Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Mércores, 20 de marzo de 2002 Páx. 3.676

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN PARA O FOMENTO DA CALIDADE INDUSTRIAL E DESENVOLVEMENTO TECNOLÓXICO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 18 de febreiro de 2002 pola que se convoca o proceso de selección para ingreso no cadro de persoal laboral fixo da Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia.

En cumprimento da Lei 10/1996, do 5 de novembro (Diario Oficial de Galicia nº 227, do 20 de novembro) de actuación de entes e empresas nas que teña participación maioritaria a Xunta de Galicia, en materia de persoal e contratación, resólvese convoca-lo proceso selectivo para o persoal laboral fixo da Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia.

Convócanse tres (3) prazas para o Centro de Innovación e Servicios Tecnolóxicos da Madeira de Galicia.

Praza a): auxiliar administrativo (segundo bases).

Praza b): técnico medio (arquitectura técnica ou superior).

Praza c): técnico superior (enxeñería superior, segundo bases, ou arquitectura superior).

Recollida de bases. Lugar e prazo de presentación de solicitudes:

-As bases da convocatoria e demais requisitos específicos de cada praza pódense recoller nas oficinas de servicios centrais da fundación, sitas na praza de Europa nº 10-A, 6º B, Área Central, 15707 Santiago de Compostela, teléfonos: 981 56 22 77/81;

ou ben no Centro de Innovación e Servicios Tecnolóxicos da Madeira, sito no Parque Tecnolóxico de Galicia en San Cibrao das Viñas, 39901 Ourense, teléfono: 988 36 81 52.

-As solicitudes dirixiranse ó presidente do Consello de Dirección da fundación e presentaranse ou remitiranse por correo certificado ás oficinas de servicios centrais da fundación sitas na praza de Europa nº 10-A, 6º B, Área Central, 15707 Santiago de Compostela.

-O prazo de presentación será de 30 días naturais contados a partir do día seguinte á publicación da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de febreiro de 2002.

José Manuel González González

Presidente do Consello de Dirección da

Fundación para o Fomento da Calidade Industrial

e Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia