Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Venres, 22 de marzo de 2002 Páx. 3.818

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

CÉDULA do 26 de febreiro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifican resolucións de expedientes sancionadores incoados por infracción administrativa na orde social (545/01 e tres máis).

Intentada a notificación persoal e devoltas polo servicio de correos ó resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto no artigo 59.4º

da Lei 30/1992, do 26 de novembro (artigo 59 da Lei de procedemento administrativo de 1992) pola presente cédula notifícaselles ás empresas que se relacionan no anexo as resolucións na orde social correspondentes.

Fáiselles saber ós interesados que poden formular recurso de alzada por conducto desta delegación perante o director xeral de Relacións Laborais, no prazo dun mes, contado desde o seguinte día ó da súa publicación, de acordo co previsto no artigo 114 e seguinte da Lei 30/1992, do 26 de novembro; advírtese de que, de non interpoñelo no tempo e na forma que procedan, deberá aboa-la multa imposta nunha das seguintes contas:

-Caixa Galicia, cta. Contable 840. Código 001.

-Caixanova Recadación Xunta: modelo XTAX.

Xa que noutro caso se incoará o procedemento de constrinximento ante a delegación de Facenda correspondente.

Vigo, 26 de febreiro de 2002.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Preceptos

Empresa

Domicilio

Localidade

Número

expte.

Data resol.

deleg. prov.

Infrinxidos

Sancionadores

Sanción

imposta

Redondela, Promociones Constructivas, S.L.Ernestina Otero

36800 Redondela

545/01

996/01 (AI)

11-2-2002Arts. 2.8º e 5.2º do R.D. lex. 5/2000. Art. 18 do R.D. 1627/1997Arts. 11.5º, 39 e 40 do R.D. lex. 5/2000300,51 A

Eurogal Aplicaciones, S.L.Secundino Esperón, 5-2º D

36002 Pontevedra

544/01

962/01 (AI)

8-2-2002Arts. 15, 16 e 23 da Lei 31/1995. Arts. 2, 3, 4, 5, 8 e 9 do R.D. 39/1997Arts. 12.1º e 6, e art. 39 e 40.2º do R.D. lex. 5/20001.502,54 A

Perdiar, S.L.Tiro Naval Janer, 23

36900 Marín

504/01

971/01 (AI)

11-2-2002Art. 15.1º a) e b) do E.T.Arts. 7.2º, e 39.2º do R.D. lex. 5/20000 A

Productora Pao, S.L.V. del Camino, 59-2º A

Pontevedra

508/01

1171/01 (AI)

22-1-2002Arts. 4.2º d) e 19.1º do E.T., en rel. co art. 17.2º da Lei 31/1995. Ap. 3 a) e b) da parte C do anexo IV, en rel. co art. 11.1º c) do R.D. 1627/1997Arts. 12.16º f), 39, 39.3º c) e 40.2º do R.D. lex. 5/20002.404,05 A

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO,

MULLER E XUVENTUDE