Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 18 de marzo de 2002 Páx. 3.605

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 6 de febreiro de 2002, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se notifica a resolución do expediente sancionador de incendios OU 214/01 IN e dous máis, devoltos polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase á persoa que no anexo se menciona, a resolución do expediente sancionador correspondente por presunta infracción da Lei sobre incendios forestais 81/1968, do 5 de decembro e do seu regulamento, aprobado polo Decreto 3769/1972, do 23 de decembro, en relación coa Resolución do 23 de xaneiro do 2001, da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural, sobre medidas para a prevención de incendios forestais durante o ano 2001, ó non ser posible a súa notificación a través do servicio de correos.

Non obstante, de acordo cos arts. 107, 114 e 115 da Lei 4/1999 de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderá interpor recurso de alzada perante o conselleiro de Medio Ambiente no prazo dun mes contado dende o día seguinte ó da presente publicación.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. O importe da sanción que en cada caso corresponda farase efectiva empregando o impreso oficial que se facilitará na Delegación Provincial de Ourense ou en calquera unidade administrativa pertencente á Xunta de Galicia no prazo de quince días hábiles contados a partir do día seguinte ó que a presente resolución adquira firmeza -a firmeza producirase ó non interpoñer recurso no prazo indicado- . De non facelo dentro do prazo sinalado, procederase ó seu cobramento pola vía administrativa de constrinximento.

Ourense, 6 de febreiro do 2002.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente/nº/anoDenunciado DNIÚltimo enderezo coñecidoFeito denunciadoPrecepto infrinxido e

sancionador

Sanción

pesetas

OU 214/01 INJosefa de Vera Delgado

DNI: 05046561-C

r/ Pintor Rivera, 76

Móstoles (Madrid)

Abandono de vehículo

M-9668-CM

Art. 137 e) do Regulamento do 23-12-1972 en relación coa Resolución do 23-1-2001 da DXM e MAN300,51 A

(50.000 ptas)

OU 262/01 INPerexca, S.A.

CIF: 32034654

Casaio

32336 Carballeda de Valdeorras (Ourense)

Abandono de vehículo

OR-6507-K

Art. 137 e) do Regulamento do 23-12-1972 en relación coa Resolución do 23-1-2001 da DXM e MAN300,51 A

(50.000 ptas)

OU 266/01 INAlejandra González

DNI: LE-004734

Paseo Malecón, 31-3º

3200 O Barco de Valdeorras (Ourense)

Abandono de vehículo

LE-1468-F

Art. 137 e) do Regulamento do 23-12-1972 en relación coa Resolución do 23-1-2001 da DXM e MAN300,51 A

(50.000 ptas)