Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Mércores, 20 de marzo de 2002 Páx. 3.669

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA BAÑA

ANUNCIO de licitación.

De conformidade co disposto no artigo 78 da TRLCAP, anúnciase concurso, por procedemento aberto e trámite de urxencia, para a adxudicación de adquisición de subministración dun tractor, conforme o seguinte contido:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello da Baña.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: adquisición de subministración dun tractor para o arrastre de rozadoras mecánicas, coas características técnicas establecidas na memoria aprobada polo Pleno da Corporación do 24 de setembro de 2001, e que figura no expediente.

(Plan XXI para o fomento do turismo de natureza na provincia da Coruña).

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación:

a) 33.147,18 euros, IVE incluído.

5. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Concello da Baña.

b) Domicilio: praza do Concello, s/n.

c) Teléfono: 981 88 65 01.

6. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: 8 días naturais contados desde a publicación deste anuncio no BOP e no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a que figura no prego de cláusulas administrativas particulares para a contratación, mediante concurso con procedemento aberto, de subministracións comprendidas nos plans provinciais da Deputación Provincial da Coruña (BOP nº 78, do 4 de abril de 2001).

c) Lugar de presentación: secretaría do Concello da Baña.

7. Apertura de ofertas:

a) Lugar: Concello da Baña.

b) Data: ás trece horas do segundo ou último venres hábil de cada mes, seguinte ó día en que remate o prazo de presentación de ofertas.

8. Gastos dos anuncios: por conta do adxudicatario.

A Baña, 15 de febreiro de 2002.

José Andrés García Cardeso

Alcalde