Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Venres, 22 de marzo de 2002 Páx. 3.820

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 12 de febreiro de 2002 pola que se concede a acreditación de laboratorio de ensaios para o control de calidade da construcción ó laboratorio Inveco, S.L. con domicilio na rúa Correo Vello C-642 Ribadeo-Viveiro, Burela-Lugo.

De acordo co establecido nos artigos 2 e 3 do Decreto 441/1990, do 6 de setembro (DOG do 24 de setembro) polo que se aproban as disposicións rguladoras específicas da acreditación de laboratorios de ensaio para o control de calidade da construcción, e a proposta da Dirección Técnica de Contruccións e con informe favorable do Servicio de Calidade na Edificación conforme establecen os artigos 12 h) e 18.3.1 a) do Decreto 70/1997, do 14 de marzo (DOG 10 de abril), a Dirección Xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLVEU:

Concede-la acreditación e a súa inscrición no Rexistro de Laboratorio de Ensaios para o Control de Calidade da Construcción a Inveco, S.L. con domicilio na r/ Correo Vello C-642 Ribadeo-Viveiro, Burela-Lugo, polo prazo e condicións a que se refire o artigo 4 do anexo do Decreto 441/1990, do 6 de setembro, na área de:

HF Área de control de formigón fresco co número 15067HF02.

Este laboratorio e a súa acreditación considérase dependente do laboratorio Inveco, S.L. inscrito co número 15006HA91.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Santiago de Compostela, 12 de febreiro de 2002.

P.D. (Resolución 6-4-1995)

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego

da Vivenda e Solo