Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 11 de marzo de 2002 Páx. 3.299

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (FG-440).

Por resolución desta alcaldía 1.104/2002, con data do 27 de febreiro de 2002, acordouse aprobar inicialmente os estatutos e bases da futura xunta de compensación do SUNP D-28-R, no Seixo-Liáns, tramitados por Parque Santa Cruz, S.L., e Reno Remolques Noroeste, S.R.L. Unipersonal.

Acordouse, así mesmo, proceder á exposición pública do citado expediente nas oficinas municipais de Urbanismo, das 9 ás 13 horas tódolos días laborables polo prazo de vinte días, a través de anuncio no DOG, prazo no que se poderán presenta-las alegacións que se consideren oportunas.

Oleiros, 4 de marzo de 2002.

Esther Pita Pita

Alcaldesa-presidenta