Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 18 de marzo de 2002 Páx. 3.605

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 11 de marzo de 2002 pola que se anuncia a contratación, mediante concurso aberto, dos servicios de vixilancia e seguridade nas dependencias da Escola Galega de Administración Pública.

Obxecto: contratación da prestación dos servicios de vixilancia e seguridade nas dependencias da Escola Galega de Administración Pública, mediante concurso aberto.

Orzamento de licitación: 174.293 euros.

Garantía provisional: 3.485,86 euros.

Garantía definitiva: o 4% do importe de adxudicación.

Clasificación esixida: grupo III, subgrupo 2 e categoría B.

Prazo de execución: 1 ano.

Documentos de interese para os licitadores: a documentación poderá retirarse na Escola Galega de Admi

nistración Pública, os días e horas hábiles de oficina durante o prazo de presentación de proposicións, situada na rúa de Madrid 2-4, 15707 Santiago de Compostela, e no enderezo da Internet http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=988.

Modelo de proposición: o que figura como anexo I do prego de cláusulas administrativas particulares.

Prazo de presentación de proposicións: as proposicións terán que presentarse en sobre pechado, no rexistro xeral da Escola Galega de Administración Pública, situado na rúa de Madrid 2-4, 15707 Santiago de Compostela, ou por correo, da forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado. O prazo de admisión será de quince días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Apertura de proposicións: en acto público, na sala de reunións da Escola Galega de Administración Pública, ás 12 horas do terceiro día hábil, contado a partir do día seguinte a aquel en que remata o prazo para a presentación das ofertas.

O importe deste anuncio será por conta do adxudicatario, que o aboará con antelación á sinatura do contrato.

Santiago de Compostela, 11 de marzo de 2002.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración

Pública