Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Mércores, 20 de marzo de 2002 Páx. 3.675

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

ANUNCIO de concurso con procedemento aberto.

Obxecto: asistencia á deputación para realización dos servicios de mantemento e conservación da explotación agrícola no Pazo de Mariñán.

Orzamento: 93.156,88 euros, IVE incluído.

Prazo de execución: doce meses a partir da data de formalización do contrato en documento administrativo.

Garantías:

Definitiva: 4% do orzamento de adxudicación.

Clasificación: non se esixe.

Información: Servicio de Patrimonio e Contratación.

Anuncio extenso: BOP.

Proposicións: poderán presentarse no Servicio de Patrimonio e Contratación ata as 13 horas do día, dentro do prazo de 15 días naturais contados desde o seguinte ó da derradeira publicación do anuncio de licitación no BOP ou Diario Oficial de Galicia.

Gastos de anuncios: os gastos do presente anuncio serán por conta do adxudicatario.

A Coruña, 6 de marzo de 2002.

José Luis Torres Colomer

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía

Secretario da Deputación Provincial da Coruña

FUNDACIÓN PARA O FOMENTO DA CALIDADE INDUSTRIAL

E DESENVOLVEMENTO TECNOLÓXICO

DE GALICIA