Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 13 de marzo de 2002 Páx. 3.343

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 6 de marzo de 2002 pola que se clasifica como de interese sanitario a Fundación de Endocrinología y Nutrición Gallega.

Visto o expediente de clasificación da Fundación de Endocrinología y Nutrición Gallega, con domicilio no Departamento de Fisiología da Facultade de Medicina na Universidade de Santiago de Compostela, rúa San Francisco s/n.

Supostos de feito.

1. Alexis Fernández Mariño na súa calidade de representante da fundación, en escrito do 26 de febreiro de 2002, formulou solicitude de clasificación para efectos da sua inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego.

2. A Fundación de Endocrinología y Nutrición Gallega, foi constituída en escritura pública outorgada en Vigo o día 13 de febreiro de 2002, ante o notario José Antonio Somoza Sánchez, co número 272 do seu protocolo por José Antonio Mato Mato, María Concepción Irene Páramo Fernández, Román Pérez Fernández, Emilio Alexis Fernández Mariño, María Ausencia Isabel Tomé y Martínez de Rituerto, Manuel Antonio Botana López, Antonia Lourdes

Rego Iraeta, María Iciar Solache Guerras, e Fernando Pedro Cordido Carballido; intervindo no seu propio nome e dereito.

3. Segundo consta no artigo 5 dos seus estatutos é obxecto da fundación a promoción e desenvolvemento da endocrinoloxía e nutrición nas vertientes clínica e experimental na Comunidade Autónoma de Galicia.

4. O padroado da fundación estará constituído por José Antonio Mato Mato como presidente, Román Pérez Fernández como vicepresidente, Emilio Alexis Fernández Mariño como secretario, e María Concepción Irene Páramo Fernández, María Ausencia Isabel Tomé y Martínez de Rituerto, Manuel Antonio Botana López, Antonia Lourdes Rego Iraeta, Iziar Solache Guerras e Fernando Cordido Carballido como vocais.

5. A comisión integrada polos secretarios xerais de tódalas consellerías elevoulle ó conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública proposta de clasificación como de interese sanitario da Fundación de Endocrinología y Nutrición Gallega, dado o seu obxecto e finalidade, polo que, cumpríndose os requisitos esixidos na Lei 7/1983, do 22 de xuño, e na Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da lei anterior, de réxime das fundacións de interese galego, e segundo establece o artigo 32.1º e 2º do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, procede a súa clasificación como de interese sanitario e a súa adscrición á Consellería de Sanidade.

Fundamentos de dereito.

1. O artigo 34 da Constitución española recoñece o dereito de fundación para fins de interese xeral de acordo coa lei, e o artigo 27.26º do Estatuto de autonomía para Galicia outórgalle competencia exclusiva sobre o réxime das fundacións de interese galego.

2. De acordo co disposto no artigo 32.2º c) do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, correspóndelle a esta consellería a clasificación da fundación e a adscrición á consellería correspondente, que exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

3. Á vista do que antecede, pódense considerar cumpridas as finalidades tanto legais como regulamentarias establecidas para o caso, de acordo coa proposta realizada pola Comisión de Secretarios Xerais na súa reunión do día 5 de marzo de 2002.

Vista a Constitución española de 1978, o Estatuto de autonomía de Galicia (Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril); a Lei 7/1983, do 22 de xuño, e a Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da anterior, de réxime das fundacións de interese galego, así

como as demais normas de desenvolvemento e de xeral aplicación.

Na súa virtude,

DISPOÑO:

Clasificar como de interese sanitario a Fundación de Endocrinología y Nutrición Gallega e adscribila á Consellería de Sanidade que exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

Santiago de Compostela, 6 de marzo de 2002.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais

e Administración Pública