Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Mércores, 20 de marzo de 2002 Páx. 3.668

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 2002, da División de Recursos Económicos, pola que se fai pública a adxudicación definitiva da contratación da subministración SCS.-35/2001, para adquisición de equipamento de alta tecnoloxía e ecógrafos con destino a diversos hospitais da Comunidade Autónoma de Galicia. Lugo. (8 lotes).

En cumprimento do disposto no artigo 93.2º do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, e no artigo 24 do Real decreto 390/1996, do 1 de marzo, esta división acorda dar publicidade ás adxudicacións das seguintes contratacións.

I. Adquisición do equipamento de alta tecnoloxía e ecógrafos con destino a diversos hospitais da Comunidade Autónoma de Galicia. (8 lotes).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servicio Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: División de Recursos Económicos.

c) Número de expediente: SCS.-35/2001.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: contrato de subministracións.

b) Descrición do obxecto: adquisición de equipamento de alta tecnoloxía e ecógrafos.

c) Lote: 8 lotes.

d) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 144, do 26 de xullo de 2001, BOE nº 180, do 28 de xullo de 2001 e DOCE S144, do 28 de xullo de 2001.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: oitocentos un millóns cincocentas mil pesetas, IVE incluído (801.500.000 pesetas, IVE incluído). 4.817.112,02 euros.

LoteDescriciónImporte dos lotes

1Resonancia magnética175.000.000 de ptas.1.051.771,18 euros

2Sala neurovascular dixital200.000.000 de ptas.1.202.024,21 euros

3Tac espiral181.000.000 de ptas.1.087.831,91 euros

4Telemando dixital136.000.000 de ptas.817.376,46 euros

5Xerador sala RX6.000.000 de ptas.36.060,73 euros

6Ecógrafos doppler color42.500.000 ptas.255.430,14 euros

7Ecógrafos dopp. c. altas prestacións56.000.000 de ptas.336.566,78 euros

8Ecógrafo5.000.000 de ptas.30.050,61 euros

Adxudicacións:

Lote nº 1: resonancia magnética.

a) Data: 20 de decembro de 2001.

b) Contratista: Philips Ibérica, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe da adxudicación: cento setenta e cinco millóns de pesetas, IVE incluído (175.000.000 de pesetas, IVE incluído) 1.051.771,18 euros.

Lote nº 2: sala neurovascular dixital.

Lote nº 3: tac espiral.

a) Data: 14 de decembro 2001.

b) Contratista: Ge Medical Systems España, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe da adxudicación: trescentos oitenta e un millóns de pesetas, IVE incluído (381.000.000 de pesetas, IVE incluído) 2.289,85 euros.

Lote nº 4: telemando dixital.

a) Data: 14 de decembro 2001.

b) Contratista: Siemens, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe da adxudicación: cento trinta e seis millóns de pesetas, IVE incluído (136.000.000 de pesetas, IVE incluído) 817.376,46 euros.

Lote nº 5: xerador sala RX.

a) Data: 14 de decembro de 2001.

b) Contratista: Ge Medical Systems España, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe da adxudicación: seis millóns de pesetas, IVE incluído (6.000.000 de pesetas, IVE incluído) 36.060,36 euros.

Lote nº 6: ecógrafos doppler color.

a) Data: 28 de decembro de 2001.

b) Contratista: Philips Ibérica, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe da adxudicación: corenta e dous millóns cincocentas mil pesetas, IVE incluído (42.500.000 pesetas, IVE incluído) 255.430,14 euros.

Lote nº 7: ecógrafo doppler color altas prestacións.

a) Data: 14 de decembro de 2001.

b) Contratista: Philips Ibérica, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: cincuenta e seis millóns de pesetas, IVE incluído (56.000.000 de pesetas, IVE incluído) 336.566,78 euros.

Lote nº 8: ecógrafo.

a) Data: 14 de decembro de 2001.

b) Contratista: Toshiba Medical Systems, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe da adxudicación: cinco millóns de pesetas, IVE incluído (5.000.000 de pesetas, IVE incluído) 30.050,61 euros.

En cumprimento do disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase, advirtíndose que esta resolución pon fin á vía administrativa e é susceptible do recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte á publicación da presente resolución, de conformidade coa Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 13 de febreiro de 2002.

Antonio Fdez.-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos Económicos