Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Mércores, 20 de marzo de 2002 Páx. 3.650

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

TRIBUNAL ECONÓMICO ADMINISTRATIVO DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA

ACORDO do 20 de febreiro de 2002 polo que se notifican as resolucións das reclamacións económico administrativas número 1848-C 01/2 interposta por Carmelo Salazar Hernández e número 2058-P 01/7 interposta por José Antonio Rodríguez Fernández.

Intentada inutilmente a notificación domiciliaria das resolucións correspontes ás reclamacións económico-administrativa nº 1848-C 01/2 interposta por Carmelo Salazar Hernández (domicilio notificacións: praza Duque de Medinaceli, 1-2º-2º, 08002 Barcelona) e nº 2058-P 01/7 interposta por José Antonio Rodríguez Fernández (domicilio notificacións: rúa Eugenio Kraff, 52-1º, Vigo), procédese á súa publicación de acordo co artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e dos artigos 83 e 86 do Real decreto 391/1996, do 1 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de procedemento nas reclamacións económico administrativas.

De acordo co artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, publícase que en reunión do 25 de outubro de 2001, o Tribunal Económico Administrativo da Comunidade Autónoma de Galicia declarou inadmisible por extemporánea a reclamación nº 1848-C 01/2 interposta por Carmelo Salazar Hernández; e en reunión do 26 de decembro de 2001, o Tribunal Económico Administrativo da Comunidade Autónoma de Galicia desestimou a reclamación nº 2058-P 01/7 interposta por José Antonio Rodríguez Fernández. Estas resolucións estarán ó dispor dos interesados nas dependencias da secretaría deste tribunal situadas na Consellería de Economía e Facenda (1º andar, Dirección Xeral de Tributos).

Estas resolucións esgotan a vía económico administrativa; contra elas os interesados poderán interpor recurso ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó desta publicación.

Santiago de Compostela, 20 de febreiro de 2002.

Susana Benedeti Corzo

Secretaria do Tribunal Económico Administrativo da Comunidade Autónoma de Galicia

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO,

MULLER E XUVENTUDE