Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 11 de marzo de 2002 Páx. 3.285

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CÉDULA do 11 de febreiro de 2002, da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional, pola que se notifica resolución de reintegro de pagamento anticipado recibido.

Tentada sen efecto a notificación á Asociación de Veciños do Polígono de Vite, CIF G-15228661, con último enderezo coñecido na avda. Castelao, 22, baixo, 15704, Santiago de Compostela (A Coruña), da resolución desta dirección xeral do 30 de abril, do teor literal seguinte:

«De conformidade co previsto na Orde do 4 de xaneiro de 2000 (DOG do 1 de marzo), pola que

se establecen axudas para a realización de actividades de alfabetización e formación de adultos na Comunidade Autónoma de Galicia durante o ano 2000, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, concedéuselle á Asociación de Veciños Polígono de Vite de Santiago de Compostela (A Coruña) unha subvención de 1.100.000 ptas., para realización dos cursos de alfabetización e graduado escolar.

Para percibi-lo adianto do 10% da axuda, a asociación remitiunos o anexo I de aceptación da axuda e o anexo II de comezo da actividade. A asociación recibiu un adianto de 110.000 ptas. Quedando pendente o 90% da axuda, é dicir, 990.000 ptas.

Segundo o punto décimo segundo da Orde do 4 de xaneiro de 2000, a asociación ten a obriga de presentar unha memoria e unha xustificación de gastos da axuda concedida. Presentou a Asociación de Veciños Polígono de Vite a memoria, pero non así a xustificación económica. Foi solicitada esta documentación mediante escrito con data de saída da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional o 24 de novembro de 2000. Non recibiu contestación.

Con data 23 de xaneiro de 2001 envíase á Asociación de Veciños Polígono de Vite unha nova petición de documentación e ábrese un novo prazo para a súa remisión. Comunicándolle que de non facelo consideraríase que desiste da súa petición e se arquivaría o expediente da axuda.

Á vista do cal esta dirección xeral resolve modifica-la resolución da concesión da axuda, debendo reintegra-lo importe total dela recibido, que ascende á contía de 110.000 ptas.

Así mesmo, comunícolle que desta resolución se dará traslado á Consellería de Economía e Facenda para que de acordo co procedemento de recadación nos supostos de reintegros de axudas ou subvencións públicas, pensións asistenciais e subsidios económicos, faga efectivo o reintegro da axuda anticipada».

O que se notifica de conformidade co artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro).

Contra esta resolución poderá interpoñerse, no prazo dun mes desde o seguinte ó da publicación desta cédula, recurso de alzada perante o conselleiro, segundo o establecido nos artigos 114 e 115 da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 11 de febreiro de 2002.

Mª Pilar del Mar Pérez Marsó

Directora xeral de Ordenación Educativa

e Formación Profesional