Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Luns, 25 de marzo de 2002 Páx. 3.834

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 18 de marzo de 2002 pola que se da publicidade ó acordo do tribunal encargado de avalia-las probas para a obtención de capacitación profesional para a actividade de transportista por estrada, axencia de transporte, transitario e almacenista-distribuidor, convocadas por resolución da Dirección Xeral de Transportes do 3 de xaneiro de 2002, elevándose a definitivas as listas provisionais de admitidos e excluídos.

De conformidade co previsto na base IV.4 da Resolución do 3 de xaneiro de 2002 pola que se convocan probas de constatación profesional para o exercicio da actividade de transportista por estrada, axencia de transporte de mercadorías, transitario e almacenista-distribuidor (DOG nº 13, do 18 de xaneiro), o tribunal designado para a avaliciación das citadas probas adoptou o seguinte acordo:

Elevar a definitivas as listas provisionais de admitidos e excluídos para tomar parte nas citadas probas, unha vez finalizado o prazo establecido para a presentación de documentación por parte dos aspirantes incluídos na relación provisional de excluídos, anunciando a súa exposición ó público nos lugares establecidos no punto nº 1 da base cuarta da resolución na que se convocan as probas.

Contra esta resolución poderá interpoñerse recurso de alzada ante o director xeral de Transportes no

prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó desta notificación.

Transcorridos tres meses desde a interposición do recurso sen que se notifique a súa resolución, entenderase desestimado, e quedará expedita a vía procedente.

Santiago de Compostela, 18 de marzo de 2002.

Carlos González Rodríguez

Presidente do tribunal