Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 18 de marzo de 2002 Páx. 3.599

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (695/2000).

Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número catro da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 695/2000 por instancia de Ramón Martínez Martínez contra o Instituto Social da Mariña, a Tesourería Xeral da Seguridade Social e a empresa Naviera Guadiaro, S.A. sobre prestacións, nos que recaeu sentencia con data 31-1-2002 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Decido que, estimando a demanda promovida por Ramón Martínez Martínez contra o Instituto Social da Mariña, a Tesourería Xeral da Seguridade Social e a empresa Naviera Guadiaro, S.A., debo declarar e declaro que a base reguladora da pensión de xubilación que lle corresponde ó demandante é na contía 263.274 pesetas (1.582,31 euros), condenando as

demandadas a estar e pasar pola anterior declaración e á empresa codemandada Naviera Guadiaro, S.A. a que constitúa a Tesourería Xeral da Seguridade Social o capital custo de renda necesario para facer fronte á diferencia de pensión resultante desa base reguladora e ó Instituto Social da Mariña a que anticipe o aboamento da prestación na contía, forma e efectos económicos correspondentes.

Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela non cabe interpoñer recurso.

Así, por esta miña sentencia, da que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Naviera Guadiaro, S.A. expido e asino esta cédula na Coruña o 31 de xaneiro de 2002.

A secretaria xudicial

Rubricado