Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 14 de marzo de 2002 Páx. 3.430

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 1 de febreiro de 2002, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, pola que se fai pública a adxudicación correspondente ó expediente 62/2001.

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, en virtude das competencias que lle foron delegadas pola Orde do 21 de abril de 1998, modificada pola Orde do 23 de marzo de 2000, ámbalas dúas da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, en cumprimento do disposto no artigo 93.2º do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, resolve publica-la adxudicación da seguinte contratación:

Expediente nº 62/2001 (subministración sucesiva de peixe conxelado).

1. Nome e enderezo do servicio: Contratación Administrativa. A Choupana, s/n, 15706 Santiago de Compostela. Teléfono: 981 95 02 62. Fax: 981 95 09 85.

2. Modalidade de adxudicación elixida (no caso de procedemento negociado, xustificación): concurso aberto e ordinario.

3. Data de adxudicación do contrato: 7-12-2001.

4. Criterios de adxudicación do contrato:

-Oferta económica: ata o 50%.

-Calidade dos materiais: ata o 40%.

-Servicio técnico de subministración: ata o 10%.

5. Número de ofertas recibidas: 2.

6. Nome e enderezo do provedor ou provedores:

Nome: Onda Conxelados, S.A.

Enderezo: Polígono Industrial Montefaquiña, s/n, 36416 Tameiga-Mos (Pontevedra).

7. De se-lo caso, natureza e cantidade dos productos subministrados por cada provedor: nº de referencia da CPA: CPV: 15221000.

LoteConceptoCantidadeProvedor

1.1.Bertorella nº 37.700
1.2.Lombos de bacallao4.480
1.3.Pescada austral nº 438.220
1.4.Filete de pescada4.900
1.5.Rapante6.300
1.6.Filete de mero3.080
1.7.Róbalo en toros1.120
1.8.Pescada rosada4.200
1.9.Toro de salmón4.650Onda Conxelados, S.A.
1.10.Zurdo liso294
1.11.Anela de lura7.140
1.12.Choco2.800
1.13.Berberecho840
1.14.Camarón de Groenlandia560
1.15.Carne cangrexo840
1.16.Gamba pelada420
1.17.Mexillón1.078
1.18.Porcións de pescada2.016
1.19.Tubo lura2.520

8. Prezo ou gama de prezos (mínimo/máximo) pagado(s):

Lotes

Prezo unitario

de adxudicación (euros)

Prezo unitario

adxudicación (pesetas)

1.1. 2,67444

1.2. 3,86642

1.3. 4,79797

1.4. 2,67444

1.5. 2,38396

1.6. 3,44573

1.7. 4,24706

1.8. 3,22535

1.9. 3,34556

1.10.3,47578

1.11.2,70449

1.12.2,64439

1.13.2,03337

1.14.3,54589

1.15.2,96492

1.16.2,96492

1.17.2,67444

1.18.2,38396

1.19.2,64439

9. Se é o caso, valor parte do contrato que pode ser obxecto de subcontratación a terceiros: non.

10. Outros informacións: ver servicio do punto 1.

11. Data de publicación do anuncio do contrato no Diario Oficial de las Comunidades Europeas: DOCE do 14-9-2001; BOE do 25-9-2001; DOG do 28-9-2001.

12. Data de envío do anuncio: 18 de febreiro de 2002.

13. Data de recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas (reservado á OPOCE):

En cumprimento do previsto no artigo 58 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícase a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, podendo ser recorrida na vía contencioso-administrativa ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de 2 meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación

da presente resolución, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 1 de febreiro de 2002.

Jordi Riba i Hibernón

Xerente xeral do Complexo Hospitalario

Universitario de Santiago de Compostela