Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 18 de marzo de 2002 Páx. 3.597

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE MADRID (SALA DO SOCIAL)

EDICTO (3028/2001).

Ana María López-Medel Bascones, secretaria da Sala do Social da Sección Cuarta do Tribunal Superior de Xustiza de Madrid, fago saber que nesta sala se segue o recurso número 3028/2001 interposto por Julia de la Torre e outros, contra Encesa y otros, sobre dereitos, e que se dictou a seguinte resolución:

(Xúntase copia da sentencia do 5 de novembro de 2001).

E para que sirva de notificación a:

José Iglesias Salmón, Julia de la Torre Ibarrechea, José Jácome Montoto, Diamantina Couso Blanco, Ángeles Cano Rodríguez, José Antonio Bulto Serrano, Rafael Aguado Cabarrocas, Félix Acitores Balbas, Antonio Vázquez García, Victoriano Vázquez Castilejas, Luis Polo García-Redondo, Cándido Pereira Soto, Manuel Pazos Santiago, Caren Oubiña Buezas, Justo Mosquera González, Serafín Salado Castaño, Juan Castaño Santana, Josquin Castilla Orta, Antonio Borrajo Loureiro, Manuel González Couto, Antonio García Faro, Aquilino Redondo Fraguas, Modesto Iglesias Peiteado, Fernando Guede Acuña, Agustín Macías Vivas, Alicia Verón García, Antonio Valcárcel García, Fernando García Rivero, Antonio Vázquez García, Emilio Pradera Paz, Luis Polo García-Redondo, José Gutiérrez Malave, Juan González

Villanueva, Antonio Abad Sánchez-Villegas, Carmelo Guerrero Dias, José Antonio Vázquez Vázquez, Antonio Conde Marcons, Carlos Hermida Alonso, Aurelio Martínez Vázquez, Clara Morales Hoyos, Manuel Pazos Santiago, Manuel Veiga Cosque, José Conde Ferradas, Francisco Gutiérrez Sánchez, José M. Losada Barreiro, José Minero Cano, Alberto Martínez Solla, Antonio Millares Martín, José Muíños Silva, Manuel Padilla Hidalgo, Cándido Pereira Soto, Amando Quintáns López, Pedro Rebollo Rebollo, Antonio Rincón Rodríguez, Eduardo Rivas Vilas, José Rivera García, Rafael Ruibal Ruivero, Francisco Salmerón Villegas, Miguel Sánchez García, Martín Sánchez Soltero, José Soto Domínguez, Pedro Tayllefert García, José Tomé González, Jaime Vilas Montes, Francisco Castro Rivadulla, Jesús Álvarez López, Antonio Blanco Penide, Francisco Iglesias Martín, Francisco Quintals Cabanelas, herdeiros de Antonio Borrajo Loureiro, María Rocío Padilla Ruiz, herdeiros de Francisco Gutiérrez Sánchez, Manuel Romero López,

Daniel Vidal Boullosa,

actualmente en paradoiro ignorado, expido e asino este edicto en Madrid o 7 de febreiro de 2002.

Miguel Ángel Luelmo Millán.

Presidente.

José Luis Gilolmo López.

Concepción R. Ureste García.

En Madrid o 5 de novembro de 2001.

A Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Madrid, composta polos señores citados á marxe e en nome de El-Rei, dictou a seguinte sentencia:

No recurso de suplicación número 3028/2001, interposto polo letrado Javier Carbonell Rodríguez en representación de Julia de la Torre Ibarreche e outra, contra o auto dictado no 10 de xullo de 2000 polo Xulgado do Social número catro dos de Madrid, foi relatora Concepción R. Ureste García.

Antecedentes de feito.

Primeiro.-Que, segundo consta nos autos número 446/1998, do Xulgado do Social número catro dos de Madrid, foi presentada demanda por Julia de la Torre Ibarreche e outros contra a Empresa Nacional de Celulosas, S.A. (Ence, S.A.) e outros, en reclamación de tutela de dereitos fundamentais.

Segundo.-No 24 de maio de 1999 é dictado auto polo referido Xulgado do Social número catro dos de Madrid no que se declara a falta de competencia funcional dos xulgados do social de Madrid para coñecer da demanda formulada polos demandantes en materia de tutela de dereitos fundamentais, o coñecemento da cal corresponde á Sala do Social da Audiencia Nacional. Contra o dito auto interpuxeron recurso de resposición dous dos demandantes, que foi desestimado por Resolución do 10 de xullo de 2000.

Terceiro.-Contra a dita resolución interpuxo recurso de suplicación a representación letrada de Julia de la Torre Ibarreche e outra, sendo impugnado de contrario polo letrado de Vicente Antomás García e outros e pola representación letrada do grupo empresarial Ence, S.A. Elevados os autos a esta sala do social, dispúxose o seu paso ó relator para o seu exame e posterior resolución pola sala, provéndose ulteriormente a data de deliberación, votación e resolución.

Fundamentos de dereito.

Único.-A dirección da letrada da parte demandante interpón un único motivo de suplicación ó abeiro da alínea a) do artigo 191 TRLPL no que denuncia a infracción dos artigos 5.2º e 85.1º do mesmo texto procesual en relación co artigo 24 CE, solicitando, en esencia, que se declare a nulidade do actuado ata o momento da celebración do xuízo e a competencia do xulgado do social para coñecer da presente lite.

O auto combatido declara a falta de competencia funcional dos xulgados do social de Madrid para coñeceren da demanda formulada polos demandantes en materia de tutela de dereitos fundamentais, o coñecemento do cal remite á Sala do Social da Audiencia Nacional; para isto parte da configuración da pretensión trala comparecencia celebrada no 11-12-1998, coforme a cal se distingue unha pretensión principal de condena fronte á empresa -logo da declaración da nulidade radical do acto empresarial- a efectuar, ó seu exclusivo cargo, unha contribución suplementaria ó plan de pensións, e unha pretensión subsidiaria consistente na condena dos traballadores codemandados, pertencentes a centros de traballo radicados en distintas comunidades autónomas, ó pagamento da contribución suplementaria que alí se cuantificou, en proporción á contribución realizada pola empresa ó plan de pensións a favor de cada un deles, que implica -fundamenta a referida resolución que a sentencia que se dicte no proceso

producirá efectos de cousa xulgada en ámbito territorial superior á Comunidade Autónoma de Madrid.

A demanda que deu orixe ó presente procedemento é o de tutela de dereitos fundamentais e suplica que se declare que no tránsito do sistema antigo de previsión social dos traballadores de Ence, S.A. que prestan servicios no centro de traballo de Madrid, se produciu unha discriminación baseada no estado civil dos traballadores, que afecta principalmente ó colectivo de mulleres, sen que exista fundamento legal ou xustificación razoable, polo que tal conducta é radicalmente nula -prosegue aquela-, debendo recoñecerse ós traballadores solteiros de Ence, S.A. o mesmo trato que ós casados no tránsito dos sistemas de previsión social e, en consecuencia se condene (...); é dicir, trátase dunha acción con sustento na violación dun dereito fundamental dun grupo de traballadores que prestan os seus servicios nun centro de traballo que radica na Comunidade Autónoma de Madrid e, como xa puña de relevo a sentencia do Tribunal Supremo do 30-12-1994 «e, à marxe de que o ámbito de aplicación se

estenda a outras comunidades autónomas, afecta única e exclusivamente os ditos empregados polo que a competencia obxectiva, conforme a regra xeral establecida no artigo 6 da LPL, corresponde ó Xulgado do Social, ó non concorreren no caso as circunstancias especiais que, previstas no artigo 8 da repetida lei procesual, determinan a atribución da competencia á Audiencia Nacional». Esta conclusión, emitida no pronunciamento do Alto Tribunal atinente ós mesmos demandantes na demanda formulada entón ante a Sala do Social da Audiencia Nacional (que apreciou a excepción de incompetencia de xurisdicción), e no suplico da cal se circunscribía á petición principal antes sinalada- non resulta alterada pola ampliación da demanda realizada polos demandantes na comparecencia do 11-12-1998, ampliación que non aconteceu con relación

ás demandas que darían lugar ás sentencias do 26-11-1992 (Xulgado do Social número vintenove dos de Madrid) e 26-11-1993 (Tribunal Superior de Xustiza) sobre incompetencia de xurisdicción, 9-3-1994 (Audiencia Nacional) e 30-12-94 (Tribunal Supremo), tamén sobre incompetencia, do 5-6-1995 (Xulgado do Social número vintecinco) anulada por sentencia do Tribunal Superior de Xustiza na súa do 26-1-1995 por razón de incongruencia, do 29-3-1996 (Xulgado do Social número vintecinco) novamente anulada o 6-3-1997 polo Tribunal Superior de Xustiza estimando a excepción de falta de lite consorcio pasivo necesario, nin respecto da dictada en data 3-11-2000 (Xulgado do Social número dous) confirmada por este Tribunal Superior de Xustiza en sentencia datada o 17-7-2001, por canto, repetimos, se trata agora tamén dunha demanda de tutela dun dereito fundamental por entender que se producira unha discriminación baseada no estado civil dos traballadores e, por tanto, a sentencia que se dicte sobre o

fondo do debate suscitado declarará a existencia ou non da vulneración denunciada e, en caso afirmativo, logo da declaración de nulidade radical da conducta, ordenará o cesamento inmediato do comportamento infractor e a reposición da situación ó momento anterior a se producir este, así como a reparación das consecuencias derivadas do acto, incluída a indemnización que procedese. Doutro xeito, a vulneración denunciada -a concorrencia da cal ou non non é o tema de fondo do debate- vén referida única e exclusivamente ós traballadores afectados, sendo este o punto que centra e provoca a delimitación competencial, con independencia de que parte das consecuencias económicas da reparación do acto se proxecten a outras comunidades autónomas en función de que os traballadores demandados presten nelas os seus servicios, pois o esencial, como dicimos, é o ámbito de afectación dos suxeitos sobre os que a vulneración alegada incide ou recae. Non esquezamos que a condena subsidiaria que

posteriormente se instou, de entenderse que pode efectuarse nesta mesma modalidade procesual de tutela, integraríase en «a reparación das consecuencias do acto», figurando, por conseguinte, como actuación complementaria dirixida a paliar ou remedia-la situación provocada polo acto principal de vulneración que igualmente se proxectaría, de ser estimada, a favor ou en beneficio do mesmo grupo de traballadores demandantes de tutela. As consideracións expresadas conducen a estima-lo recurso de suplicación interposto polo recorrente, tendo en conta a exclusión, neste caso, da competencia da Sala do Social da Audiencia Nacional ó se tratar dun proceso sobre tutela (artigo 2.k. TRLPL) os efectos do cal non se estenden fóra do ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Madrid (artigos 8 e 6 do mesmo texto procesual), anulando correlativamente o auto combatido a fin de que, logo da declaración de competencia do xulgado do social de instancia, polo maxistrado a quo se prosiga a tramitación

dos autos ata dictar nova resolución em que entre a coñece-lo fondo do debate suscitado, se non existise outro obstáculo procesual que o impida, con plena liberdade de criterio.

Decidimos que debemos estimar e estimámo-lo recurso de suplicación interposto por Julia de la Torre Ibarreche e outra contra o auto dictado polo Xulgado do Social número catro dos de Madrid en data 10 de xullo de 2000, e logo de declaración de competencia da orde xurisdiccional social para o axuizamento da presente

lite, declarámo-la nulidade do actuado desde o momento inmediatamente anterior a se dicta-lo dito auto a fin de que prosiga a tramitación pertinente ata se dictar sentencia que resolva, con plena liberdade de criterio, o fondo do asunto debatido.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Madrid, facéndolles saber que contra ela só cabe recurso de casación para a unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social dentro dos dez días seguintes á notificación da sentencia de acordo co disposto nos artigos 218 e 227 da Lei de procedemento laboral. A consignación do importe da condena deberá ser acreditada, cando proceda, polo recorrente que non goce do beneficio de xustiza gratuíta antes esta sala ó tempo de prepara-lo recurso, presentando comprobante de tela efectuado na c/c nº 2829000000030282001, que esta sección cuarta ten aberta no Banco Bilbao Vizcaya, sucursal nº 913, sita na Glorieta de Iglesias, de Madrid, podéndose substituí-la dita consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario no que se fará consta-la responsabilidade solidaria do avalista, debendo igualmente o recorrente que non teña a condición de traballador ou habente causa

seu ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou se trate do Ministerio Fiscal, Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais, os organismos autónomos dependentes de todas elas e os que tivesen recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, consignar como depósito a cantidade de ciencuenta mil pesetas (50.000 pesetas), deberá ingresa na conta nº 2410 do Banco Bilbao Vizcaya, sucursal da rúa Xénova, 17 (clave oficina 4043) de Madrid, que ten aberta a Sala IV do Social do Tribunal Supremo, debendo facer entrega do comprobante na secretaría da dita Sala IV do Tribunal Supremo ó tempo de comparecer nela.

Así, por esta nosa sentencia, o pronunciamos, mandamos e asinamos.