Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 11 de marzo de 2002 Páx. 3.234

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 11 de febreiro de 2002 pola que se autoriza o cambio de denominación do conservatorio profesional de música de Monforte de Lemos (Lugo).

O conservatorio profesional de música de Monforte de Lemos foi creado polo Decreto 219/1999, do 15

de xullo (Diario Oficial de Galicia do 28 de xullo), para imparti-las ensinanzas dos graos elemental e medio de música previstas na Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo (Boletín Oficial del Estado do 4 de outubro).

O Concello de Monforte de Lemos, titular do centro, solicita o cambio de denominación deste conservatorio.

Considerando que concorren no expediente tódolos requisitos esixidos nas disposicións vixentes para poder acceder ó solicitado e cumpridos tódolos trámites regulamentarios previstos, esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,

DISPÓN:

Primeiro.-Autoriza-lo cambio de denominación do conservatorio profesional de música de Monforte de Lemos, segundo os datos que figuran no anexo á presente orde.

Segundo.-O cambio de denominación non afectará o réxime de funcionamento do centro.

Terceiro.-A presente orde, que esgota a vía administrativa, poderá ser obxecto do recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto na Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), ou ben os interesados poderán presentar directamente recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación, conforme se establece na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa (BOE do 14 de xullo).

Santiago de Compostela, 11 de febreiro de 2002.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Provincia: Lugo.

Concello: Monforte de Lemos.

Localidade: Monforte de Lemos.

Enderezo: Circunvalación, s/n. Edificio multiusos.

Código do centro: 27020513.

Titular: Concello de Monforte de Lemos.

Denominación xenérica: conservatorio profesional de música.

Denominación específica: Mestre Ibáñez.

Postos escolares: grao elemental: 80; grao medio: 180.