Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 08 de marzo de 2002 Páx. 3.228

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

ENTIDADE LOCAL MENOR DE CAMPOSANCOS (PONTEVEDRA)

ANUNCIO.

A Entidade Local Menor de Camposancos, en sesión extraordinaria que tivo lugar o día 31 de xaneiro de 2002, acordou a permuta dun terreo da súa propiedade, sito en Pinar de Rei, cunha superficie de 649,60 m cadrados, por outra de Depósitos Portela, S.L., cunha superficie de 1.743 m cadrados, sita na estrada de Camposancos, por proposta do alcalde. O que se fai público polo período dun mes, no que permanecerá o expediente no local da entidade á disposición de quen teña interese en examinalo ou formular alegacións.

Camposancos, 7 de febreiro de 2002.

Manuel Álvarez Alonso

Alcalde