Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 14 de marzo de 2002 Páx. 3.436

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

MANCOMUNIDADE TURÍSTICA DOS CONCELLOS DO CARBALLIÑO, RIBADAVIA, BOBORÁS E LEIRO

EDICTO.

No BOP de Ourense nº 49, do 28 de febreiro de 2002, publícase edicto desta mancomunidade polo que se anuncia concurso público, por procedemento aberto e trámite de urxencia, para a adxudicación, mediante contrato de consultoría e asistencia técnica da xerencia do Plan de dinamización turística do Carballiño, Ribadavia, Boborás e Leiro.

O prazo de presentación de ofertas será de trece días naturais contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio.

O prego de condicións, demais documentación e información poderán obterse tódolos días hábiles, das 9 ás 14 horas, na Secretaría da Mancomunidade Turística dos Concellos do Carballiño, Ribadavia, Boborás e Leiro, sita na rúa Gabino Bugallal nº 39 (32420) Leiro, Ourense. Teléfono 988 48 80 00/988 48 80 83.

Leiro, 4 de marzo de 2002.

Francisco José Fernández Pérez

Presidente da Mancomunidade Turística dos

Concellos do Carballiño, Ribadavia, Boborás

e Leiro