Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 11 de marzo de 2002 Páx. 3.286

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 31 de xaneiro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/4-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a infor

mación pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: trav. de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Eiras-Picóns.

Situación: concello do Rosal.

Descricións técnicas: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 20 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, desde a L.M.T. ó C.T. matadoiro aves de Eiras ata o C.T. que se proxecta en Eiras-Picóns, no concello do Rosal, de 100 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V. R.B.T., aérea, de 1.282 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z., desde o C.T. proxectado de Eiras-Picóns. R.B.T., subterránea, de 102 m de lonxitude, con conductor tipo R.V., desde o C.T. que se proxecta en Eiras-Picóns.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 31 de xaneiro de 2002.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra