Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 15 de marzo de 2002 Páx. 3.502

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 20 de novembro de 2001, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, pola que se fai pública a clasificación do monte denominado Cerengo, a favor dos veciños da parroquia das Cabanas, no concello de San Xoán de Río (Ourense).

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense acordou, na sesión que tivo lugar o 20 de novembro de 2001, adopta-lo seguinte acordo:

Visto o expediente de clasificación do monte como veciñal en man común denominado Cerengo, por solicitude dos veciños da parroquia das Cabanas, do concello de San Xoán de Río (Ourense).

Resultando que, con data do 30 de xaneiro de 1998, tivo entrada no rexistro da Delegación Provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, de Ourense, escrito dirixido ó Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común asinado polos veciños da parroquia das Cabanas, concello de San Xoán de Río (Ourense), solicitando que se declare o monte Cerengo como veciñal en man común.

Resultando que o xurado provincial, en sesión do 18 de novembro de 1998, acordou tomar en consideración o citado escrito e inicia-lo expediente de clasificación do monte, designando instructores deste a José Ramón Goyanes Flores e Miriam Areal López, que aceptaron tal cargo, expedíndose mandamento para a anotación preventiva no Rexistro da Propiedade de Pobra de Trives e remitíndose comunicacións dirixidas ós veciños da parroquia das Cabanas, ó presidente da Deputación Provincial de Ourense, ó alcalde do Concello de San Xoán de Río, á Delegación provincial da Consellería de Política Terrritorial, Obras Públicas e Vivenda, á Xerencia Territorial do Catastro, ó xefe do Servicio de Montes e Industrias Forestais e á Delegación Provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, publicáronse edictos no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios do Concello de San Xoán de Río, durante o prazo dun mes segun

do consta en dilixencia estendida ó dorso do edicto polo secretario do citado concello, para que durante o prazo sinalado en edictos os interesados puidesen comparecer ou intervir nel, en defensa dos seus dereitos; non consta presentada ningunha alegación.

Resultando que a anotación preventiva de iniciación do expediente se practicou no Rexistro da Propiedade da Pobra de Trives, como segue:

Anotación preventiva letra A, tomo 352, do libro 45, folio 45, predio 4.985 do libro de San Xoán de Río.

Resultando que na tramitación do expediente se cumpriron tódalas formalidades legais.

Considerando que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común ten xurisdicción e competencia para coñece-los expedientes de clasificación dos montes que teñan tal carácter a teor do establecido no artigo 9 da citada lei.

Considerando que o tipo de comunidade xermánica que institúe a Lei de montes veciñais en man común ten como características esenciais as seguintes:

1. Que os condominios se unen por vínculos persoais de veciñanza agrupados en parroquias, aldeas, lugares, casaríos ou barrios non constituídos formalmente en entidades municipais;

2. Que, polo tanto, o número de titulares é variable e indeterminado;.

3. Que o patrimonio colectivo é utilizado e aproveitado polo veciño, en canto membro da agrupación veciñal, faltando a idea de cota no sentido xurídico-romano; .

4. Que o patrimonio e a participación é inalienable, imprescritible e inembargable;

5. Que a comunidade é indivisible, non podendo os comuneiros pedi-la actio communi dividundo.

Considerando que, segundo informacións e testemuños, resulta que os montes citados son aproveitados e posuídos en réxime de comunidade xermánica polos veciños da parroquia das Cabanas, no concello de San Xoán de Río.

Considerando que, segundo resulta do informe do Servicio de Montes e Industrias Forestais e se comproba na instrucción, a estrema que nos planos presentados figura coma lindeiro oeste é en realidade a estrema leste e a cabida do monte é dunhas 280 ha aproximadamente.

Os datos do citado monte son os que se referencian na parte dispositiva deste acordo.

Considerando que das informacións recollidas resulta que os veciños da parroquia das Cabanas están conformes coa clasificación do citado monte como veciñal en man común.

Considerando que, a teor do disposto na Lei de montes veciñais en man común, o expediente de clasificación se iniciou por acordo do xurado, por

instancia dos veciños da parroquia das Cabanas, para que este xurado puidese acorda-la iniciación do expediente de clasificación.

Vista a Lei galega 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común e o seu regulamento, o Decreto 260/1992, do 4 de setembro, así como o establecido na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992.

Visto o Decreto 482/1997, do 26 de decembro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente.

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común, á vista dos antecedentes e fundamentos expostos e por unanimidade dos seus membros,

ACORDA:

Primeiro.-Clasifica-lo monte denominado Cerengo, de 280 ha aproximadamente en conxunto de superficie, a favor dos veciños dos lugares da parroquia das Cabanas, no concello de San Xoán de Río (Ourense), e cos datos que se relacionan a seguir, como veciñal en man común, en réxime de comunidade xermánica.

Concello: San Xoán de Río (Ourense).

Monte denominado: Monte Cerengo.

Comunidade propietaria: tódolos lugares da parroquia das Cabanas.

Superficie: 280 ha aproximadamente en conxunto.

Estremas:

Norte: termo municipal de Ribas de Sil (provincia de Lugo).

De sur a noroeste:

Lugar de Bexe:

-Zona de Chonchousa: predios particulares de:

-Herdeiros de Teresa Álvarez Álvarez.

-Severo Crespo González, 34491322.

-Ramón González González.

-Nemesio Enríquez Gómez, 34491306-T.

Lugar de Teixeira:

-Zona de Val das Presas: predios particulares de:

-Manuel González López.

-Isabel González.

-Gabina González González, 34491404-Y.

Lugar da Airexa:

-Zona de Tapada do Cura: predios particulares de:

-Herdeiros de Ricardo Alba González.

-Bens da Abadía.

-Zona de Val do Cabrón: predios particulares de:

-Manuel Lamas Martínez, 38975241.

-Eladio González Pérez, 37181774.

-Agenor González González, 34490999.

Lugar da Fonte:

-Zona das Bidueiras: predios particulares de:

-Benigno González González, 34491122.

-Cesáreo González Rodríguez, 34491096.

-Manuel González Alba, 34491102.

-Zona das Regatiñas: predios particulares de:

-Florentín González Alba.

-Evaristo Pérez Castro.

-Aurelio Pérez Álvarez.

-Eugenio Sotelo Pérez.

-Cesáreo González Rodríguez, 34491096.

Lugar do Xunquedo:

-Zona da Devesa: predios particulares de:

-Nemesio Enríquez Gómez, 34491306.

-Isolina Vázquez González.

-Zona de Chao da Rasa: predios particulares de:

-Odilo Sotelo Díaz, 34491152.

-Odilo Pérez Álvarez, 34491737.

-Isolina Vázquez González.

-Zona da Casarella: predios particulares de:

-Odilo Pérez Álvarez, 34491737.

Lugar de Valados:

-Zona de Tapada da Solleira: predios particulares de:

-Santiago Martínez Caneda, 34491149-G.

-Amable Rodríguez Yáñez, 34491884.

-Jobita Blanco Gómez.

-Zona do Concedo: predios particulares de:

-Ricardo Pérez Pérez, 76671394-C.

-Eliseo Pérez Freijo, 34491098.

-Zona de Val de Barreiros: predios particulares de:

-Enrique Gómez Álvarez, 34491316.

-Paulino González Fernández, 34491116.

-Luis Rodríguez Álvarez, 34491114.

-Zona de Mallada Vella: predios particulares de:

-Luis Rodríguez Álvarez, 34491114.

Leste:

-Termo municipal de Ribas de Sil (provincia de Lugo).

-Termo municipal da Pobra de Trives.

Segundo.-Que se proceda á exclusión do citado monte de calquera inventario, catálogo ou rexistro público no que poida figurar inscrito a favor de persoa ou entidade distinta á que agora se asigna a súa pertenza.

Notifíquese esta resolución ó alcalde-presidente do Concello de San Xoán de Río, ós representantes da comunidade veciñal, ó xefe do Servicio de Montes e Industrias Forestais, ós que se lles fará saber que esta resolución, que pon fin á vía administrativa, pode ser obxecto de recurso de reposición potestativo perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, no prazo dun mes, ou recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo no prazo de dous meses, ámbolos dous prazos contados a partir do día seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia (artigos 109 e 116 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

O que por orde do presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común se fai público no Diario Oficial de Galicia, para xeral coñecemento.

Ourense, 20 de novembro de 2001.

Mirian Areal López

Secretaria do Xurado Provincial de Clasificación

de Montes Veciñais en Man Común de Ourense

Visto e prace

Agustín Prado Verdeal

Presidente do Xurado Provincial de Clasificación

de Montes Veciñais en Man Común de Ourense