Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 14 de marzo de 2002 Páx. 3.433

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CARIÑO

INFORMACIÓN pública.

Iniciado expediente de expropiación forzosa para a ocupación dos bens e dereitos necesarios para a

realización das obras de construcción do novo instituto de educación secundaria de Cariño, con base no convenio subscrito entre a Secretaría de Estado de Augas e Costas do Ministerio de Medio Ambiente, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e o Concello de Cariño, por razóns de interese público, faise pública a relación de propietarios e bens afectados para que dentro do prazo dun mes, contado a partir do día seguinte á inserción deste edicto no Diario Oficial de Galicia e nun xornal dos de maior circulación da provincia, poidan os interesados formular observacións e reclamacións sobre a procedencia da ocupación e, en particular, no que atinxe á titularidade ou valoración dos seus respectivos dereitos.

Só para os efectos da corrección de erros na descrición material e legal dos bens, calquera persoa natural ou xurídica poderá comparecer para alegar e ofrecer cantos antecedentes ou referencias sirvan de fundamento para as rectificacións que procedan.

En Cariño o 13 de febreiro de 2002.

Fernando Tallón Cabana

Alcalde

Relación de bens afectados

Ref. catastral

Paraxe

Propietario

Superficie

m

Uso actual

Euros/m

Importe

euros

Parcela 396

Pol. 5

BarreirosCarmen Armada Rubido897Cultivo agrícola de temporada.

Non existen edificacións sobre a parcela.

6,768154 6.071,03

Parcela 410

Pol. 5

CareixoalHerdrs. de Ricardo Fraguela Rubido. Hoxe propiedade de José Manuel Rubido Guerreiro e Isabel Garrote Díaz555Cultivo agrícola de temporada.

Non existen edificacións sobre a parcela.

6,768154 3.756,33

Parcela 423

Pol. 5

LagoaJosé Manuel Ramonde Maroño1.199Cultivo agrícola de temporada.

Non existen edificacións sobre a parcela.

6,768154 8.115,02

Suma2.651Suma euros17.942,38

Suma pesetas2.985.360