Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 14 de marzo de 2002 Páx. 3.433

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO da aprobación do proxecto de compensación do polígono APE F9.02 avda. de Arteixo presentado por Inmobiliaria Urbis, S.A.

A Comisión de Goberno, en sesión do 15 de febreiro de 2002, adoptou o seguinte acordo:

1. Aproba-lo proxecto de compensación do APE F9.02 avda. de Arteixo de xaneiro de 2002, presentado por Inmobiliaria Urbis, S.A. coas seguintes condicións:

a) Deberase incluír entre as cargas financeiras das parcelas de uso privado o pagamento do valor do aproveitamento correspondente ó 10% municipal.

b) As parcelas resultantes de titularidade privada están suxeitas á limitación prevista no artigo 11.1º b) da Lei do solo de Galicia.

2. Requírese a Inmobiliaria Urbis, S.A. para que no prazo de 15 días presente texto refundido ante

esta Administración no que se recollan as modificacións expostas.

3. Allear a favor de Inmobiliaria Urbis, S.A. o 10% da cesión obrigatoria a esta Administración polo prezo de douscentos cinco millóns mil cincocentas trinta (205.001.530) pesetas máis o IVE, trinta e dous millóns oitocentas mil duascentas corenta e cinco (32.800.245) pesetas, o que fai un total de douscentos trinta e sete millóns oitocentas unha mil setecentas setenta e cinco (237.801.775) pesetas (1.429.217,45 euros). Para realizar este ingreso dispón dun prazo dun mes. O pagamento do dito prezo actuará como condición de eficacia da aprobación do presente proxecto.

4. Acepta-la cesión das parcelas de titularidade pública, identificadas como 3, 4 e 5 e incluílas no Inventario Municipal de Bens.

O que se publica para xeral coñecemento, indicando que contra este acordo cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Conten

cioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ó da súa publicación. Non obstante, pode interpoñerse recurso potestativo de reposición ante a Comisión de Goberno prazo dun mes e contra a súa desestimación poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante o TSXG no prazo de dous meses, se a resolución fora expresa, e noutro caso no de seis meses contado a partir da desestimación presunta do recurso de reposición, isto é, a partir do mes de telo interposto.

Publícase, así mesmo, para os efectos previstos no artigo 8 do Real decreto 1093/1997, do 4 de xullo, polo que se aproban as normas complementarias ó regulamento para a execución da Lei hipotecaria sobre inscrición no Rexistro da Propiedade de actos de natureza urbanística, en relación co artigo 102 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, advertindo os interesados de que o expediente se encontra á súa disposición nas oficinas de xestión do Servicio de Urbanismo, sitas na avda. da Mariña 18, entre as 12 e as 13.30 horas, de luns a venres durante o prazo de 20 días a partir da publicación do acordo que se cita, onde poderán consultalo e presentar cantas alegacións teñan por conveniente na defensa dos seus dereitos.

A Coruña, 26 de febreiro de 2002.

P.D.

Salvador Fernández Moreda

Concelleiro delegado de Urbanismo