Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 11 de marzo de 2002 Páx. 3.299

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO.

No BOP da Coruña nº 26, do 31 de xaneiro de 2002, publicouse acordo da Comisión de Goberno do día 18 de xaneiro de 2002, polo que se aproban as bases de:

-CE 11/00. 1 praza de supervisor técnico (Área de Medio Ambiente).

-CE 12/00. 1 praza de encargado na Área de Medio Ambiente.

O prazo de presentación de instancias será de vinte días naturais, contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no BOE.

Despois da dita publicación, os sucesivos anuncios relativos ás convocatorias publicaranse unicamente no BOP da Coruña e no taboleiro de anuncios deste concello.

P.D.

A concelleira delegada de Persoal

Rubricado