Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 11 de marzo de 2002 Páx. 3.296

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 4 de marzo de 2002 pola que se anuncia a resolución na que se declara deserto o concurso aberto para a selección de oferta de tramitación dunha concesión para a explotación das instalacións para náutica recreativa do porto de Ortigueira. (Expediente 12-02-01-C-1).

Pola Resolución do 31 de agosto de 2001, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 178, do 13 de setembro, convocouse concurso público para a selección dunha oferta para a tramitación dunha concesión para a explotación das instalacións para a náutica recreativa no porto de Ortigueira.

Vista a proposta realizada pola mesa de contratación, na que solicita que se declare deserto o concurso dado que a única oferta presentada non cumpre os requisitos mínimos esixidos no prego de bases do concurso, esta Presidencia resolve declarar deserto o citado concurso.

Santiago de Compostela, 4 de marzo de 2002.

Emilio García Gallego

Presidente do ente público Portos de Galicia