Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 13 de marzo de 2002 Páx. 3.345

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 11 de marzo de 2002 pola que se outorga a consideración de edificio administrativo da Xunta de Galicia ós edificios de Pontevedra e Vigo.

O Decreto 179/1997, do 10 de xullo, polo que se regula a coordinación nos edificios administrativos da Xunta de Galicia, na súa disposición adicional única faculta o conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública para outorga-la consideración de edificios administrativos a aqueles recintos administrativos que se axusten ás condicións establecidas nel.

Como consecuencia da posta en funcionamento do novo edificio administrativo da Xunta de Galicia en Vigo, co obxeto de facer efectiva a necesaria coordinación administrativa naqueloutros onde estean situadas diversas dependencias da Administración autonómica nun mesmo edificio na provincia de Pontevedra, e co fin de intrumenta-lo mandato das disposicións establecidas no Decreto 179/1997, do 10 de xullo, faise necesario dispoñer dunha norma que lles outorgue a consideración de edificios administrativos da Xunta de Galicia.

Por todo isto, no exercicio da facultade establecida na disposición derradeira única do Decreto 179/1997, do 10 de xullo,

DISPOÑO:

Artigo único.

Para os efectos do previsto na disposición derradeira única do Decreto 179/1997, do 10 de xullo, polo que se regula a coordinación nos edificios administrativos da Xunta de Galicia, outórgase a consideración de edificio administrativo da Xunta de Galicia ós edificios actualmente sitos na rúa Benito Corbal, 47, de Pontevedra, e na praza da Estrela en Vigo.

Disposición adicional

Facúltase o delegado provincial da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública para levar a efecto o disposto neste

decreto nos termos establecidos no Decreto 179/1997, do 10 de xullo, polo que se regula a coordinación nos edificios administrativos da Xunta de Galicia.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 11 de marzo de 2002.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións

Institucionais e Administración Pública