Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 13 de marzo de 2002 Páx. 3.379

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CAMBADOS

EDICTO.

Formulado o avance da revisión do Planeamento Xeral de Ordenación do Concello de Cambados e sometido a coñecemento do Pleno desta corporación local, en xuntanza celebrada o 28-2-2002, en cumprimento do disposto no artigo 41 da Lei 1/1997,

do 24 de marzo, do solo de Galicia, exponse ó publico polo prazo dun mes, contado desde a última publicación deste edicto no DOG ou nun xornal dos de maior circulación da provincia, durante o que as entidades e particulares poderán suxeri-lo que estimen oportuno e presenta-las propostas e convenios urbanísticos que consideren procedentes.

Cambados, 4 de marzo de 2002.

Rosa Oubiña Solla

Alcaldesa accidental