Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: trav. de Vigo 204, 36207 Vigo.
Denominación: L.M.T. e C.T. Campo das Redes.
Situación: concello de Redondela.
Características técnicas: L.M.T., subterránea, a 15 kV, de 165 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde a L.M.T. Ventosela ata o C.T. que se proxecta no novo edificio en Campo das Redes, no concello de Redondela, de 400 kVA, relación de transformación 15 kV-380/220 V.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.
Pontevedra, 31 de xaneiro de 2002.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra