Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Venres, 22 de marzo de 2002 Páx. 3.819

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 2002 pola que se somete a información pública o plan de utilización dos espacios portuarios do porto de Sada.

O ente público Portos de Galicia, en cumprimento do disposto na Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e da mariña mercante, modificada pola Lei 62/1997, do 26 de decembro, elaborou o plan de utilización dos espacios portuarios do porto de Sada.

Este documento sométese a información pública, para que as persoas ou entidades interesadas poidan presentar por escrito as reclamacións ou alegacións que consideren oportunas, para o que disporán dun prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó de publicación deste anuncio.

As devanditas reclamacións poderán presentalas nas oficinas centrais deste ente público, situadas na praza de Europa, 5 A, 6º, polígono das Fontiñas, 15707 Santiago de Compostela, ou ben nas oficinas de Portos de Galicia, zona centro, r/ Alférez Provisional, 1, 1º, 15006 A Coruña. En ámbalos dous enderezos poderán examina-los documentos correspondentes.

Santiago de Compostela, 13 de marzo de 2002.

Manuel García Blanco

Xefe da Área de Planificación e Explotación

de ente público Portos de Galicia