Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 11 de marzo de 2002 Páx. 3.290

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 29 de xaneiro de 2002, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/8-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, Velle, 32960 Ourense.

Denominación: L.M.T. subestación Saceda-centro R. Santa Cruz.

Situación: Ourense.

Características técnicas: liña a 20 kV aéreo-subterránea de 4.086 m (2.846+1.240); aérea en conductor tipo PAS-120 desde a L.M.T. subestación Velle ata o apoio nº 15, desde onde segue subterránea 1.240 m ata a subestación de Saceda. Liña subterránea a 20 kV de 610 m con orixe no centro de seccionamento de Coren e con final na L.M.T. aérea de triple circuíto situada no C.R. Santa Cruz. Cambio do circuíto do C.T. existente en Santa Cruz.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 29 de xaneiro de 2002.

Ramón Fernández-Linares Bouza

Delegado provincial de Ourense