Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 11 de marzo de 2002 Páx. 3.295

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 6 de febreiro de 2002, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se notifica a incoación dos expedientes sancionadores de incendios OU 391/2001 IN e tres máis, devoltos polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan a incoación dos expedientes sancionadores por presunta infracción á Lei 81/1968, do 5 de decembro, sobre incendios forestais, e do seu regulamento, aprobado polo Decreto 3769/1972, do 23 de decembro, ó non ser posible a súa notificación a través do servicio de correos.

Noméase instructora dos expedientes a Montserrat González Pérez, funcionaria desta delegación; o réxime de recusación é o establecido nos artigos 28 e 29 da Lei 30/1992.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os expedientados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para que poidan examina-los expedientes nesta delegación provincial, sita na rúa do Paseo, nº 18-5ª planta, e achegar por escrito alegacións, documentos, informacións ou proposta de probas que consideren convenientes na defensa dos seus dereitos.

De conformidade co artigo 42.4º, da Lei 30/1992, en relación coa Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, infórmase de que, no caso de non resolver este expediente no prazo de seis meses, tendo en conta as posibles interrupcións do seu cómputo por causas imputables ó interesado, se producirá a súa caducidade. A resolución que declare a caducidade ordenará o arquivo das actuacións cos efectos previstos no artigo 92 desta lei.

De non efectuaren ningunha alegación no prazo fixado, este acordo de incoación poderá ser considerado proposta de resolución, conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, determinándose para estes efectos os importes da sanción indicados no anexo.

Para resolve-lo expediente é competente, por razón da contía da multa, o delegado provincial desta consellería, de acordo co artigo 141 do regulamento da Lei de incendios forestais.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. O importe da sanción que en cada caso corresponda farase efectivo empregando o impreso oficial que se facilitará na Delegación Provincial de Ourense ou en calquera unidade administrativa pertencente á Xunta de Galicia.

Ourense, 6 de febreiro de 2002.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente

nº/ano

Denunciado

DNI

Último enderezo

coñecido

Feito denunciadoPrecepto infrinxido

e sancionador

Sanción

OU 391/2001 INTrinidad Martín González

05806227

San Antonio, 100

46920 Mislata

(Valencia)

Abandono de vehículo

A-33753-VE

Artigo 137 e) do Regulamento do 23-12-1972, en relación coa Resolución do 23-1-2001 da DXM e MAN.300,51 euros

(50.000 ptas.)

OU 392/2001 INMª Jesús Ramilo Rodríguez

76908857

R/ Torres, 24

36400 Atios-O Porriño (Pontevedra)

Abandono de vehículo

C-6570-AC

Artigo 137 e) do Regulamento do 23-12-1972, en relación coa Resolución do 23-1-2001 da DXM e MAN.300,51 euros

(50.000 ptas.)

OU 411/2001 INJosé Campio Alonso Ucha

36131653

R/ Freixido, 87

36315 Valadares-Vigo

Abandono de vehículo

PO-5906-M

Artigo 137 e) do Regulamento do 23-12-1972, en relación coa Resolución do 23-1-2001 da DXM e MAN.300,51 euros

(50.000 ptas.)

OU 418/2001 INMarcos José Pintos Albo

34983016

Grupo San Rosendo, 67

32800 Celanova

Abandono de vehículo

OU-0628-T

Artigo 137 e) do Regulamento do 23-12-1972, en relación coa Resolución do 23-1-2001 da DXM e MAN.300,51 euros

(50.000 ptas.)