Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Venres, 22 de marzo de 2002 Páx. 3.753

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DECRETO 82/2002, do 14 de febreiro, polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao superior de artes plásticas e deseño de arquitectura efémera, correspondente á familia profesional de deseño de interiores, así como o acceso ó dito ciclo formativo.

A Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, determina no seu artigo 4, que se entende por currículo o conxunto de capacidades terminais, contidos, métodos pedagóxicos e criterios de avaliación de cada un dos niveis, etapas, ciclos, graos e modalidades nos que se organiza a práctica educativa. Sobre esta base efectúa un dobre reparto competencial, que lle atribúe por unha parte, ó Goberno fixa-los aspectos básicos do currículo que constituirán as ensinanzas mínimas en todo o Estado, coa finalidade de garantir unha formación común de tódolos alumnos e a validez dos títulos correspondentes e, por outra, atribúe ás administracións con competencia en materia educativa o establecemento do currículo do que formarán parte as ditas ensinanzas mínimas.

Polo tanto, unha vez publicado o Real decreto 676/1993, do 7 de maio, polo que se establecen as directrices xerais sobre os títulos e as correspondentes ensinanzas mínimas de formación profesional, definidas as ensinanzas mínimas correspondentes ó título de técnico superior de artes plásticas e deseño de arquitectura efémera polo Real decreto 1464/1995, do 1 de setembro, e tendo en conta o establecido no Real decreto 389/1992, do 15 de abril, sobre os requisitos mínimos dos centros que impartan ensinanzas artísticas, procede establece-lo currículo do dito ciclo formativo para o ámbito de competencia da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Cómpre asegurar no alumnado unha formación artística de calidade e garanti-la cualificación dos futuros profesionais das artes plásticas e deseño. Por iso, o currículo inclúe, ademais dos coñecementos académicos vinculados ó ensino máis tradicional, outros aspectos inherentes á formación profesional e que permitan a incorporación dos mozos á vida activa, cun grao de formación que lles permita adaptarse ás modificacións que poidan producirse ó longo da súa vida e que contribúa á formación permanente dos cidadáns ó tempo que atende as demandas de cualificación do sistema productivo, e tendo en conta as necesidades de desenvolvemento económico e social da Comunidade Autónoma de Galicia e a súa dimensión no fomento do noso patrimonio cultural.

As ensinanzas de artes plásticas e deseño están constituídas por un conxunto de ciclos formativos cunha organización modular variable tanto na duración destes como na diversidade de áreas de coñe

cemento teórico-prácticas en función dos distintos campos profesionais. As capacidades terminais dos distintos módulos profesionais, definidos neste decreto, describen o comportamento conxunto do alumnado en termos de resultados avaliables que se requiren para acada-los aspectos básicos da competencia xeral. Estes aspectos básicos aseguran unha cualificación común do titulado, garantía do título en todo o Estado e de correspondencia europea das cualificacións outorgadas ós alumnos.

Os contidos curriculares non teñen que ser interpretados como unidades temáticas, nin por tanto, necesariamente organizados na mesma orde na que aparecen nesta norma, precisando, polo tanto, dunha ulterior concreción por parte do equipo de profesores que, coa necesaria flexibilidade, programarán interdisciplinarmente as secuencias de aprendizaxe, destacando nos ámbitos artísticos, técnicos e naqueles específicos do ámbito profesional do alumno, os contidos de maior significación cara ó desenvolvemento cualificado das actividades profesionais. Esta concreción ten que referirse principalmente ás liñas xerais de aplicación dos criterios de avaliación, á metodoloxía e as actividades de carácter didáctico. Finalmente, cada profesor, no marco deste proxecto, realizará a súa propia programación, recollendo os procesos educativos que se propón desenvolver na aula.

Os criterios de avaliación establecen o tipo e grao de aprendizaxe que se espera que acaden os alumnos nun momento determinado, respecto das capacidades indicadas nos obxectivos xerais e nos específicos de cada módulo. O nivel de cumprimento destes obxectivos, en relación cos criterios de avaliación fixados, deben ser medidos con flexibilidade, tendo en conta as características e posibilidades dos alumnos.

A incorporación ós ciclos formativos de fases de formación práctica e do proxecto final é un elemento fundamental na construcción deste modelo formativo. A colaboración de profesionais, entidades e institucións, contribuirá á concreción de proxectos educativos que anticipen solucións reais no mundo laboral.

Para completa-lo currículo, o centro docente dispón dun determinado número de horas lectivas que, xunto co módulo de formación en centros de traballo, permitirán a súa adaptación tendo en conta as características do alumnado, as necesidades de desenvolvemento económico, social e de recursos humanos do seu contorno socioproductivo.

Asemade, este decreto regula o acceso a este ciclo formativo, por medio dunha proba específica que deberá avalia-los coñecementos e as aptitudes necesarias para cursar con aproveitamento as ensinanzas correspondentes a este ciclo, ó tempo que establece os requisitos de acceso a estes estudios.

Na súa virtude, e por proposta do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, logo do informe do Consello Escolar de Galicia, previa delibe

ración do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día catorce de febreiro de dous mil dous,

DISPOÑO:

I. Título, perfil e currículo.

Artigo 1º.-Identificación do título.

1. Este decreto regula o currículo das ensinanzas do ciclo formativo de grao superior de artes plásticas e deseño de arquitectura efémera, pertencente á familia de deseño de interiores, correspondente ó título de técnico superior de artes plásticas e deseño de arquitectura efémera, de acordo co establecido no punto 3 do artigo 4º da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo e integra o establecido no Real decreto 1464/1995, do 1 de setembro, polo que se regulan as ensinanzas mínimas do dito ciclo formativo.

2. A denominación, nivel de formación profesional e duración deste ciclo formativo son as que se establecen no punto 1 do anexo deste decreto.

Artigo 2º.-Ámbito de aplicación.

Este decreto será de aplicación no ámbito territorial de xestión da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Artigo 3º.-Perfil profesional.

A competencia e as capacidades profesionais, as tarefas máis significativas e o campo profesional que definen o perfil profesional do título son as que se establecen no punto 2 do anexo deste decreto.

Artigo 4º.-Currículo do ciclo formativo.

1. Para os efectos do disposto neste decreto, enténdese por currículo do ciclo formativo de grao superior de artes plásticas e deseño de arquitectura efémera o conxunto de capacidades terminais, contidos e criterios de avaliación que regularán a práctica docente neste ciclo formativo, as fases de formación práctica en empresas, estudios e talleres, así como o proxecto final.

2. Os obxectivos xerais do ciclo formativo de grao superior de artes plásticas e deseño de arquitectura efémera son os que se establecen no punto 3.1 do anexo deste decreto.

3. As capacidades terminais, contidos e criterios de avaliación dos módulos correspondentes ó ciclo formativo a que se refire este decreto, a súa distribución en cursos e os tempos lectivos, así como o proxecto final e a fase de prácticas en empresas, estudios ou talleres son os que se establecen nos puntos 3.2, 3.3 e 3.4 do anexo deste decreto.

II. Ordenación académica e impartición.

Artigo 5º.-Ordenación académica das ensinanzas.

1. As presentes ensinanzas organízanse en módulos; fases de formación práctica en empresas, estudios ou talleres e proxecto final.

2. Para os efectos do disposto neste decreto, o concepto módulo considerarase equivalente ó termo materia teórica, materia teórico-práctica e clases prácticas a que se refire o Real decreto 389/1992,

do 15 de abril, polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que impartan ensinanzas artísticas.

Artigo 6º.-Admisión do alumnado.

Os criterios de admisión do alumnado para acceder a este ciclo formativo en centros sostidos con fondos públicos son os que se expresan no punto 4.1. do anexo deste decreto.

Artigo 7º.-Avaliación.

1. A obtención do correspondente título requirirá a avaliación positiva das distintas capacidades nas que se estructura o ensino impartido no centro educativo: dos módulos, das fases de formación práctica en empresas, estudios ou talleres, así como do proxecto final.

2. A organización e avaliación da fase de formación práctica en empresas e do proxecto final é a que se expresa no punto 4.2 e 4.3 do anexo deste decreto.

Artigo 8º.-Profesorado.

As especialidades do profesorado con atribución docente nos módulos que compoñen este título son as que se expresan no punto 4.4 do anexo deste decreto.

Artigo 9º.-Espacios e instalacións.

Os requisitos de espacios e instalacións que deben reuni-los centros educativos para a impartición deste ciclo formativo son os que se determinan no punto 4.5 do anexo deste decreto.

Artigo 10º.-Relación numérica profesor/alumno.

De conformidade co establecido no artigo 44 do Real decreto 389/1992, do 15 de abril, polo que se regulan os requisitos mínimos dos centros que impartan as ensinanzas artísticas, manterase unha relación numérica profesor/alumno, que se determina no punto 4.6 do anexo deste decreto.

Artigo 11º.-Correspondencias.

1. A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria poderá recoñece-la correspondencia coa práctica laboral dos módulos que se indican no punto 4.7 do anexo deste decreto.

Así mesmo, poderá quedar total ou parcialmente exento da fase de formación práctica en empresas, estudios e talleres, quen acredite experiencia laboral no campo profesional directamente relacionada con este ciclo formativo.

Artigo 12º.-Distribución horaria.

1. Os módulos profesionais deste ciclo formativo organizaranse segundo se establece no punto 4.8 do anexo deste decreto.

2. As horas de libre disposición que se inclúen neste punto serán utilizadas polos centros educativos para reforzar, nos módulos asociados a unidades de competencia, as capacidades de formación profesional de base ou de formación profesional específica, para lles dar resposta ás características do alumnado, e ter en conta as necesidades de desenvolvemento económico, social e de recursos humanos do seu contorno socioproductivo.

Artigo 13º.-Proxecto curricular.

1. Os centros docentes concretarán e complementarán o currículo do ciclo formativo de grao superior de artes plásticas e deseño de arquitectura efémera mediante a elaboración de proxectos curriculares para o dito ciclo.

2. O proxecto curricular de centro deberá conter unha adecuación dos obxectivos xerais deste ciclo ás características do alumnado, criterios metodolóxicos de carácter xeral en relación co proceso de avaliación, así como en materia de diversificación curricular.

3. O proxecto curricular do centro incluirá, así mesmo, a distribución das capacidades terminais, contidos e criterios de avaliación do ciclo formativo, incluídos os programas de cada materia. A dita distribución non deberá variar para un mesmo grupo de alumnos ó longo do dito ciclo.

4. O proxecto curricular do centro formará parte da programación da súa actividade docente e incorporarase á programación xeral correspondente.

5. Os profesores desenvolverán programacións da súa actividade docente de acordo co currículo e co proxecto curricular do centro.

Disposición transitoria

Única.-Ata que se determinen as novas especialidades docentes, a competencia do profesorado pertencente ós corpos de profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño para a impartición de cada módulo queda definida pola súa pertenza ás especialidades que se indican no punto 4.4 do anexo deste decreto. Non obstante, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria no seu ámbito de competencia e durante o mesmo período transitorio, poderá autoriza-la impartición de determinados módulos a aqueles docentes que, á promulgación deste decreto, se encontrasen impartindo materias equivalentes da anterior ordenación, sempre que acrediten preparación para isto.

Disposición derradeira

Primeira.-Autorízase o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria para dicta-las disposicións necesarias para a aplicación e desenvolvemento do establecido neste decreto.

Segunda.-Este decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, catorce de febreiro de dous mil dous.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

1. Identificación do título.

-Denominación: técnico superior de artes plásticas e deseño de arquitectura efémera.

-Nivel: grao superior de artes plásticas e deseño.

-Duración: 1.950 horas.

2. Perfil profesional.

2.1. Competencia xeral.

Analizar e desenvolve-los procesos básicos de proxectación no campo profesional da arquitectura efémera. Resolve-los problemas constructivos, propios deste nivel, que se presenten durante o proceso de proxectación de arquitecturas efémeras. Aplica-lo marco legal, económico e organizativo que regula e condiciona a actividade profesional neste campo.

2.2. Capacidades profesionais.

* Desenvolver proxectos propios deste nivel, aplicando as técnicas e os coñecementos necesarios para o levar a bo fin.

* Valorar de forma idónea as necesidades formuladas na proposta de traballo, así como os aspectos plásticos, técnicos, organizativos e económicos para configura-lo proxecto, así como selecciona-las especificacións plásticas e técnicas oportunas para conseguir un óptimo resultado profesional.

* Seleccionar e valora-las situacións plásticas, artísticas, técnicas e culturais, derivadas do avance tecnolóxico e artístico da sociedade, de forma que lle permitan desenvolve-la súa obra.

* Resolver proxectos partindo de datos ou elementos dados, adaptándose á filosofía e ás características competitivas dunha empresa ou a datos dados por un profesional de rango superior.

* Coordina-los traballos de técnicos e os oficios ou similares que interveñan na realización do proxecto da arquitectura efémera.

2.3. Tarefas máis significativas.

* Investigar en formas, materiais e procesos creativos da súa área.

* Analizar documentacións específicas propias da arquitectura efémera.

* Realizar, en equipo ou individualmente, en estudios ou talleres, a representación gráfica do proxecto, con posibilidades de xestión e de coordinación.

* Dirixi-la execución dos traballos propios do seu ámbito.

* Valorar e confronta-la calidade de materiais e acabados.

* Realizar valoracións e informes.

2.4. Campo profesional.

Este profesional estará en disposición para actuar no mundo do traballo na área da arquitectura efémera. Deseña stands feirais dunha soa planta, exposicións, quioscos, carpas, construccións desmontables prefabricadas, estructuras lixeiras reticulares espaciais, sinalizacións, etc. Así mesmo, coordina e dirixe obras propias deste nivel e proxecta, xestiona

e coordina proxectos elaborados por niveis superiores.

Todo isto permítelle inserirse no mercado feiral como profesional independente, asalariado ou en colaboración.

* No ámbito dunha empresa, ocupa postos de interlocutor entre ela e profesionais de rango superior (arquitectos, enxeñeiros, interioristas, etc.).

3. Currículo.

3.1. Obxectivos xerais do ciclo formativo.

* Analizar e desenvolve-los procesos básicos de proxectación no campo profesional da arquitectura efémera.

* Resolve-los problemas constructivos, propios deste nivel, que se presenten durante o proceso de proxectación de arquitecturas efémeras.

* Coñece-las especificacións técnicas dos materiais utilizados.

* Investiga-las formas, materiais, técnicas e procesos creativos e artísticos relacionados coa proxectación de arquitecturas efémeras.

* Coñecer e comprende-lo marco legal, económico e organizativo que regula e condiciona a actividade profesional neste campo.

* Coñecer e saber utiliza-las medidas preventivas necesarias para que os procesos de realización utilizados non incidan negativamente no ambiente.

* Analizar, adaptar e, de se-lo caso, xerar documentación artístico-técnica imprescindible na formación e no adestramento de profesionais do sector.

* Aplicar métodos de análise de procesos e óptimo aproveitamento de tempos na xestión do traballo.

3.2. Capacidades terminais, contidos e criterios de avaliación dos diversos módulos.

3.2.1. Módulo 1: historia da arquitectura e do seu contorno ambiental.

Capacidades terminais

* Describi-la evolución da linguaxe utilitaria e estética propia do espacio arquitectónico.

* Relacionar factores culturais, sociais, económicos e ideolóxicos que contribuíron á definición de arte, de arquitectura e de contorno ambiental.

* Analiza-las obras arquitectónicas en relación cos cambios socioculturais e o seu contorno ambiental.

* Describi-los valores de finalidade, técnica e estética presentes nunha obra arquitectónica relacionada coa súa época e os cambios socioculturais.

* Compara-las características estilísticas dunha obra arquitectónica con outra representación artística da mesma época.

* Describi-la historia da arquitectura en Galicia.

* Identificar espacios, tempos e feitos característicos das manifestacións artísticas doutros tempos.

Contidos

-Concepto do espacio arquitectónico e o seu contorno ambiental. Tipoloxías fundamentais: urbano, rural, industrial, deportivo, comercial, social e relixioso.

-O mundo clásico e os precedentes: proporción e orde. Técnicas constructivas. Espacios públicos e privados. A cidade clásica.

-Arquitectura medieval. Arquitectura civil e relixiosa. Influencia islámica. Evolución constructiva. As catedrais.

-Humanismo: novos métodos. A perspectiva.

-Revolución industrial: revolución científica. A ilustración. Neoclasicismo. Eclecticismo. Arquitectura industrial. Escola de Chicago.

-Movemento moderno. Art-Decó. Bauhaus. Estilo Internacional. Cidade e hábitat.

-Movemento contemporáneo: crise dos modelos universais. Tendencias actuais.

-A arquitectura popular en xeral e a galega en particular.

-Análise da arquitectura, relacionando a súa finalidade, a técnica e a estética.

-Identificación das diferentes etapas históricas da arquitectura vinculada ó contorno ambiental.

-Clasificación de obras segundo estilo e época.

-Relacións entre arquitectura e ambiente no seu contexto cultural, social e económico.

-Observación e análise de obras arquitectónicas con criterios ambientais.

-Interese pola historia da arquitectura e o seu contorno ambiental.

-Actitude analítica e crítica sobre os cambios estéticos e culturais, e valoración crítica das fontes informativas.

-Respecto polo patrimonio arquitectónico e o contorno ambiental.

-Hábito de observación dos valores estéticos presentes en calquera das manifestacións arquitectónicas.

Criterios de avaliación

* Identifica-los distintos períodos históricos, estilo e época, propios dunha obra artística e as súas influencias.

* Utilizar unha terminoloxía apropiada, propia da especialidade.

* Analizar e diferenciar, pola calidade dun contorno ambiental, os signos característicos dunha forma de vida.

* Redactar unha memoria sobre a conveniencia ou non de conservar unha obra arquitectónica.

* Respectar e difundi-lo patrimonio arquitectónico e do contorno ambiental da humanidade e de Galicia en particular.

* Distinguir nunha obra as interaccións e influencias das artes aplicadas e da arquitectura.

3.2.2. Módulo 2: historia da arquitectura efémera.

Capacidades terminais

* Describi-la evolución no tempo da arquitectura efémera dentro do contexto histórico social no que foron concibidas e realizadas.

* Relacionar categorías estéticas da arquitectura efémera, interpretando axeitadamente as sensibilidades manifestadas ante elas.

* Identifica-la nova tecnoloxía da construcción e a montaxe industrial integradas dentro das artes aplicadas do deseño.

Contidos

-Arquitectura efémera: concepto, marco, evolución e función. Formas de vida e construccións non permanentes nas civilizacións agrarias.

-O modelo clásico na imaxe arquitectónica grecorromana a partir das fontes históricas. Cidades ideais e imaxes fantásticas. Celebracións públicas durante o Imperio Romano. O real e o ilusorio na pintura e nas artes aplicadas clásicas.

-A utopía arquitectónica na época do Humanismo. Representación arquitectónica: tratadistas. Arquitecturas pintadas. Conceptos arquitectónicos nas artes aplicadas renacentistas. A arquitectura efémera no Barroco. Formas artísticas ó servicio das Cortes absolutistas. Os programas escenográficos para a sociedade galante do século XVIII.

-A arquitectura efémera do Neoclasicismo como representación do Estado. A Ilustración e a sociedade civil: a utopía arquitectónica. Da Enciclopedia ó eclecticismo estético. O espírito romántico e a exaltación nacionalista.

-As exposicións universais. As novas tecnoloxías da construcción e a montaxe industrial. O funcionalismo e a integración das artes aplicadas na arquitectura.

-O século XX. Arquitectura urbana. Formulacións efémeras e permanentes no contexto da cidade relacionadas co lecer, actividades sociais e políticas e exposicións. A arquitectura efémera e a sociedade de mercado.

Criterios de avaliación

* Percepción visual razoada e científica das artes aplicadas ó interiorismo en xeral e á arquitectura efémera en particular, da súa evolución no tempo e do contexto histórico-social no que foron concibidas e realizadas.

* Organizar e relacionar categorías estéticas da arquitectura efémera, cunha interpretación axeitada e manifestando sensibilidade ante elas.

* Uso dunha terminoloxía específica correcta.

3.2.3. Módulo 3: teoría do interiorismo.

Capacidades terminais

* Recoñece-lo corpo humano, as súas proporcións e movementos, e as súas necesidades físicas e sensoriais.

* Identifica-las relacións persoa/ambiente co espacio habitable.

* Analizar e aplica-la luz na decoración.

* Valora-los aspectos que definen o confort ambiental.

* Valora-las implicacións de deseños no ambiente e o respecto polo contorno.

* Realiza-la defensa do proxecto, utilizando linguaxes e métodos axeitados ó uso tipolóxico dos espacios humanos

* Analiza-las repercusións que teña a aplicación da normativa no deseño funcional e estético.

Contidos

-Antropometría.

-Dimensións do corpo humano.

-Teoría das proporcións.

-Ergonomía.

-Ámbito e aplicación.

-Operatividade corporal.

-Contorno habitable.

-Condicionantes do espacio físico.

-Ambiente e confort.

-Percepción do contorno.

-Factores perceptivos.

-Análise formal e funcional.

-Proxéunica.

-Ambiente visual e sonoro.

-Organización e planificación: uso e clasificación dos espacios, necesidades e funcións.

-Avaliación de alternativas e condicionantes.

-Equipamentos.

-Moblaxe.

-Complementos e accesorios.

-Revestimentos.

-Luminotecnia e cor.

-Iluminación e visión.

-Ambiente visual.

-A cor.

-Fontes de luz.

-Sistemas de iluminación.

-Luminarias.

-Proxecto de iluminación.

-Niveis de luz recomendados.

-Acondicionamento.

-Illamento térmico-acústico.

-Acústica.

-Protección contra incendios.

-Sistemas de ventilación.

-Aplicación de normativas.

-Linguaxe e comunicación.

-Grupos sociais.

-Modelos culturais.

-Semiótica do contorno.

-Estratexias do mercado.

-Relación entre espacio, uso e percepción.

-Observación e análise do contorno e obras de interese.

-Clasificación de ambientes segundo o uso.

-Valoración dos aspectos funcionais e estéticos da iluminación.

-Análise do contorno visual.

-Análise das implicacións no deseño dos aspectos de confort ambiental.

-Estudio de normativas que afecten á decoración.

-Consulta de catálogos e información técnica.

-Análise da forma en que a normativa repercute na toma de decisións de carácter funcional e estético.

-Interese pola antropometría e a ergonomía.

-Atención ós aspectos formais e comunicativos.

-Lectura e valoración crítica do contorno habitable.

-Valoración funcional e estética da iluminación.

-Importancia do acondicionamento do espacio interior.

-Valoración e cumprimento das normas de aplicación no proxecto.

-Recoñecemento e aplicación das linguaxes de comunicación nos espacios interiores.

Criterios de avaliación

* Percibi-la simboloxía cromática e a súa funcionalidade e comunicación.

* Analizar espacios tendo en conta os acondicionamentos de iluminación que precisan.

* Analiza-la tipoloxía do espacio interior atendendo ós aspectos que inciden no deseño de interiores.

* Relaciona-los espacios interiores e o seu uso coas características fisiolóxicas do corpo humano.

3.2.4. Módulo 4: debuxo e cor: arquitectura efémera.

Capacidades terminais

* Representar no papel espacios interiores e exteriores, por medio de vistas e perspectivas.

* Aplicar correctamente as diferentes técnicas de expresión gráfica sobre distintos soportes propios do debuxo, nas distintas fases de elaboración dos proxectos, tanto para a realización de bosquexos como na execución de acabados finais.

* Introducir nos deseños elementos de ambientación: figuras humanas, animais, plantas, téxtiles, etc., aplicando correctamente na composición os elementos de configuración visual e as súas relacións.

* Aplicar correctamente a cor nos deseños da especialidade, tendo en conta os materiais obxecto do deseño e as sensacións que se pretende conseguir.

* Selecciona-la técnica de expresión máis idónea para o desenvolvemento do proxecto.

Contidos

-Representación, proxección e linguaxe gráfica. A percepción.

-O debuxo.

-Valor expresivo e función informativa.

-Técnicas usuais para a representación gráfico-plástica.

-Elementos da linguaxe visual. Creatividade.

-A cor. Aplicacións e técnicas. Luz e sombras. A súa aplicación expresiva e informativa.

-Relacións coa forma e o tamaño. Proporción.

-Elementos de ambientación no proxecto de interiores: a figura humana, animais, plantas e téxtiles.

-Bosquexos.

-Organización compositiva e representación final.

-O proxecto decorativo.

-A representación de materiais e texturas.

-Análise e representación gráfica do contorno. Métodos de observación.

-Experimentación con soportes e procedementos.

-Estudios de forma e cor. Bosquexos.

-Recoñecemento dos elementos visuais dunha imaxe.

-Análise e observación de materiais decorativos para a súa correcta representación.

-Aplicación das técnicas aplicadas para a toma de apuntamentos do natural, con intencionalidade artística.

-Valoración do debuxo como medio de expresión.

-Interiorización de experiencias no contorno do feito creativo.

-Rigor e limpeza no traballo presentado.

-Interese pola actualización ante os cambios estéticos e culturais.

Criterios de avaliación

* Esbozar ideas de maneira clara e creativa.

* Representar con sensibilidade estética obxectos e elementos decorativos.

* Recoñece-los aspectos morfolóxicos dos obxectos representados.

* Producir imaxes con significación temática subxectiva ou icónica (prefixada).

* Valorar criticamente unha información visual do contorno cultural.

* Establecer no debuxo os niveis de afinidade entre a formulación inicial e o resultado final.

* Realizar achegas persoais e de investigación nos traballos propostos.

* Realizar correctamente as solucións técnicas nos traballos de representación gráfica.

3.2.5. Módulo 5: expresión volumétrica.

Capacidades terminais

* Expresar volumetricamente obxectos, facendo uso das capacidades de análise e de síntese.

* Desenvolver volumes no espacio utilizando os mecanismos de comunicación visual.

* Elixi-lo material idóneo para conseguir unha maior expresividade volumétrica.

* Adquirir coñecementos básicos sobre maquetación.

Contidos

-O espacio. Distintas teorías e configuración espacial. Campos de forzas e organización de masas.

-A forma e a función. Percepción, análise e abstracción. Construccións modulares.

-Estructura, textura e materia. Unidade de expresión.

-As maquetas. Estudios volumétricos previos. Concepto. Características. Materiais. Procesos de realización.

-Estudios volumétricos: contidos, relacións, materiais e técnicas.

-Metodoloxía da linguaxe tridimensional.

-Proxectación e construcción.

-Unidade de expresión.

-Reproducción, ampliación, reducción e desenvolvemento de volumes.

-Realización de prototipos, maquetas e estudios da forma.

-Actitude receptiva, crítica e creativa ante a información recibida.

-Atención ás opinións alleas nos traballos realizados en equipo.

-Orde, pulcritude e rigor na execución e na presentación dos volumes e maquetas.

-Uso correcto dos materiais e do equipamento.

Criterios de avaliación

* Crear volumes expresivos atendendo á percepción visual e á análise crítica.

* Achegar solucións técnicas creativas a unha proposta dada.

* Elixi-los materiais e os sistema de traballo en función da súa finalidade.

* Identifica-los recursos segundo as súas características e a súa expresión volumétrica.

* Aplica-la técnica e o procedemento máis axeitado na realización dos estudios volumétricos e das maquetas.

* Construír elementos tridimensionais: maquetas e prototipos.

* Aplica-las teorías do espacio no deseño dun volume.

* Aplica-la escala axeitada nas análises volumétricas.

3.2.6. Módulo 6: debuxo técnico.

Capacidades terminais

* Manexar correctamente os materiais de debuxo e utilizar adecuadamente as correspondentes técnicas gráfico-plásticas relacionadas co debuxo técnico.

* Realizar representacións gráficas de obxectos, empregando adecuadamente os distintos sistemas.

* Selecciona-lo sistema máis idóneo para o tipo de obxecto que se represente.

* Realizar trazados básicos empregando ferramentas informáticas.

* Aplica-los trazados xeométricos básicos a deseños da especialidade.

* Realizar bosquexos de pezas tridimensionais segundo a normativización, en canto a formatos de papel, vistas, seccións, rotulacións, acoutacións, etc.

* Interpretar adecuadamente planos técnicos da especialidade no que respecta á normalización e ós sistemas de representación.

Contidos

-Instrumental de debuxo técnico.

-Regras, escuadra, compases, etc.

-Lapis, estilógrafo, etc.

-Papeis: tipos e usos.

-Transferible e copias (fotocopias e reprografía).

-Informática: introducción ós programas de CAD.

-Realización de trazados básicos cos materiais e instrumentos tradicionais e con soporte informático.

-Emprego de transferibles e sistemas de copias.

-Relacións de proporción e escala.

-Proporción.

-Relacións métrica e escalas.

-Construcción e utilización de escalas.

-Xeometría plana e espacial.

-Ángulos da circunferencia.

-Triángulos (tipoloxía).

-Construcción de polígonos (método xeral).

-Construcción de curvas (óvalo, ovoide e cónicas).

-Tanxencias e tanxencias por polaridade.

-Operacións topolóxicas no plano.

-Simetrías, xiros e semellanzas.

-Análise dos elementos espaciais.

-Redes e mallas, planas e espaciais.

-Trazado, á man e por ordenador, de ángulos e construcción de triángulos.

-Trazado, á man e por ordenador, de polígonos regulares.

-Trazado, á man e por ordenador, de curvas cónicas e planas.

-Trazado, á man e por ordenador, de tanxencias.

-Transformacións xeométricas do plano: trazado de simetrías, xiros e semellanzas.

-Trazado de redes e mallas planas e espaciais.

-Códigos de representación e de normalización.

-A normalización como representación simbólica, esquemática ou figurativa.

-Códigos de normalización. Normas fundamentais DIN, UNE e ISO.

-Normas de anotación.

-O esbozamento (vistas, seccións e roturas).

-Rotulación.

-Execución de anotacións e rotulacións á man, normalizadas con patrón e mediante ordenador sobre elementos do taller.

-Esbozamento de elementos do taller.

-Sistemas de representación: o sistema diédrico (tradicional e por ordenador).

-Fundamentos e características deste sistema de representación.

-Proxección.

-Sección e intersección.

-Desenvolvemento de corpos.

-A homoloxía e a afinidade.

-Representación do punto, a recta e o plano (tipos de planos e rectas notables do plano).

-Representación de sólidos poliédricos.

-Construcción e análise gráfica das figuras básicas (tetraedro, hexaedro e octaedro).

-Seccións e interseccións de corpos e os seus desenvolvementos.

-Resolución de paralelismos; perpendicularidade.

-Cálculo de magnitudes verdadeiras.

-Sistemas de representación: o sistema de proxección cilíndrico axonométrico (á man e por ordenador).

-Fundamentos e características deste sistema.

-Axonometría ortogonal: isométrico e dimétrico.

-Axonometría oblicua: perspectiva cabaleira e militar.

-Representación do punto, da recta e do plano.

-Representación de sólidos poliédricos.

-Resolución de paralelismo, perpendicularidade e outros problemas de incidencia.

-Sistemas de representación: o sistema cónico.

-Denominación da perspectiva cónica e os seus sistemas. Fundamentos e características.

-Proxección (sistema convencional de trazado).

-Trazado directo.

-Orixe histórica dos trazados.

-Representación de sólidos poliédricos.

-Resolución de paralelismo, perpendicularidade e outros problemas de incidencia.

-Análise e comparación de perspectivas naturais.

-Os sistemas proxectivos na expresión artístico-plástica.

-Os sistemas de representación gráfica na historia. Historia da perspectiva.

-A cor no debuxo técnico.

-A xeometría na arte (Euclides, Vitruvio, Durero, Leonardo, etc).

-Aplicación dos coñecementos sobre exemplos históricos.

-Aplicación da cor a debuxos.

-Disposición favorable no emprego dos materiais e instrumentos tradicionais e informáticos.

Criterios de avaliación

* Debuxar obxectos cos sistemas de representación máis idóneos.

* Escolle-lo tipo de sección esencial nunha peza ou dun elemento dado.

* Descompor un obxecto na súas estructuras fundamentais.

* Trasladar ó plano unha idea de acordo coas convencións do debuxo técnico.

* Representar con distintos sistemas de proxección unha figura xeométrica nunha determinada posición.

* Usar con propiedade as técnicas básicas do debuxo técnico.

* Representar de maneira clara e precisa bosquexos, acoutacións, seccións, rotulacións, etc.

* Incorporar nun debuxo técnico a simboloxía máis axeitada.

* Redacta-la memoria descritiva básica utilizando os códigos e o léxico da especialidade.

3.2.7. Módulo 7: deseño asistido por ordenador: arquitectura efémera.

Capacidades terminais

* Selecciona-los medios informáticos adecuados ó proceso productivo.

* Aplicar, ó proceso creativo e productivo, os programas e os soportes informáticos como técnica de representación e como instrumento de comunicación e de xestión.

Contidos

-Introducción á informática.

-Sistemas operativos.

-Contornos gráficos.

-Introducción a software.

-Programa de CAD. Diferentes tipos e as súas aplicacións.

-Técnicas de modelado 2D e 3D.

-Aplicación de programas informáticos de captación e de tratamento de imaxes.

-Creación e análise de imaxes bidimensionais e tridimensionais. Visualización dos deseños.

-Planificación do traballo.

-Rigor no proceso metodolóxico.

-Interese pola actualización dos coñecementos dos medios informáticos.

-Vontade de innovación e investigación.

Criterios de avaliación

* Secuencia-la realización dun proxecto incorporando os diferentes estadios dos medios multimedia.

* Realizar proxectos utilizando diferentes soportes: fotografía, vídeo, animática, materiais gráficos, etc.

* Elixir, en función das características dun proxecto, o equipo e o programa informático adecuados.

* Analiza-lo grao de oportunidade dos medios informáticos empregados nun determinado traballo.

3.2.8. Módulo 8: medicións, orzamentos e planificación de obras.

Capacidades terminais

* Realizar unha correcta división da obra por capítulos.

* Describir con precisión unidades de obra, tanto convencionais como singulares.

* Establece-lo criterio de medición axeitado en cada unidade de obra.

* Aplica-lo proceso de medicións como ferramenta de autocontrol do desenvolvemento técnico do proxecto.

* Avaliar en todo momento do proceso a situación económica da obra.

* Aplicar programas informáticos sinxelos para medir e orzar.

* Analiza-la orde sistemática das tarefas na realización dunha obra.

* Estima-lo tempo de execución para coordina-los diferentes profesionais industriais que interveñen na obra.

* Organizar e coordina-lo persoal operario, así como o tempo que emprega, co fin de mellora-lo resultado.

* Controla-lo inicio e o acabado do traballo de cada operario que intervén na obra.

* Aceptar ou rexeitar materiais, segundo os contratos previstos nos proxectos, comprobando unidades, texturas e tonalidades propias de cada un deles.

Contidos

-División da obra por capítulos.

-Unidades de obra. Descrición e unidades de medida.

-Criterios de medición.

-Medición.

-Programas de medicións e orzamentos por ordenador.

-Bases de datos de prezos. Prezos unitarios. Prezos desagregados.

-Axustes de orzamentos.

-Certificacións.

-Control económico da obra.

-Planificación de obras. Planning. Sistemas Pert e Gantt. Camiño crítico. Tempos mortos.

Criterios de avaliación

Valoraranse os seguintes termos:

* Capacidade para describir unidades de obra e a súa inclusión no capítulo correcto.

* Adquisición dos criterios de medición axeitados nas distintas unidades de obra.

* Capacidade para realizar medicións correctamente.

* Manexo correcto do ordenador de programas informáticos sobre medicións e orzamentos.

* Capacidade para manexar bases de datos de prezos, e tamén na formación de prezos compostos.

* Capacidade para realizar axustes de orzamentos, certificacións de obra e control económico de obra.

* Capacidade para planificar obras.

* Capacidade para elaborar gráficos dos diferentes sistemas de planificación de obras.

* Corrección e axilidade na lectura e na interpretación de datos e gráficos.

* Capacidade de organización correcta das obras en tempos e oficios.

3.2.9. Módulo 9: proxectos.

Capacidades terminais

* Adoptar métodos racionais de traballo.

* Utilizar correctamente a linguaxe gráfica, así como as técnicas máis axeitadas en cada caso.

* Materializar ideas con solucións alternativas e innovadoras.

* Interpretar e executar proxectos, e estudia-la súa viabilidade.

* Analiza-la repercusión no proxecto dos parámetros ambientais.

Contidos

-A organización do proxecto: forma e espacio, función, escala, proporción, composición e normalización.

-Metodoloxía: toma de datos, programa, idea e formulación resolutiva.

-Vivenda e espacios residenciais. Tipoloxías.

-Desenvolvemento do proxecto: anteproxecto, aplicación ergonómica e proxecto básico.

-Ambientación: condicionantes físicos, económicos e culturais.

-Repercusións ambientais nos proxectos de decoración.

-Metodoloxía da proxección, análise de solucións e selección de alternativas.

-Aplicación de técnicas gráficas.

-Defensa e exposición do proxecto: parte gráfica e parte documental.

-Precisión informativa na expresión e comunicación proxectual.

-Recoñecemento do carácter básico do debuxo como medio de expresión.

-Secuenciación ordenada do traballo para obter un determinado resultado da obra.

-Valoración do coñecemento tecnolóxico na proxección.

Criterios de avaliación

* Integra-lo coñecemento teórico e práctico na realización do proxecto.

* Analizar criticamente un proxecto alleo e establece-la súa viabilidade.

* Representar con precisión un bosquexo acoutado.

* Defende-lo proxecto facendo mención á súa idoneidade e singularidade.

* Organiza-los espacios correctamente.

3.2.10. Módulo 10: proxectos: arquitectura efémera.

Capacidades terminais

* Proxectar e dirixir (atendendo), tendo en conta ó espacio, á súa función, ó usuario e ó custo da obra.

* Desenvolver correctamente as fases do anteproxecto, nas súas vertentes gráfica e de documentación.

* Realizar de forma correcta a representación gráfica do proxecto final de arquitectura efémera.

* Desenvolve-la sensibilidade artística, a imaxinación e a creatividade.

* Presentar correctamente a documentación e o orzamento do traballo.

* Analiza-las condicións antropométricas e ergonómicas da obra.

Contidos

-Definición e desenvolvemento da linguaxe gráfica do proxecto.

-Forma e función: aspectos formais, funcionais e executivos na definición e no desenvolvemento de proxectos dados.

-Concepto de deseño ambiental. Interacción entre volume-persoa.

-A organización do traballo en equipo.

-A representación gráfica do proxecto de arquitectura efémera.

Criterios de avaliación

Valoraranse os seguintes termos:

* O desenvolvemento correcto das fases do anteproxecto, nas súas vertentes gráfica e de documentación.

* A realización correcta do proxecto final.

* Saber aplicar no proxecto os coñecementos adquiridos noutros módulos.

* A sensibilidade artística, a imaxinación e a creatividade demostradas no traballo.

* A presentación correcta do proxecto.

3.2.11. Módulo 11: tecnoloxía e sistemas constructivos.

Capacidades terminais

* Identifica-las bases tecnolóxicas dos sistemas e dos equipamentos propios da especialidade.

* Analizar sistemas constructivos e procesos de execución.

* Describi-lo comportamento mecánico dos materiais e a súa aplicación, e razoa-las súas calidades en función da súa composición e estructura.

* Manexa-las normas tecnolóxicas da edificación.

Contidos

-Comportamento mecánico dos materiais. Tipos.

-Solicitación dos materiais: tracción, flexión e torsión.

-Tipoloxías e elementos estructurais.

-Propiedades e características que definen a calidade dos distintos materiais: unidades, ensaios e normativa. Aproveitamento dos materiais con tecnoloxía ecolóxica.

-Física e química dos materiais máis habituais: pétreos, cerámicos, formigóns, pastas e masas, madeiras, metais, vidros, téxtiles, plásticos e estratificados.

-Elementos convencionais e singulares:

-Pechamentos, forxados, revestimentos, escaleiras, cubertas, etc.

-Tipoloxía.

-Normas tecnolóxicas da edificación. Aplicación práctica.

-Clasificación e comportamento dos materiais. Propiedades. Adecuación, verificación e control.

-Aplicación das normas tecnolóxicas.

-Identificación dos paramentos máis usuais, interiores e exteriores.

-Selección de sistemas constructivos. Tipoloxía.

-Análise de elementos convencionais e singulares.

-Análise das diferencias entre os materiais tradicionais non ecolóxicos e os ecolóxicos, así como a súa repercusión na obra (calidade, custo e estética).

-Interese pola economía de medios e a rendibilidade de esforzos.

-Respecto polo medio.

-Curiosidade polas posibilidades expresivas de cada material e polos procedementos técnicos necesarios na súa manipulación.

Criterios de avaliación

* Describi-la tecnoloxía empregada na construcción dalgún elemento propio da especialidade.

* Analizar algún sistema constructivo tradicional a partir do seu proceso de execución.

* Calcula-las propiedades mecánicas dunha serie de materiais propostos.

* Xustifica-la elección correcta dun material, en función das súas propiedades, para que responda ó uso para o que se destina.

* Redactar propostas técnicas empregando diferentes tipoloxías estructurais.

* Identifica-los parámetros constructivos utilizados nun deseño.

* Propor solucións diferentes ós elementos convencionais e singulares dun traballo.

3.2.12. Módulo 12: tecnoloxía e sistemas constructivos: arquitectura efémera.

Capacidades terminais

* Identifica-los procesos industriais de manipulación de madeira e de metal.

* Analiza-los materiais lixeiros recollidos nos contidos, así como os seus procesos, manipulacións e xeitos de montaxe.

* Desenvolve-la capacidade de imaxinar e empregar novas formas de montaxe.

* Identifica-las tipoloxías de estructuras industrializadas en madeira, aluminio e aceiro.

* Deseñar e predimensionar estructuras lixeiras, tanto fixas como desmontables, pregables ou modulables.

* Desenvolve-la execución de estructuras máis complexas xa deseñadas.

* Empregar con corrección os diferentes sistemas de fixación e ancoraxe.

* Deseñar e solucionar constructivamente sistemas non tradicionais de elementos de separación verticais, elementos horizontais suspendidos, modificacións do nivel do chan, etc.

* Aplicar distintos acabados finais utilizables en arquitecturas efémeras.

* Analiza-los fundamentos físicos, conceptos e unidades de luminotecnia, así como tipos de lámpadas, características, propiedades e usos axeitados, tipos de luminarias e a súa adecuación a distintos usos.

* Deseñar e predimensionar instalacións de iluminación sinxela en arquitecturas efémeras e interpretar e levar a efecto instalacións máis complexas.

* Analizar instalacións de comunicación que capaciten para o predimensionamento de instalacións sinxelas e para a comprensión de instalacións complexas.

Contidos

-Procesos industriais en madeira.

-Procesos industriais en metal.

-Manipulado do vidro. Tratamentos.

-Prefabricados plásticos. Manipulado.

-Téxtiles. Posta en obra.

-Papel, cartonaxes e derivados.

-Deseño de estructuras lixeiras.

-Estructuras de madeira, aluminio e aceiro. Tipoloxía e predimensionamento.

-Estructuras desmontables.

-Elementos non tradicionais de separación vertical.

-Falsos teitos. Elementos suspendidos.

-Modificacións do nivel do chan non tradicionais.

-Acabados finais. Pinturas, téxtiles e plásticos.

-Sistemas de fixación: mecánicos e adhesivos.

-Introducción á luminotecnia. Fundamentos físicos e unidades.

-Lámpadas e luminarias.

-Deseño e predimensionamento de instalacións de iluminación.

-Instalacións de comunicación: megafonía, vídeo e telefonía.

Criterios de avaliación

Valoraranse os seguintes termos:

* Uso correcto dos materiais máis habituais en arquitecturas efémeras.

* Soltura no emprego e nas formas de montaxe dos procesos.

* Capacidade de diálogo cos profesionais implicados.

* Capacidade para deseñar estructuras lixeiras.

* Capacidade para deseñar e resolver constructivamente estructuras desmontables e transportables.

* Adquisición de criterios para a correcta elección de materiais e sistemas na construcción de arquitecturas efémeras.

* Lámpadas e luminarias.

* Deseñar e predimensionar instalacións sinxelas de iluminación.

* Comprensión de instalacións de comunicación.

3.2.13. Módulo 13: formación e orientación laboral.

Capacidades terminais

* Describi-lo marco legal do traballo e interpreta-los dereitos e as obrigas que derivan das relacións laborais.

* Establecer no ámbito laboral as medidas de protección e prevención que correspondan ás situacións de riscos existentes, e determina-las medidas sanitarias básicas e inmediatas en caso de accidente.

* Identifica-los xeitos e os procedementos de inserción, permanencia e promoción na realidade laboral como traballador por conta propia e por conta allea, e localiza-las axudas que prestan á inserción laboral as institucións e organismos autonómicos, estatais e comunitarios.

* Adquiri-las habilidades necesarias para o fomento de iniciativas dirixidas ó traballo en grupo.

* Interpreta-los datos da estructura socioeconómica galega e española para poder coñece-la situación actual e as perspectivas do sector a nivel autonómico, estatal e comunitario.

* Explica-la organización e a xestión dunha pequena ou mediana empresa do sector, e interpreta-los parámetros económicos que a determinan.

* Desenvolver actitudes de participación e de colaboración que favorezan o logro dos obxectivos da empresa.

* Describi-los instrumentos xurídicos, empresariais e profesionais propios da especialidade co obxecto de coñece-los dereitos e asumi-las obrigas que derivan do labor profesional.

* Descubri-la realidade sociolaboral, cultural e técnica, desde a experiencia dos profesionais, co obxecto de adquiri-los coñecementos complementarios necesarios para a práctica da profesión.

Contidos

Comúns:

-O marco xurídico das relacións laborais: Estatuto dos traballadores e regulamentación específica do sector.

-Localización da normativa aplicable en materia de seguridade, tanto para a empresa como para os traballadores.

-Condicións de traballo e de seguridade. Medidas de prevención e de protección. Primeiros auxilios.

-O proceso de procura de emprego. O traballo asalariado, na Administración e por conta propia. A empresa social.

-Organismos e institucións autonómicos, estatais e comunitarios, que prestan asesoramento á inserción laboral. Axudas económicas á iniciativa empresarial.

-Conceptos básicos de economía e de mercadotecnia.

-Iniciativas para o traballo por conta propia: o plan de empresa, plan de viabilidade, tipos de empresas e constitución dunha empresa.

-A empresa: o seu funcionamento económico. Obtención de recursos. Organización da producción e comercialización dos seus productos. Interpretación do estado das contas anuais. Obrigas xurídicas e fiscais.

Dereito específico:

-Protección ó deseño: propiedade intelectual. Rexistro da propiedade intelectual. Entidades de xestión. A propiedade industrial. Os modelos e debuxos industriais e artísticos. Rexistro e procedemento rexistral.

-A protección internacional das innovacións.

-Os signos distintivos: marca, rótulo e nome comercial.

-Información sobre normas técnicas. Centros e asociacións de investigación e desenvolvemento da industria.

Criterios de avaliación

* Verifica-la asimilación dos conceptos fundamentais que se inclúen nos bloques temáticos.

* Contrasta-lo interese pola materia.

* Amosar unha actitude de respecto pola saúde persoal e colectiva.

* Conseguir actitudes axeitadas que faciliten a inserción, a permanencia e a promoción no mundo do traballo.

* Amosar unha actitude emprendedora e creativa ante as propias necesidades e aspiracións.

* Verifica-la utilización correcta dunha terminoloxía específica en torno ós contidos económicos, laborais, de mercadotecnia, xurídicos ou empresariais.

* Valoración razoada da normativa específica pola que se rexe este campo profesional.

3.3. Fase de prácticas en empresas, estudios ou talleres.

Os seus obxectivos serán:

* Asumi-la realidade profesional para completa-la formación académica, realizando un cometido laboral de responsabilidade acorde co seu nivel.

* Tomar contacto co mundo do traballo e co seu sistema de relacións sociais, laborais e técnicas.

* Contrasta-los coñecementos adquiridos no centro educativo coa realidade empresarial e laboral.

* Adquirir coñecementos complementarios útiles para a práctica profesional, tanto sobre a organización e coordinación do traballo propio da especialidade como sobre a situación e relacións do mercado laboral.

* Adquiri-los coñecementos técnicos sobre útiles, ferramentas, aparellos e máquinas que, pola súa especialización, custo ou novidade non están ó alcance do centro educativo.

* Participar de forma activa nas fases do proceso productivo, baixo a titoría ou dirección correspondente.

* Aplica-los coñecementos e habilidades que se adquiriron na formación teórica e práctica do alumno ou alumna nos centros docentes.

* Integrarse no mundo laboral e no sistema técnico-social da empresa.

3.4. Proxecto final.

O proxecto final ten como obxectivo comprobar se o/a alumno/a asimilou e ten a capacidade de integrar, sincretizar e aplica-los coñecementos teórico-prácticos e artísticos das ensinanzas cursadas no centro e, en consecuencia, de desempeña-la actividade profesional no campo desta especialidade e nivel cursados.

Nesta familia profesional, o proxecto consistirá na realización dun traballo propio do seu nivel pertencente ó campo do deseño de interiores de que trate este ciclo formativo.

O proxecto final terá o seguinte contido:

* Información e comunicación.

-Documentación histórica, situación estética, artística e técnica de referencia que sitúe o traballo no ámbito profesional e indique as achegas ou peculiaridades que ofrece o traballo.

-Memoria, onde se realizará unha análise dos procesos e das fases de realización do traballo, así como dos seguintes aspectos:

-Aspectos funcionais.

-Aspectos estéticos.

-Aspectos técnicos: detalles constructivos, materiais e procesos necesarios para a súa realización.

-Aspectos económicos: cálculo dos custos necesarios para a súa realización.

-Testemuña gráfica das diversas etapas do traballo (detalles, planos, etc.), así como, de se-lo caso, propostas de catálogo, montaxe e organización dunha exposición dos proxectos.

* Realización: realización da obra á que se refire o proxecto.

-Representación gráfica: planos, detalles, instalacións. Incluirá unha memoria gráfica das diversas etapas da realización.

-Estudio económico: medicións e orzamentos.

-Programación e planificación da obra.

4. Ordenación académica e impartición.

4.1. Admisión do alumnado.

4.1.1. Acceso con requisitos académicos.

Para acceder ó ciclo formativo de grao superior ó que se refire este decreto, será preciso estar en posesión do título de bacharelato ou ter superados os estudios equivalentes a ese título, segundo o establecido nos anexos I e II do Real decreto 986/1991, do 14 de xuño, polo que se aproba o calendario de aplicación do novo sistema educativo, modificado polo Real decreto 173/1998, do 16 de febreiro, e superar unha proba de acceso específica.

4.1.2. Exencións da proba de acceso específica.

Estarán exentos de realiza-la proba de acceso prevista no artigo 6º deste decreto:

* Aqueles aspirantes que tiveran cursado, no bacharelato de artes, a materia de fundamentos do deseño, debuxo artístico II e debuxo técnico.

* Aqueles aspirantes que tiveran superados os estudios experimentais de bacharelato artístico definido na Orde do 21 de outubro de 1986 (BOE do 6 de novembro).

* Aqueles aspirantes que estiveran en posesión do título de graduado en artes aplicadas en especialidades do ámbito de deseño de interiores.

* Aqueles aspirantes que estiveran en posesión do título de técnico superior correspondente a outro ciclo formativo da mesma familia profesional.

4.1.3. Acceso sen requisitos académicos.

Non obstante o disposto nos puntos anteriores, será posible acceder ó ciclo formativo establecido neste decreto sen estar en posesión do título de bacharelato, sempre que o aspirante teña cumpridos os vinte anos de idade e supere unha proba na que demostre tanto madureza intelectual, acreditada a través do dominio das capacidades lingüísticas, de razoamento e de coñecementos fundamentais da etapa educativa anterior relacionadas co ensino ó que aspira, como as habilidades específicas necesarias para cursar con aproveitamento as ensinanzas correspondentes.

A dita proba será regulada pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

4.2. Fase de prácticas en empresas, estudios ou talleres.

A fase de formación práctica en empresas, estudios ou talleres poderá consistir tanto na realización de prácticas en entidades de titularidade pública ou privada como en traballos profesionais academicamente dirixidos e integrados no currículo, así como aqueles efectuados no marco de programas de intercambio estatal ou de carácter internacional.

A fase de prácticas en empresas, estudios ou talleres realizarase unha vez superada a totalidade dos módulos. Excepcionalmente, o equipo docente do ciclo poderá autoriza-la súa realización simultánea coas actividades de recuperación a aqueles alumnos que teñan un máximo de dous módulos sen superar, sempre que quede garantido que non se produza mingua na capacidade das tarefas de recuperación.

A avaliación faraa o profesor titor ou a profesora titora do centro educativo e nela colaborará a persoa responsable de formación do alumnado designada polo centro de traballo no período de estadía nel. A cualificación final estará expresada en termos de apto ou non apto. Será realizada polo titor do ciclo.

4.3. Proxecto final.

4.3.1. Fases de entrega e avaliación.

* Anteproxecto. Unha vez aprobados os módulos e a fase de formación práctica en empresas, estudios

ou talleres, o alumno presentará un proxecto da súa especialidade, dirixido por un profesor titor, ante un tribunal avaliador. O anteproxecto deberá reflectir a grandes trazos o contido do proxecto que se vaia realizar.

* Aceptación. Para a aceptación do anteproxecto, o tribunal avaliador terá en conta os seguintes aspectos:

-O seu interese global, tendo en conta a proposta estética, a orixinalidade da formulación e a súa adecuación á demanda real do producto de que se trate.

-A posibilidade de realización efectiva do proxecto, nos prazos establecidos e tendo en conta os medios e as instalacións cos que se conta.

No suposto de non aceptación, o tribunal ofertará unha proposta alternativa ó alumno.

* Inscrición. Formalizarase unha vez aceptado o anteproxecto.

* Elaboración e prazo de execución. O proceso de realización do proxecto desenvolverase dentro do último trimestre do curso no que se superasen os módulos do ciclo formativo.

* Avaliación. O proxecto avaliarase globalmente. Cualificarase entre 0 e 10 puntos. Para a avaliación positiva requírese unha cualificación igual ou superior a cinco.

O número máximo de convocatorias para a superación do proxecto final é de dúas. No suposto de que se dera algunha circunstancia que impedise o normal desenvolvemento do proxecto, a dirección do centro, con carácter excepcional, poderá autorizar unha convocatoria extraordinaria.

Os tribunais considerarán na avaliación dos proxectos a súa capacidade ou interese pedagóxico para servir como pauta ou referencia ós demais alumnos e alumnas. Para tal efecto, incluirán no seu calendario de actividades a organización de exposicións de proxectos finais.

4.3.2. Titoría e tribunal avaliador.

A titoría do proxecto final será por conta do titor do ciclo formativo ou dun membro do equipo docente. Neste último caso actuará como relator o titor.

A aceptación da proposta do proxecto final e a súa avaliación, así como a determinación específica dos prazos, procesos e pautas para a realización, entrega e avaliación dos proxectos corresponderalle a un tribunal integrado por:

* Presidente: o director do centro ou o profesor en quen delegue.

* Secretario: o do propio centro, que actuará con voz pero sen voto, levantará acta das sesións e encargarase de facilitar e coordina-la utilización dos medios que, de se-lo caso, o centro poña ó dispor dos alumnos para a realización dos proxectos, no período establecido para a súa execución.

* Vocais: polo menos tres, nomeados polo director, dos que dous membros serán profesores do ciclo.

O director poderá designar ademais un profesor de recoñecido prestixio no campo correspondente ó ciclo formativo e alleo ó centro educativo.

4.4. Especialidades do profesorado con atribución docente nos módulos profesionais do ciclo formativo de arquitectura efémera.

Os funcionarios do corpo de profesores de artes plásticas e deseño e do corpo de mestres de taller de artes plásticas e deseño impartirán con carácter preferente os módulos deste ciclo, de conformidade coa atribución de módulos a especialidades que figura na columna (A) deste anexo.

Non obstante, co fin de lograr un óptimo aproveitamento dos recursos dispoñibles no centro, na súa organización, os devanditos módulos poderán ser impartidos por funcionarios e funcionarias doutras especialidades, de conformidade co que figura na columna (B), sen que iso produza efectos na adscrición de especialidade.

MódulosEspecialidade do profesorado

(A)(B)

1Historia da arquitecturaProfesor APD de:

e do seu contorno

ambiental

-Historia da arte-Historia da arte e da

cerámica-Cultura xeral cerámica

2Historia da arquitecturaProfesor APD de:

efémera-Historia da arte-Historia da arte e da

cerámica-Cultura xeral cerámica

3Expresión volumétricaProfesor APD de:

-Modelado e baleirado-Imaxinería castelá-Moldeaxe e figuras-Moldes-Adorno e figura

4Tecnoloxía e sistemas Profesor APD de:

constructivos-Elementos constructivos-Materiais e elementos de

construcción

5Tecnoloxía e sistemas Profesor APD de:

constructivos:

arquitectura efémera

-Elementos constructivos-Materiais e elementos de

construcción

6ProxectosProfesor APD de:

-Proxectos de arte decorativa

-Teoría e práctica do deseño

7Proxectos: arquitecturaProfesor APD de:

efémera-Proxectos de arte decorativa

-Teoría e práctica do deseño

8Teoría do interiorismoProfesor especialista

9Debuxo e cor:Profesor APD de:Profesor APD de:

arquitectura efémera-Debuxo artístico-Teoría e práctica do deseño
-Colorido e procedementos

pictóricos

-Proxectos de arte decorativa
-Composición decorativa,

pintura e escultura relixiosa

-Teoría e práctica do deseño
-Decoración sobre pastas

cerámicas

-Deseño de figurinos
-Análise de forma e cor -Corte e confección
-Procedementos pictóricos
-Técnicas de colorido

aplicado á cerámica

-Debuxo publicitario
-Composición ornamental

e proxectos

-Composición ornamental
-Estilización artística e

colorido-Decoración elemental

cerámica

10Debuxo técnicoProfesor APD de:

-Debuxo lineal

MódulosEspecialidade do profesorado

(A)(B)

11Deseño asistido Profesor APD de:

por ordenador:

arquitectura e

planificación de obras

-Deseño asistido por

ordenador

12Medicións, orzamentosProfesor APD de:

e planificación de obras-Elementos constructivos-Materiais e elementos de

construcción

13Formación e orientaciónProfesor APD de:

laboral-Dereito usual-Organización industrial

4.5. Espacios e instalacións.

As condicións de espacio e instalacións que deben reuni-los centros educativos son as que fixa o Real decreto 389/1992, do 15 de abril, polo que se regulan os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas artísticas.

Para os efectos do disposto no artigo 40.1º, parágrafos k), l), m), do real decreto anteriormente citado, os módulos deste ciclo formativo clasifícanse nos seguintes puntos:

* Teóricos:

-Historia da arquitectura e do seu contorno ambiental.

-Historia da arquitectura efémera.

-Teoría do interiorismo.

-Medicións, orzamentos e planificación de obras.

-Formación e orientación laboral.

* Teórico-prácticos:

-Debuxo e cor: arquitectura efémera.

-Expresión volumétrica.

-Debuxo técnico.

-Proxectos.

-Proxectos: arquitectura efémera.

-Tecnoloxía e sistemas constructivos.

-Tecnoloxía e sistemas constructivos: arquitectura efémera.

* Talleres específicos.

-Deseño asistido por ordenador: arquitectura efémera.

Espacio formativoSuperficieGrao de utilización

Aula teórica45 m20%

Aula teórico-práctica80 m65%

Aula de informática30 m10%

4.6. Relación numérica profesor/alumno.

De conformidade co establecido no artigo 44 do Real decreto 389/1992, do 15 de abril, polo que se regulan os requisitos mínimos dos centros que impartan as ensinanzas artísticas, manterase unha relación numérica entre profesor e alumno non superior a 1/15 nos seguintes módulos: proxectos, proxectos: arquitectura efémera, tecnoloxía e sistemas constructivos, tecnoloxía e sistemas constructivos: arquitectura efé

mera, e deseño asistido por ordenador: arquitectura efémera. Ó resto dos módulos aplicaráselle a ratio máxima 1/30.

En función da dispoñibilidade de cada centro e sempre que sexa posible, tenderase a aplica-la relación 1/15 nos módulos impartidos nas aulas teórico-prácticas.

4.7. Correspondencias.

Poderán ser obxecto de correspondencia coa práctica laboral os seguintes módulos:

* Proxectos.

* Formación e orientación laboral.

Así mesmo, poderá quedar total ou parcialmente exento da fase de formación práctica en empresas, estudios e talleres, quen acredite experiencia laboral no campo profesional directamente relacionado con este ciclo formativo.

4.8. Distribución horaria.

Os módulos profesionais deste ciclo formativo organízanse do seguinte xeito:

Horas totaisDenominación dos módulos

1º, 2º e 3º trimestre

65Historia da arquitectura e do seu contorno ambiental

95Debuxo e cor: arquitectura efémera

65Teoría do interiorismo

125Expresión volumétrica

125Debuxo técnico

65Historia da arquitectura efémera

260Proxectos

95Tecnoloxía e sistemas constructivos

65Horas de libre disposición

960TOTAL

4º, 5º e 6º trimestre

65Formación e orientación laboral

110Deseño asistido por ordenador: arquitectura efémera

90Medicións, orzamentos e planificación de obras

240Proxectos: arquitectura efémera

195Tecnoloxía e sistemas constructivos: arquitectura efémera

700TOTAL

185Proxecto final

105Formación práctica en empresas, estudios ou talleres

290TOTAL

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA