Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 18 de marzo de 2002 Páx. 3.601

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 7 de marzo de 2002, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se lle autoriza á empresa Sogama, S.A. a instalación dunha planta de xeración de enerxía eléctrica a partir de biogás no vertedoiro de RSU no concello de Cerceda (A Coruña), se aproba o seu proxecto de execución e se inclúe no réxime especial de producción de enerxía eléctrica. (Expediente 016-1/1997).

Examinado o expediente instruído por instancia da empresa Sociedade Galega de Medioambiente, S.A. (Sogama), con enderezo social para efectos de notificacións en Morzos, 10 baixo, San Román - As Encrobas, 15187 Cerceda (A Coruña), resultan os seguintes

Antecedentes de feito.

Primeiro.-Con data do 30 de outubro de 1998, a Dirección Xeral de Avaliación e Calidade Ambiental dictou resolución pola que se formula a decla

ración de efectos ambientais do proxecto de ampliación do depósito temporal de RSU no concello de Cerceda (A Coruña), promovido por Sogama.

Segundo.-Con data do 4 de xaneiro de 2002, a citada empresa solicitou a autorización administrativa, a aprobación do proxecto de execución e o recoñecemento da condición de instalación acollida ó réxime especial de producción de enerxía eléctrica regulado polo R.D. 2818/1998, do 23 de decembro, sobre producción de enerxía eléctrica por instalacións abastecidas por recursos ou fontes de enerxía renovables, residuos e coxeración, dunha planta de xeración eléctrica a partir do biogás obtido no vertedoiro de Cerceda (A Coruña). Xunta á dita solicitude o preceptivo proxecto das instalacións e o resto da documentación a que fai referencia o artigo 7 do citado R.D. 2818/1998.

Terceiro.-As características básicas da planta de xeración serán as seguintes:

-Tres motores de combustión interna de 756 kWe, a 1.500 r.p.m. funcionando con biogás.

-Tres alternadores síncronos de 1.010 kVA de potencia, 400 V de tensión de xeración, e factor de potencia > 0,8.

-Centro de transformación de potencia de 3.750 kVA e r/t 0,400/15-20 kV.

-Instalacións de protección, mando, sinalización e medida.

Cuarto.-De conformidade co establecido no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedemento de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña dictou Resolución do 16 de xaneiro de 2002 pola que se someteu a información pública a autorización administrativa da instalación de referencia, que se publicou no BOP da Coruña do 19 de xaneiro de 2002 e no Diario Oficial de Galicia do 23 de xaneiro de 2002, sen que se presentase no período legalmente establecido para iso ningunha alegación.

Quinto.-O proxecto está informado favorablemente pola Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña e cumpre coas esixencias regulamentarias fixadas no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, e coas demais que lle son de aplicación.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro, e o Decreto 15/2002, do 24 de xaneiro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, en relación co Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, e o Real decreto 2818/1998, do 23 de decembro, xa citados.

Segundo.-O proxecto, visado polo Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia, foi redactado conforme o esixido polos artigos 123 e 130 del Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedemento de autorización de instalacións de enerxía eléctrica e coas demais disposicións que lle son de aplicación.

Terceiro.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios.

Esta dirección xeral, de acordo con todo o que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

-Autorizarlle á empresa Sociedade Galega de Medioambiente, S.A. a construcción dunha planta de xeración de enerxía eléctrica de 2.268 kW para a partir de biogás de vertedoiro no termo municipal de Cerceda na provincia da Coruña.

-Aproba-lo proxecto de execución da citada planta de xeración.

-Recoñécerlle á planta de xeración autorizada a condición de instalación acollida ó réxime especial do R.D. 2818/1998, e incluíla no grupo b.7 do artigo 2 do dito real decreto.

Calquera modificación das instalacións autorizadas requirirá unha nova solicitude de autorización administrativa, de acordo co indicado no artigo 17.4º do Real decreto 1775/1967, do 22 de xullo, que fixa o réxime de instalación, ampliación e traslado das industrias en xeral.

Como requisito necesario para a aplicación á citada instalación do réxime especial, o promotor deberá inscribila no Rexistro de Instalacións de Producción de Enerxía Eléctrica en Réxime Especial da Comunidade Autónoma de Galicia, creado pola orde da Consellería de Industria e Comercio do 5 de xuño de 1995 (Diario Oficial de Galicia do 14 de xullo), no prazo de dous anos desde a publicación da presente resolución, para o que acreditará o cumprimento das condicións previstas no artigo 12 do R.D. 2818/1998, presentando a documentación que figure nas instruccións que dicte esta dirección xeral en desenvolvemento da dita orde.

Así mesmo, a instalación interconectarase co sistema centralizado que para o réxime especial estableza, de se-lo caso, a Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación.

Santiago de Compostela, 7 de marzo de 2002.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL

E TURISMO