A Comisión de Goberno do concello, na sesión que tivo lugar o día 18 de febreiro de 2002, aprobou inicialmente o proxecto de urbanización do polígono 2 do solo urbanizable programado número 5 (SUP-5) da Choupana, presentado pola Empresa Municipal de Vivenda e Solo de Santiago de Compostela, S.A. (Emuvissa) e redactado pola empresa U.T.E. Amepro, S.A.-Ciesa.
O expediente sométese a información pública durante o prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Durante o citado prazo, os interesados poderán consulta-lo expediente na Sección de Planeamento e Xestión e formular por escrito as alegacións que xulguen oportunas.
Santiago de Compostela, 27 de febreiro de 2002.
Luís Toxo Ramallo
Concelleiro delegado de Urbanismo