Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 11 de marzo de 2002 Páx. 3.290

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 29 de xaneiro de 2002, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/9-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Bantundeira, 2, Velle, 32960 Ourense.

Denominación: L.M.T.S., C.T., r/ José O. Marquina.

Situación: O Barco.

Características técnicas: liña a 20 kV, subterránea de 335 m, con orixe na L.M.T. subterránea ó C.T. Telefónica e remata na L.M.T. subterránea ó C.T. Calvo Sotelo despois de alimenta-lo C.T. proxectado

con 400 kVA, R/T 20.000/380-220 V no soto dun edificio da r/ José O. Marquina.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 29 de xaneiro de 2002.

Ramón Fernández-Linares Bouza

Delegado provincial de Ourense