Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Venres, 22 de marzo de 2002 Páx. 3.768

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 15 de marzo de 2002 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 14 de marzo de 2002, polo que se modifica a relación de postos de traballo da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.

O Decreto 310/2001, do 17 de decembro, que fixa a estructura orgánica dos departamentos da Xunta de Galicia crea, na Consellería da Presidencia, Rela

cións Institucionais e Administración Pública, a Dirección Xeral de Relacións Institucionais.

O Decreto 313/2001, do 18 de decembro, que modifica o Decreto 261/1994, do 29 de xullo, polo que se establece a estructura orgánica dos centros directivos dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia, e de conformidade co artigo único do Decreto 309/2001, do 17 de decembro, polo que se determinan os centros directivos dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia, créanse adscritos á Secretaría Xeral da Presidencia o Departamento de Protocolo e Relacións Públicas e o Gabinete de Apoio, ámbolos dous con nivel de dirección xeral.

Como consecuencia do anterior, cómpre crear nos novos centros directivos os postos de secretaria/o que se relacionan no anexo II.

Así mesmo, procédese a unha modificación puntual das relacións de postos de traballo da Escola Galega de Administración Pública e da Secretaría Xeral para o Deporte, segundo figuran nos anexos I e III.

En consecuencia, por proposta do conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma de Galicia e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día catorce de marzo de dous mil dous,

ACORDA:

Primeiro.-Modifica-la vixente relación de postos de traballo da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, nos termos que se sinalan nos anexos a este acordo.

Segundo.-Ordena-la publicación da dita modificación no Diario Oficial de Galicia para efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte a ela.

Terceiro.-Clasificar como postos de libre designación, de acordo coas motivacións que se especifican, os seguintes:

CódigoDenominaciónMotivación

PR.C07.00.000.15770.002

PR.P01.00.003.15770.002

PR.P01.00.004.15770.002

Secretario/a

Secretario/a

Secretario/a

Artigo 6 da orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 21 de novembro de 1989 (DOG nº 232, do 4 de decembro)

Posto de confianza

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do catorce de marzo de dous mil dous, relativo á modificación da relación de postos de traballo da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) e da Secretaría Xeral para o Deporte da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, coa finalidade de cumpri-lo dito acordo, dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 15 de marzo de 2002.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións

Institucionais e Administración Pública