Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 08 de marzo de 2002 Páx. 3.227

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

ANUNCIO de concurso con procedemento aberto para a contratación das obras incluídas no plan de vías provinciais 2002.

1. Obxecto: a contratación das obras incluídas no plan de vías provinciais 2002 que figuran a continuación, cos orzamentos, garantías e clasificacións que se relacionan:

2. Información: Servicio de Patrimonio e Contratación.

3. Proposicións: poderán presentarse no Servicio de Patrimonio e Contratación entre as 9 e as 13 horas dentro do prazo dos vinteseis días naturais que comezará a contar desde o seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP ou DOG.

4. O texto íntegro deste anuncio figura no BOP.

5. Gastos de anuncios: os gastos deste anuncio serán por conta do adxudicatario.

A Coruña, 1 de marzo de 2002.

José Luis Torres Colomer

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía

Secretario da Deputación Provincial da Coruña

ANEXO

Denominación da obra

Lugar de execución

OrzamentoPrazo de

execución da

obra que se vai dirixir

ClasificaciónGarantía

provisional

Garantía

definitiva

Boiro

Ampliación e mellora do trazado tramo p.k. 9,600 ó p.k. 13,100 da E.P., 1105 de Noia a Cabo de Cruz.443.513,359 euros6 mesesA-2-d; G-6-dNon se esixe4% do prezo de adxudicación

Ampliación e mellora do trazado tramo p.k. 13,100 ó p.k. 16,500 da E.P., 1105 de Noia a Cabo de Cruz.355.575,09 euros6 mesesA-2-d; G-6-dNon se esixe4% do prezo de adxudicación

Denominación da obra

Lugar de execución

OrzamentoPrazo de

execución da

obra que se vai dirixir

ClasificaciónGarantía

provisional

Garantía

definitiva

Lousame e Boiro

Ampliación e mellora do trazado tramo p.k. 6,100 ó 9,600 da E.P., 1105 de Noia a Cabo de Cruz.500.432,70 euros6 mesesA-2-d;G-6-dNon se esixe4% do prezo de adxudicación

Val do Dubra

Ampliación e mellora do trazado E.P. 7804 Val do Dubra a Santiago de Compostela p.k. 0+000 ó p.k. 2+400452.783,50 euros6 mesesG-6-eNon se esixe4% do prezo de adxudicación