Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 14 de marzo de 2002 Páx. 3.435

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 7 de marzo de 2002 pola que se anuncia concurso para adxudica-la adhesión ó concerto de asistencia sanitaria dos seus funcionarios.

Obxecto: cobertura sanitaria, excluídos accidentes de traballo e enfermidades profesionais, ós funcionarios integrados no réxime de Seguridade Social previsto no Real decreto 480/1993, conforme as características técnicas que figuran no expediente.

Prezo do contrato: fíxase en 27,65 euros beneficiario/mes.

Plicas: durante os quince días naturais a partir do anuncio no BOP de Pontevedra.

Fianza: a provisional fíxase en 6.010,12 euros e a definitiva en 12.020,24 euros.

Información: Servicio de Contratación da deputación. Tlfo.: 986 80 41 01.

Pontevedra: 7 de marzo de 2002.

O presidente

Rubricado

O secretario

Rubricado