural.

-1 día por falecemento de netos.

-Por traslado do seu domicilio habitual: 2 días.

-Polo tempo necesario para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal.

-Polo tempo necesario nos casos de asistencia a consulta médica de especialistas, cando coincidindo o horario de consulta co de traballo estea prescrita esa consulta polo facultativo de medicina xeral da Seguridade Social, debendo presentarlle previamente o traballador ó empresario o volante xustificativo

da referida prescrición médica. Nos demais casos, ata o límite de dezaseis horas ó ano.

-En canto ó período de baixa por parto, aplicarase o que determina a lei.

Estes permisos, en todo o caso, non terán ningunha relación co desfrute das vacacións anuais.

Artigo 48º.-Licencias especiais.

Os traballadores poderán solicitar, sen dereito a ningunha retribución, dúas licencias especiais ó ano, que non deberán exceder normalmente de dez días entre ámbalas dúas, sen que supoña unha exclusión do cómputo de antigüidade, sendo facultade da empresa a súa concesión.

Artigo 49º.-Excedencia.

Poderán solicitar excedencia aqueles traballadores con antigüidade na empresa de alomenos un ano. A petición formularase por escrito debendo de ser resolta ós 15 días da súa formulación. O comité de empresa tramitará perante a dirección tódalas peticións de excedencia. A concesión destas farase de acordo co artigo 46 do ET.

A comisión mixta estudiará cada caso das solicitudes de excedencia que o sexan con motivo de atención a familiares a cargo ata o primeiro grao de consanguinidade ou afinidade.

Capítulo X

Prestacións complementarias

Artigo 50º.-Enfermidade ou accidente.

Tódolos traballadores suxeitos ó presente convenio, que se atopen en situación de baixa por enfermidade ou accidente, percibirán con cargo á empresa a compensación económica necesaria, co fin de percibi-lo cento por cento (100%) do seu salario real, definido este no artigo 33º, agás prima de domingos e festivos, sempre que o médico de empresa corrobore a baixa, para o cal poderá efectua-las visitas domiciliarias que considere oportunas. A dita compensación farase efectiva dentro dos catro primeiros días hábiles de cada mes.

Para efectos de facilita-la corroboración por parte do médico da empresa, e co fin de que poida dispoñer de datos obxectivos para iso, o traballador que se atope de baixa deberá presentarse no servicio médico os mércores ou xoves, sempre que a súa enfermidade ou accidente llo permita.

O servicio médico de empresa fixará a frecuencia das sucesivas visitas de acordo co diagnóstico.

Artigo 51º.-Axuda de estudios.

Tódolos traballadores percibirán unha axuda de estudios por cada fillo, sen facer excepción daqueles que o fagan en academias ou centros non oficiais recoñecidos polo ministerio do ramo.

SGL Carbón, S.A. procurará no posible estende-la axuda de estudios para orfos de productores no caso de necesidade manifesta.

Os importes establécense no anexo XII.

Sobre as cantidades que correspondan segundo o anexo XII, como topes máximos, aplicarase un coeficiente corrector, segundo o número de fillos que perciban axudas de estudios, de acordo coa seguinte táboa:

Nº de fillosCoeficiente

11

21,15

31,30

41,45

51,60

61,75

71,90

8 ou máis2

As axudas concedidas satisfaranse no mes de setembro e serán percibidas, polos que cumpren os requisitos, tendo en conta os resultados académicos do ano anterior, agás no primeiro ano de cada ciclo.

Perderase este dereito:

-Por pasa-lo fillo a idade de 30 anos.

-Por non poder demostra-la dependencia económica.

-Por ser titulado superior.

Por outra banda, percibirase a axuda de estudios cando, despois de rematar unha carreira universitaria de ciclo curto, se curse outra carreira universitaria ou técnica superior.

-Por insuficiencia académica durante dous cursos consecutivos en COU, FP, e BUP.

-Por insuficiencia académica, en estudios universitarios ou técnicos superiores e en estudios universitarios de ciclo curto, de acordo cos seguintes criterios:

-Non aprobar alomenos 1 materia o primeiro ano.

-Non aprobar alomenos 3 materias no segundo ano.

-Non aprobar, alomenos, o número medio de materias que resulte de dividi-lo número total de materias da carreira entre o número de anos de duración media que figuran na táboa seguinte, a partir do terceiro ano.

Cando o número de materias aprobadas nun ano sexa inferior ó mínimo sinalado nos parágrafos anteriores, teranse en conta as materias aprobadas e o número de anos transcorridos desde o comezo da carreira.

-Excede-lo número de anos de duración media que para cada carreira figuran na táboa sinalada.

-Por cambiar máis dunha vez de carreira, non computándose como cambio o abandono doutros estudios realizados en espera de obter praza na facultade elixida, se se lle comunicou inicialmente á sociedade.

Cando se cambie de carreira despois do segundo ano, computarase ese tempo como se estivese matriculado na nova carreira que inicia.

Recuperarase este dereito cando se cumpran de novo as condicións establecidas.

As normas sobre insuficiencia académica non serán de aplicación ós fillos con minusvalidez psíquica que se matriculen en centros escolares ou ocupacionais.

Os casos extraordinarios que puideran presentarse serán sometidos á decisión da comisión mixta.

Táboa de duración de carreiras

CursosDuración media

España

Duración media

SGL Carbón, S.A.

Xeografía-Historia55,337
Filosofía55,337
Belas Artes44,766
Mestre EXB33,434
Dereito55,577
Económicas55,367
Políticas55,798
C. Información55,19
Empresariais34,085
Traballo Social33,505
Química55,507
Física55,778
Matemáticas56,238
Bioloxía55,127
Xeoloxía55,207
Veterinaria55,888
Farmacia56,008
Medicina66,478
Enfermería33,204
ES Industrial66,699
ES Telecomunicacións66,298
ES Agrónomo55,507
ES Camiños67,209
ES Arquitectura

Informática

66,879
EU Óptica
EU Industrial34,286
EU Telecomunicacións34,085
EU Agrícola34,115
EU Arquitectura34,756
EU Informática34,676
EU Obras Públicas34,005
EU Topografía33,334
EU Minas34,566
EU Forestal33,505

Artigo 52º.-Premio extraordinario por anos de servicio.

A partir da entrada en vigor do presente convenio, 1 de xaneiro de 2001, e durante o período da súa vixencia, premiarase a permanencia na empresa da seguinte forma:

-Ó persoal que cumpra 20 anos de servicio, medalla de bronce e dúas mensualidades para os empregados ou 60 días para os obreiros.

-Ó persoal que cumpra 30 anos de servicio, medalla de prata e tres mensualidades para os empregados ou 90 días para os obreiros.

-Ó persoal que cumpra 40 anos de servicio, medalla de ouro e 4 mensualidades para os empregados ou 120 días para os obreiros.

Considérase base para o cálculo destes premios extraordinarios o conxunto de conceptos retribuídos que integran o artigo 33º (agás prima de domingos e festivos).

Exemplo: 20 anos, 2/12 da remuneración teórica anual.

Devengarase no mes natural no que se cumpran os anos de servicio especificados.

Artigo 53º.-Comedor.

A empresa manterá un comedor para uso dos seus productores, será ó seu cargo a nómina do persoal necesario, a instalación e mantemento, participando o traballador no 50% do custo dos artigos alimenticios empregados na elaboración da comida.

Por proposta do comité de empresa e coa aceptación do persoal, nomearase un delegado de comedor, sendo a súa misión a vixilancia da calidade, cantidade e custo das comidas. Tamén se ocupará do establecemento dos menús, para o que deberá contar coa colaboración voluntaria do persoal.

Prolongarase o tempo de servicio do comedor ata as 14 horas 15 minutos para todo o persoal que excepcionalmente se vexa obrigado a comer na fábrica.

Artigo 54º.-Roupa de traballo.

SGL Carbón, S.A. facilitará anualmente dúas fundas de boa calidade, dúas toallas e ó persoal subalterno un traxe cada ano, así como un complemento en metálico en concepto de axuda para a adquisición doutras pezas de roupa de traballo e lavandería, que se establece no anexo XIII e que se farán efectivas na nómina do mes de maio.

Unha cazadora cada catro anos.

Artigo 55º.-Préstamos para adquisición de vivenda fogar.

Todo traballador de SGL poderá solicita-la concesión dun crédito de ata 2.376.000 pesetas/14.280,05 euros, por unha soa vez ata a súa amortización, ó 1,5% de xuro e para amortizar en 7 anos e deberá solicitarse antes do 30 de xuño.

No ano concederanse como máximo dez (10) préstamos, cando non se concedan máis de cinco (5) estes poderán ser do dobre da cantidade establecida tendo en conta que o saldo vivo non superase 40 millóns de pesetas/240.404,9 euros.

No caso de enfermidade grave xustificada debidamente de pais, fillos ou cónxuxe, terá dereito ó mesmo crédito sen xuro e co mesmo prazo de amortización.

Artigo 56º.-Seguro colectivo de vida.

SGL ten establecido un seguro colectivo de vida coa compañía de seguros Alianz para todo o cadro

de persoal fixo. Terase dereito a este seguro a partir do momento do ingreso en SGL. As condicións serán as seguintes:

1. Pagamento dun capital de 2.900.000 pesetas (dous millóns novecentas mil) 17.429,36 euros, no caso de que o asegurado faleza durante a vixencia da póliza.

2. Pagamento anticipado de capital garantido para casos de falecemento, se o asegurado resulta afectado de invalidez absoluta e permanente.

3. Pagamento doutro capital igual ó garantido para casos de falecemento, se o asegurado morre a causa de accidente, 5.800.000 pesetas (cinco millóns oitocentas mil) 34.858,71 euros.

Ademais do establecido no parágrafo anterior, SGL ten contratado outro seguro coa compañía AXA, garantindo os capitais seguintes no caso de falecemento ou de incapacidade profesional total e permanente do asegurado.

SalariosCapital base

De 1.000.000 a 2.000.0005.840.000 ptas./35.099,11 euros.

De 2.000.001 a 3.000.0008.136.000 ptas./48.898,35 euros.

De 3.000.001 a 4.000.00011.351.000 ptas./68.220,89 euros.

O capital asegurado será dobre en caso de invalidez profesional por accidentes ou morte por accidente e triple no caso de falecemento por accidente de circulación.

Os capitais base incrementaranse en 676.000 pesetas/4.062,84 euros por cada fillo menor de 18 anos, cun máximo de 6 fillos para os empregados que teñan un salario igual ou inferior a 3.900.000 pesetas/23.439,48 euros, limitándose a 4 fillos cando supere os 3.900.000 pesetas /23.439,48 euros.

Artigo 57º.-Prestacións complementarias.

SGL Carbón, S.A., da Coruña aboaralles ós seus traballadores unha paga anual como complemento para a súa xubilación.

A contía será igual ó 16% da diferencia entre o seu soldo ou salario anual e a base da Seguridade Social.

Esta diferencia non excederá o límite de 2 veces o tope da Seguridade Social do seu grupo de tarifa.

Computaranse para estes efectos os conceptos ordinarios da estructura salarial (artigo 21º).

Cando a diferencia resultante sexa negativa ou máis pequena cá do ano anterior, a achega será a do ano anterior incrementada no IPC correspondente ó dito ano.

Cando se contrate un traballador a achega (no suposto de diferencia negativa) será igual como mínimo á que perciba outro traballador de igual categoría ou similar.

Capítulo XI

Dereitos sindicais

Artigo 58º.-Principios xerais.

O comité de empresa terá as competencias e dereitos que regula o artigo 64 do Estatuto dos traballadores, como Lei orgánica de liberdade sindical, así como as especificamente definidas no presente convenio. Igualmente se recoñece a capacidade de interlocución e representación das seccións sindicais constituídas de acordo co presente convenio.

Artigo 59º.-Asembleas.

A empresa autorizará a realización de 2 asembleas retribuídas en horas de traballo, de 2 horas de duración cada unha, para informar sobre o anteproxecto e outra para someter á súa ratificación o convenio aprobado pola comisión negociadora.

Se houbera que realizar outras asembleas de carácter distinto ás anteriores, deberá comunicarse cunha antelación de 48 horas a orde do día.

A súa autorización por parte da empresa é discrecional.

Artigo 60º.-Seccións sindicais.

Recoñécense as seccións sindicais de empresa actuais, con independencia do número de traballadores do cadro de persoal, nas seguintes condicións:

a) Un representante por sindicato.

b) Estes representantes e os membros do comité pertencentes a estas seccións sindicais, contarán cun número de 25 horas por membro ó mes, coas que formarán unha conta mensual de horas globais para cada sección, que poderán ser empregadas indistintamente por calquera dos seus membros.

O tempo empregado en reunións coa dirección non se computará.

c) Os membros e representantes destas seccións comprométense a non causar coa súa ausencia por este motivo, a paralización do taller correspondente.

Artigo 61º.-Cotas sindicais.

Por petición escrita do traballador, SGL Carbón, S.A. reterá, das respectivas nóminas, as cotas sindicais, entregando a recadación ó representante da central correspondente, ou ingresándoa no banco que este indique.

Capítulo XII

Código de conducta

Artigo 62º.-Exposición de motivos.

Este capítulo relaciona as normas de conducta nas relacións laborais e os medios para facelas respectar no ámbito da empresa, sen prexuízo das competencias propias da xurisdicción penal.

Abrangue dous ámbitos:

a) Das relacións dos traballadores entre si.

b) Das relacións da dirección e os seus representantes cos traballadores.

En todos eles a dirección pode exercer funcións de proposta e execución de acordo coas normas do presente convenio.

Con respecto á alínea b), os representantes dos traballadores teñen capacidade de proposta.

Os traballadores poderán ser sancionados polos órganos da dirección en virtude de incumprimentos laborais de acordo coa graduación de faltas e sancións que se establecen neste capítulo e con estricta aplicación do procedemento establecido (no art. 62º deste convenio). En tódolos casos os traballadores poderán acudir á xurisdicción laboral de acordo coa lexislación vixente.

Artigo 63º.-Graduación das faltas.

As conductas sancionables como consecuencia e con ocasión do seu traballo poderán ser, en atención á súa importancia, reincidencia, reiteración ou intencionalidade:

1. Faltas leves:

a) A falta de respecto con compañeiros, subordinados ou superiores.

b) A neglixencia, atraso ou descoido inescusable no cumprimento do seu traballo que non teña consecuencias sobre a seguridade e/ou o traballo doutros traballadores.

c) O incumprimento ou abandono das normas e medidas de seguridade e hixiene establecidas.

d) Non comunicar coa debida antelación a falta ó traballo por causa xustificada (pódese proba-la imposibilidade de facelo). En todo caso, nas 24 horas seguintes.

e) De 2 a 4 faltas de puntualidade inxustificadas no mes.

f) A ausencia inxustificada do posto de traballo sen autorización.

g) O descoido na conservación de locais, instalacións, material e documentos ó seu servicio.

h) Non comunica-los cambios de enderezo para efectos de notificacións.

2. Faltas graves:

a) O incumprimento de ordes ou instruccións dos seus superiores.

b) O atraso inescusable no cumprimento das instruccións ou a súa obstaculización.

c) O incumprimento ou atraso inescusable das obrigas concretas do posto de traballo e as neglixencias das que deriven ou poidan derivar prexuízos graves: propios, para outras persoas, instalacións, materiais ou documentos.

d) Abandono sen causa xustificada das funcións do posto de traballo.

e) Diminución da productividade normal sen causa xustificada.

f) O incumprimento ou abandono das normas e medidas de seguridade e hixiene establecidas cando destes poidan derivar riscos para a saúde e a integridade física do traballador ou doutros traballadores.

g) Non comunicar inmediatamente as circunstancias relevantes que poidan influír no desenvolvemento do traballo asignado.

h) Os malos tratos de obra ou palabra cos compañeiros, subordinados ou superiores.

i) A falta de asistencia ó traballo, sen causa xustificada, durante un día no período dun mes.

j) Dúas ou máis faltas leves no período dun mes, se delas se producise notificación, amoestación ou sanción, aínda que sexan de distinta natureza.

k) Non comunicar nas 24 horas seguintes as causas da ausencia xustificada ou partes de baixa, agás causas de forza maior.

l) Empregar para uso propio material ou instalacións da entidade.

3. Faltas moi graves:

a) A fraude, a deslealdade e o abuso de confianza.

b) A manifesta e reiterada indisciplina ou desobediencia no traballo que fora amoestada ou sancionada.

c) A negativa a prestar traballo extraordinario, imprevisto e inaprazable cando así llo ordene o seu xefe por escrito.

d) Falseamento de datos ou información relativos ó seu traballo ou simular presencia doutro traballador.

e) A falta de asistencia ó traballo, sen causa xustificada, durante 3 ou máis días no período dun mes.

f) As faltas reiteradas de puntualidade: máis de 7 no mes ou 12 en 3 meses, non xustificadas, que foran amoestadas ou sancionadas.

g) A diminución continuada e voluntaria no rendemento do traballo normal, sempre que fora sancionado.

h) O incumprimento das obrigas concretas do posto de traballo e as neglixencias que produzan danos moi graves a outras persoas ou importante deterioración da producción, instalacións, material ou documentos.

i) As agresións físicas ós compañeiros, subordinados ou superiores.

j) Realizar traballos por conta propia ou allea estando en situación de incapacidade laboral.

k) Realizar actividades particulares durante a xornada de traballo.

l) Abuso de autoridade por parte dos superiores.

ll) A embriaguez e toxicomanía se repercute no traballo.

m) A reincidencia en faltas graves ou moi graves, aínda cando sexan de distinta natureza, excluídas as de puntualidade.

Artigo 64º.-Proceso sancionador.

-As faltas comunicaránselles por escrito ós traballadores e ós seus representantes (comité e seccións sindicais).

-As faltas graves comunicaranse previamente ó comité.

-Nas faltas moi graves precisarase expediente contradictorio; notificarase o prego de cargos simultaneamente á persoa afectada e á representación dos traballadores.

O prego de descargos e o informe da representación dos traballadores emitirase no prazo de 5 días laborables.

So ó finaliza-lo expediente contradictorio poderá formularse proposta de sanción ou nulidade do expediente.

Deberán practicarse, no prazo de 10 días naturais, as probas propostas polo traballador cando fosen razoables. O traballador poderá examina-la totalidade do expediente, en calquera momento anterior a súa finalización e face-las alegacións que coide oportunas.

-O expediente deberá concluír no prazo máximo de 20 días naturais.

-As posibles faltas prescribirán cando tendo coñecemento os que teñen capacidade de iniciativa non a exerceran nos prazos seguintes:

Leves: 6 días.

Graves: 20 días.

Moi graves: 60 días.

Artigo 65º.-Sancións.

-As sancións aplicables ás faltas leves serán:

Amoestación escrita.

Suspensión de 1 día de emprego e soldo.

-As sancións aplicables ás faltas graves serán:

Suspensión de 2 a 15 días de emprego e soldo.

-As sancións aplicables ás faltas moi graves serán:

Suspensión de 15 a 30 días de emprego e soldo.

Traslado do posto de traballo.

Despedimento.

Artigo 66º.-Caducidade de faltas.

As faltas caducarán e non poderán ser de referencia a ningún efecto transcorridos os seguintes prazos:

Leves: 1 ano.

Graves: 18 meses.

Moi graves: 2 anos.

Capítulo XIII

Comité de seguridade e saúde

Artigo 67º.-Principios xerais.

SGL Carbón, S.A. considera como obxectivo prioritario a saúde e seguridade e, consecuentemente con este obxectivo desenvolverá as accións e medidas contidas na lexislación vixente así como as directivas da UE.

Artigo 68º.-Composición e estructura.

A estructura da seguridade está formada por:

a) Un comité central.

b) Comités locais ou de sección.

1. O comité central estará formado por:

4 delegados de prevención designados por e entre os representantes do persoal.

4 representantes do empresario

2. Comité local ou de sección estará formado por:

a) Xefe de sección e por tódolos traballadores dela.

Artigo 69º.-Cometido e funcionamento.

1. O comité central establecerá os obxectivos anuais, estudiará os accidentes e incidentes auditará os comités locais elaborará os informes mensuais e anuais, e establecerá os plans de formación de seguridade e tratará todo o relacionado coa seguridade e saúde laboral.

Terán unha reunión ordinaria trimestral.

2. Os comités locais estudiarán os accidentes e incidentes elaborando un informe de conclusións, estudiarán e proporán cambios das normas de seguridade, auditarán e elixirán os auditores da súa sección, e establecerán os seus obxectivos en seguridade.

Terán unha reunión ordinaria mensual.

3. Todo accidente con baixa será estudiado por unha comisión formada por:

Servicio de prevención.

O xefe de taller e o secretario do comité central.

Dous membros do comité de empresa.

O persoal que o xefe de taller designe e, se é posible, o propio accidentado.

Capítulo XIV

Comisión mixta paritaria

Artigo 70º.-Principios xerais.

A comisión mixta paritaria tratará de implantar un sistema de mediación nos conflictos e desacordos que se basee na consecución do consenso entre as partes e evitar na medida do posible a súa xudicialización.

Artigo 71º.-Funcións.

As súas funcións específicas serán as seguintes:

-Interpretación auténtica do convenio.

-Os problemas ou cuestións que lles sexan sometidos por ámbalas partes de común acordo, en asuntos derivados deste convenio.

-Conciliación facultativa nos problemas colectivos, con independencia das atribucións que por norma legal poidan corresponderlles ós órganos competentes.

-Vixilancia do cumprimento do pactado.

-Estudio da evolución das relacións entre as partes contratantes.

-Entender en cantas outras cuestións tendan á maior eficacia práctica do convenio.

Artigo 72º.-Composición e funcionamento.

A comisión intégrana a dirección e os representantes dos traballadores (comité e seccións sindicais), determinando as partes en cada momento quen os presenta.

Ás reunións poderán acudir acompañados dos seus asesores.

A dirección proporcionará a información necesaria e permitirá que os asesores designados realicen os estudios e comprobacións necesarias.

A comisión reunirase cantas veces sexa necesario para o cumprimento das súas funcións.

A convocatoria farase por petición dunha das partes, e terá que reunirse dentro do prazo mínimo de 24 horas e máximo de 4 días. Se as partes o acordan, poderán fixar outros prazos.

Coa petición de convocatoria farase entrega da orde do día proposto.

Os acordos tomaranse por unanimidade. En caso de desacordo ámbalas partes, dentro do prazo de negociación, recorrerán a un mediador antes de acudir á xurisdicción competente.

ANEXO I

Ptas.Euros

Complem. pagas extras operarios35.249211,86

ANEXO II

Ptas.Euros

Paga de convenio104.108625,72

ANEXO III

Ptas.Euros

Quinquenios-mes7.88947,42

ANEXO IV

Ptas.Euros

Prima de asiduidade/día7174,31

ANEXO V

Prima de traballo nocturno

Pesetas/euros/hora

Ptas.Euros

ESPE.G7185,301,114
ESPE.G8189,201,138
ESPE.G9191,801,153
ESPE.G10194,901,172
ESPE.G11197,801,189
ESPE.G12200,201,204
ESPE.G13203,501,224
ESPE.G14206,701,243
OFI.1-G3203,501,224
OFI.1-G4206,701,243
OFI.1-G5209,401,259
OFI.2-G3191,801,153
OFI.2-G4194,901,171
OFI.2-G5197,801,189
OFI.3-G3179,601,080
OFI.3-G4182,601,095
OFI.3-G5185,301,114

ANEXO VI

Prima de traballo penoso

Ptas.Euros

Importe I39,70,239
Importe II48,30,291
Importe III56,80,342
Importe IV69,20,416
Importe V81,80,492

Grao

SecciónIIIIIIIVV

CrusX
ImpregnaciónX
Fornos Solera Móbil-Conductor

X

-CargadorX
GrafitaciónX
RascadoX
Control-Carretas

X

-Toma mostras mecaniz.X
-Mostras controlX
APAX
MecanizadosX
SGVX
T. eléctricoX
T.M. centralX
T.M. crusX
VariosX

ANEXO VII

Prima de quenda/día

Ptas.Euros

Mañá/tarde/noite3362,02
Mañá/tarde1681,01

ANEXO VIII

Ptas.Euros

Prima doming. e festivos5.73134,44

ANEXO IX

Ptas.Euros

Prima desprazamento3422,06

ANEXO X

Horas extras

Ptas.Euros

Trab. diurno días laborables2.84717,11
Trab. nocturno e días festivos3.52921,21

ANEXO XI

Ptas.Euros

Prima de vacacións fóra do período estival20.608123,86

ANEXO XII

Axuda de estudios

Tipo de estudiosPtas.Euros

Ensino superior e medio fóra

da Coruña

87.261524,45
(Estudios libres ou na Coruña)36.793221,13
COU e FP3 (estudios oficiais

e libres)

25.234151,66
EXB, BUP e FP 1º e 2º grao21.023126,35
Preescolar 1º e 2º13.48681,052

ANEXO XIII

Ptas.Euros

Roupa de traballo10.95565,85

ANEXO XIV

Ptas.Euros

Préstamos para a adquisición de vivenda fogar2.376.00014.280,05

ANEXO XV

Táboa salario base. Persoal. Horario

Ptas.Euros

ESPE.G7203.8031.224,88
ESPE.G8207.7791.248,78
ESPE.G9210.6391.265,97
ESPE.G10213.9291.285,74
ESPE.G11217.0361.304,41
ESPE.G12219.9571.321,97
ESPE.G13223.4971.343,24
ESPE.G14227.2851.366,01
OFI.1-G3223.5601.343,62
OFI.1-G4227.2851.366,01
OFI.1-G5230.2661.383,93
OFI.2-G3210.6391.265,97
OFI.2-G4213.9291.285,74
OFI.2-G5217.0361.304,41
OFI.3-G3197.4041.186,42
OFI.3-G4200.7601.206,59
OFI.3-G5203.8031.224,88