Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Venres, 22 de marzo de 2002 Páx. 3.816

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 26 de febreiro de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da notificación da resolución do expediente sancionador LU-E 265/2001, por infraccións en materia de espectáculos públicos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico

das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), notifícaselles ás persoas que a seguir se relacionan, ás

que non se lles puido facer por correo certificado, os acordos de iniciación dictados nos expedientes de sanción, por infraccións en materia de espectáculos públicos; o seu número cítase seguidamente:

NomeDNI/NIFNº expedientePrecepto infrinxidoÚltimo domicilioSanción

David de la Fuente Pérez e Francisco Javier García FernándezE-27101609LU-E 265/200123-o) en relación co 26-e) LO 1/1992R/ Duquesa de Alba, 14, baixo,

Monforte de Lemos

901,52 euros e 20 días de suspensión da licencia municipal de apertura

Contra estas resolucións o interesado poderá interpoñer recurso de alzada, perante o conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, no prazo dun mes contado desde o día seguinte o da súa publicación.

Advírtase que, de non ser interposto este en tempo e forma, deberá de aboa-la multa imposta no período de pagamento voluntario sinalado no boletín de multas e sancións que pode recoller nas dependencias da delegación provincial da consellería, a favor do Tesouro da Facenda Galega, na conta restrinxida que consta no devandito boletín, en calquera das oficinas da entidade bancaria Caixa Galicia, facendo consta-lo número do expediente sancionador. Transcorrido o dito prazo, procederase ó cobramento pola vía de constrinximento, de conformidade co establecido na disposición segunda da orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG do 5 de decembro).

Lugo, 26 de febreiro de 2002.

Manuel Teijeiro Álvarez

Delegado provincial de Lugo