Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 11 de marzo de 2002 Páx. 3.299

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANXENXO

ANUNCIO.

A Corporación Municipal en Pleno, en sesión do día 29 de xaneiro de 2002, acordou prestar aprobación definitiva ó expediente de modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento relativa á Ordenanza número 10 Núcleo Rural Tradicional.

O que se fai público para os efectos determinados no artigo 48 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Contra a presente resolución, que é definitiva en vía administrativa, poderanse interpoñe-los recursos que seguen:

a) Potestativo de resposición ante o mesmo órgano que resolveu o acto administrativo impugnado, polo prazo dun mes a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio, computado na forma prevista no artigo 48 da Lei 30/1992, segundo redacción dada pola Lei 4/1999.

b) Contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte á presente publicación, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Nembargantes, interposto o recurso de reposición, non poderá interpoñerse recurso conten

cioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente o primeiro ou se produza a súa desestimación presunta por transcurso do prazo máximo dun mes para dictar e notifica-la resolución.

c) Calquera outro recurso que estime oportuno e sexa procedente interpoñer.

Sanxenxo, 5 de febreiro de 2002.

Telmo Martín González

Alcalde