Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 13 de marzo de 2002 Páx. 3.379

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 7 de febreiro de 2002, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, pola que se fai pública a adxudicación correspondente ó expediente 56/2001.

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, en virtude das atribucións que lle foron delegadas pola Orde do 21 de abril de 1998, modificada pola Orde do 23 de marzo de 2000, ámbalas dúas da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, en cumprimento do disposto no artigo 93.2º do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, resolve publica-la adxudicación da seguinte contratación:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela.

b) Dependencia que tramita o expediente: contratación administrativa.

2. Obxecto do contrato: expediente nº 56/2001.

a) Tipo de contrato: subministración.

b) Descrición do obxecto: subministración sucesiva de carne de porco e friames para o CHUS.

c) Lotes:

Lote 1: carne de porco.

Nº de orde 1: costela de porco.

Nº de orde 2: costeletas de porco.

Nº de orde 3: xamón desosado.

Nº de orde 4: lombo de porco.

Nº de orde 5: touciño entrefebrado.

Nº de orde 6: cacheira de porco salgada.

Nº de orde 7: xogas do pernil (codillos).

Nº de orde 8: chourizo caseiro.

Nº de orde 9: pa de porco fresca.

Nº de orde 10: touciño entrefebrado de porco con costela salgada.

Nº de orde 11: salchichas.

Nº de orde 12: touciño.

Nº de orde 13: unto.

Lote 2: friames.

Nº de orde 1: chourizo.

Nº de orde 2: lombo adobado.

Nº de orde 3: xamón.

Nº de orde 4: mortadela.

Nº de orde 5: salchichón.

Nº de orde 6: friame de pa.

d) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 160, do 20 de agosto de 2001.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación:

Importe total: 150.419,52 euros (25.027.702 pesetas).

5. Adxudicación.

LoteDataContratistaNacionalidadeImporte adxudicación

UnitarioTotal

113-11-2001DesertoDesertoDesertoDeserto

2.113-11-2001Mafcar, S.L.Española3,60A

(600 ptas.)

588.000 ptas.

2.213-11-2001Mafcar, S.L.Española3,57 A

(594 ptas.)

5.405.400 ptas.

2.313-11-2001Mafcar, S.L.Española8,11 A

(1.350 ptas.)

283.500 ptas.

2.413-11-2001Mafcar, S.L.Española1,26 A

(210 ptas.)

32.340 ptas.

2.513-11-2001Mafcar, S.L.Española3,36 A

(560 ptas.)

548.800 ptas.

2.613-11-2001Mafcar, S.L.Española2,40 A

(400 ptas.)

2.396.800 ptas.

En cumprimento do previsto no artigo 58 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícase a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, podendo ser impugnada na vía contencioso-administrativa ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de 2 meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 7 de febreiro de 2002.

Jordi Riba i Hibernón

Xerente xeral do Complexo Hospitalario

Universitario de Santiago de Compostela